O Consello de Cultura Galega leva este mércores á Coruña o proxecto Sophias.
Sophias é a serie web de ficción coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, contribúen a divulgar o pensamento de mulleres destacadas da historia. A responsable do proxecto, Carme Adán, a realizadora, Cristina de La Torre, máis o docente Manuel Torres presentan este mércores na Coruña (Instituto Eusebio da Guarda, 12;00 horas) esa iniciativa que está formada por sete episodios que se achegan ás ideas de figuras coma Simone Weil, Simone de Beauvoir, Hannah Arendt, Judith Butler ou María xosé Agra.
Esta é "A Coruña dos coidados", a obriña de teatro de monicreques que fixemos no Club de Letras este curso. Supuxo un gran traballo e esforzo, e chegados a fin nde curso, é emocionante ver o fermoso resultado dun traballo colaborativo tan intenso e continuado. No blog do Club de Letras podedes ver a evolución, desde cando aínda as caixas do súper estaban sen pintar ata o final, coa obra completa e rematada. Agora coñecemos máis e mellor a historia da cidade, podemos mirala con outros ollos e sentir como latexa detrás dos nomes de certas rúas o corazón dun ou dunha coidadora.
Pola miña parte estou tremendamente satisfeita e orgullosa deste grupiño de alumnos e alumnas. Fachendosa! Como diriamos na miña terra. Este traballo é o resultado dunha actividade que, por riba de todo, foi conxunta, onde cada un e unha foron, e fomos, unha peza fundamental.
Por todo o traballado e vivido este curso, grazas.
A profesora deste Instituto Paula Cadaveira López premiada nos proxectos máis innovadores de ensino de Xeografía e Historia da Universidade de Vigo. Noraboa!
A alcaldesa Inés Rey recibiu no Concello ao alumnado da cidade con mellor nota de Selectividade, e alí estiveron as nosas alumnas Uxía Carrero Caramés e Lidia García Veiga e o alumno Luis Estévez Martínez, que estiveron acompañados polas profesoras Beni Vidal Tomé e Teresa Fraga Cisneros.
mellor cualificación de acceso á Universidade de toda Galicia.
MAGNÍFICOS resultados nas probas de acceso á universidade na convocatoria ordinaria (xullo) de 2021 para o noso alumnado do
IES P. Eusebio da Guarda:
100 % de APROBADOS (95 presentados) en diúrno.
Nunha análise inicial, e estando pendentes da reclamacións pertinentes, podemos concluír o seguinte sobre as cualificacións da proba de acceso á Universidade:
Case o 12 % acadou unha media igual ou superior a 9.
O 49 % acadou unha media igual ou superior a 8.
So o 5 % acadou unha media inferior a 6.
PARABÉNS ao alumnado e as súas familias así como ao seu profesorado.
(Facer clic na imaxe para ver o documento completo)
Entrega de Premios:
A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 18 de xuño nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, polo Sr. Don Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta na Coruña, D. Jesús Javier Celemín Santos, Cuarto tenente de alcaldesa, Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Sr. Don Xurxo Couto, Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, dona Belén Vaamonde, presidenta da AMPA. Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, que dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras.
Actuación musical a cargo de Celia Veiga Rodríguez e Lucía Gómez Forteza de 3ºESO, Bruno Veiga Rodríguez, Elena Gómez Forteza, Yolanda Rey Chenlo e Manuel Torrado Sánchez de 2ºESO e Álex Solsona Santás de 1ºBAC.
A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso 2021-22 no seu certame literario.
Fotos:
Entrevistas, a cargo do alumno Santiago Vilas Subirán (3ºESO) e o profesor Manuel Varela Domínguez:
Vai acabando este curso tan estraño e diferente. Con todo, e malia a todo, fomos quen de facer moitas cousas, de seguir aprendendo e de demostralo con resultados. No noso Club de Letras estamos orgullosos e orgullosas do labor ben feito e para demostralo, quixemos premiar aqueles traballos que nos pareceron especialmente salientables entre os demais, e por isto entregamos unhas tarxetas agasallo dun coñecido comercio coruñés ao seguinte alumnado como merecido recoñecemento:
-Carteis contra a violencia de xénero: Paula Martínez Gómez de 1º Bach B e Alejandro Eirís Padín de 1º Bach C.
-As avoas: quen coida quen?: Ha Nul Kim de 3º ESO C e Samuel López, de 3º ESO A.
-Arquitectura vivida: Antía Porta Pazos de 4º ESO C.
-A amizade na literatura: Claudia Santiago Blanco de 1º Bach F.
-Cadernos de viaxes: Héctor Lorenzana Cruz de 1º ESO D.
-Pandemias na historia: Lucas Castro Cano de 2º ESO A.
-Caligramas: Carolina Cid de 1º ESO E e Rebecca Ferris de 1º Bach B.
-Logos: Lola Fernández López de 2º ESO A.
-Traballos colectivos: xornal "A voz de 1º E" e revista "Poemas para Xela" 1º ESO A e 1º ESO E, premiados cun saco de lambetadas.
O xurado estivo formado polo profesorado membro do Club de Letras Eva Vérez, Rocío Rodríguez, Pilar Varela, Abel Fernández e Charo Vázquez.
O alumnado de 1º BACH A, E, F e G, coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura Teresa Pastor Novo, confeccionaron neste último trimestre do curso cantares ou romances de cego, como traballo práctico correspondente á cantiga popular, dentro da literatura galega de tradición oral. Así pois, compuxeron eles mesmos historias rimadas, empregando o romance, como era habitual no repertorio de cantores cegos.
Para tal actividade, distribuíronse por parellas ou en grupos de tres e tiveron que elixir o argumento dunha historia para traballar. De seguido, compuxeron a copla, cunha rima doada e adaptándose os versos ás frases musicais, cunha linguaxe popular, procurando os gustos do auditorio. Así, casos de crimes, asasinatos, desaparicións mediáticas, atentados terroristas, traxedias ecolóxicas por naufraxios, casos paranormais de endiañamentos, culpas a inocentes, casos de acosos e abusos, ….. Todo isto tivo cabida na elaboración destes cantares, historias da crónica negra que, por desgraza, non deixan de producirse. A rapazada procurou casos moi impactantes, dentro e fóra das nosas fronteiras, conformando un corpus de sucesos terribles, moi do gusto do pobo e que dos que os cegos noutrora facían unha posta en escena maxistral. Ao mesmo tempo, decoraron cadanseus cantares coas maltranas ou cartelóns que acompañaban as representacións nas prazas e romarías.
Do seu traballo, aquí está esta exposición no corredor do primeiro andar do centro e onde os rapaces e rapazas, á maneira máis tradicional, penduraron as súas maltrañas ou cartelóns, acompañados dos respectivos romances.
ESCUELA EMBAJADORA IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
“Escuela Mentora del Parlamento Europeo”
O noso centro foi seleccionado como “Escuela Mentora del Parlamento Europeo” (MEPA) para o curso 2021-2022.
Grazas ao traballo realizado polos nosos Embaixadores Junior de 3º ESO e 1º Bach. fomos seleccionados polos diversos proxectos e actividades realizadas durante os tres anos como EEPE.
O próximo curso exerceremos un liderazgo territorial para promover iniciativas europeistas comarcais, provinciais e autonómicas e seremos referentes na nosa Comunidade.
Parabens aos nosos Embaixadores Junior de 3º ESO e 1º Bach. e aos profesores que colaboraron con eles.
Lanzamos os nosos minisatélites! Proxecto Cansat da Axencia Espacial Europea.
O mércores 26 de xuño lanzáronse os nosos minisatélites desde o aeródromo Rozas de Lugo.
Moitos nervios, moitas horas de traballo do alumnado de 1ºD de Tecnoloxía Industrial e moita emoción durante a retransmisión en directo.
O alumnado está actualmente traballando na recuperación de datos da súa caixa negra para analizar todo o ocorrido e elaborar un informe que se ten que entregar este domingo 30 de maio.
Estamos emocionados co gran traballo e implicación do alumnado que a parte de deseñar un satélite realizaron unha serie de actividades para involucrar aos seus compañeiros en proxectos de Ciencia e Tecnoloxía, como por exemplo: retransmisión en directo para todo o Instituto, ( máis de 30 clases e 800 alumnos) contando o proxecto, unha obra de teatro espectacular no Teatro Colón, no Día da Ciencia na rúa e o deseño dun concurso innovador que os museos científicos e o concello da Coruña quere lanzar durante o próximo curso escolar.
A continuación podedes ver o vídeo do lanzamento a máis de 500 m de altura, realizado grazas ao CAFi e á empresa Aeromedia.