Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Premios recibidos

ACTO DE HOMENAXE AOS MELLORES EXPEDIENTES

Para acceder a todas as fotos do acto pinchar no enlace

Hoxe 22 de xuño de 2023 celebrouse en Santiago de Compostela o acto de homenaxe aos mellores expedientes de Bacharelato coa presenza do presidente da Xunta de Galícia, o Conselleiro de Educación e os reitores das tres Universidades galegas. 
O alumnado do IES P Eusebio da Guarda que acadou a excelencia asistiu ao acto de homenaxe acompañado da Vicedirectora Teresa Fraga e da Coordinadora de Bacharelato Beni Vidal.
Parabéns!!!

Carla Dopazo, alumna do centro, 2º premio Isabel Zendal

A alumna recibe o premio da V Edición dos premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico de Educación Secundaria e Bacharelato

1º Premio Igaciencia: "Inventa en Galego"

 

Para acceder a máis fotos e ao artigo da Opinión pinchar en cada imaxe

Alumnado de TIC recibiu en Santiago o venres 9 de decembro o primer premio de Igaciencia: "Inventa en Galego", da man do secretario de Política Lingüistica Valentín García.

Noraboa ao alumnado: Paula Díaz López, Antía Sardiña García, Sabela Lozano Rodríguez, Hugo Herrador Segade e Bruno Bolaño Molezún.

Os estudantes foron acompañados pola nosa directora Isabel Ruso e o profesor coordinador dos proxectos, Serxio Gómez.

Acto de entrega de diplomas ao alumnado do STEMbach

21 de xuño de 2022

Acto de entrega de diplomas ao alumnado do STEMbach

O pasado Martes 21 de Xuño ás 18:00, o profesorado titor, e o alumnado do IESP Eusebio da Guarda acudiron ao acto de entrega de Diplomas Stembach, para os proxecto de investigación realizados durante os cursos 2021 e 2022.  Promovido pola Consellería de Educación, Cultura e Universidades, desde hai tre anos, o Stembach ten como obxectivo que o alumnado realice a formación necesaria, e desenvolva a súas competencias para realizar un proxecto de investigación no eido universitario.

O acto no Rectorado da Universidade da Coruña contou coa presenza do Rector da UdC Julio Albalde, do Conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Román Rodríguez, e as Vicerreitoras María José Lombardía e Nancy Váquez. O acto foi conducido por Susana Ladra, profesora de Informática, directora do Campus Innova da Udc e Coordinadora do Stembach, quen colabora como titora de traballos de investigación o Eusebio da Guarda.

Todos os presentes fixeron fincapé nos méritos e capacidades do alumnado presente, que foron quen de levar adiante con éxito as súas investigacións, ademáis de conducir os seus estudos de Bacharelato cara a universidade. 

 

 

Entrega de Premios Picasso

21 de xuño de 2022

Entrega de Premios Picasso

O 21 de xuño de 2022 entregáronse na Aula Picasso do Instititu Eusebio os premios do IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, organizado pola Asociación de Prensa da Coruña (APC), co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Educación, da Asociación Comarcal de Mulleres Profesionais, Autónomas e Directiva da Coruña e Escolas Infantís "Os Pequerrechos".

Premio Provincia de A Coruña e Premio Galicia de Xornalismo na Escola

15 de xuño de 2022

Premio Provincia de A Coruña e Premio Galicia de Xornalismo na Escola

"Tu solo piensas en morir y la idea de morir consume tu vida"

 

Entrega dos premios do certame-exposición de Haikus convocado polo EDLG

16 de xuño de 2022

Entrega dos premios do certame-exposición de Haikus convocado polo EDLG

Foi convocado polo EDLG, coa colaboración do Departamento de Lingua galega e Literatura, un certame-exposición de Haikus, en torno ás poesía de Florencio Delgado Gurriarán, persoeiro ao que se adica o Día das Letras Galegas deste 2022.

O fallo do xurado, composto por profesorado de diversos departamentos didácticos do Centro, foi:

Haiku de ouro: "Rabaño mudo" de  Manuel Carrasco, Elba Cardesín, Jorge Estévez e Ryu Tenreiro -4º ESO C.

Haiku de prata: "A sombra nos leva", de Alejandra Vázquez Suárez -1º ESO E.

Haiku de bronce: "Nos pastos verdes", de Martín Crespo, Aarón Deus e Iris Fernández -Chao- 4º ESO A.

Accésit 1: "Polas espidas", de Carla López Riveiros- 4º ESO E.

Accésit 2: "Verde ou de cor", de Sofía Pozurama e Inés Romero- 1º ESO A.

Accésit 3: "Agulla veloz", de Aroa González e Xiana Varela- 1º ESO E.

Os gañadores dos Haikus de ouro, prata e bronce recibiron o correspondente diploma, bono-regalo e libros.

Aqueloutros merecedores dos accésits recibiron os diplomas acreditativos, libros e USB.

O profesorado que formou o xurado quixo destacar o traballo desenvolvido polo alumnado. Ademais, o EDLG quere agradecer a participación e a implicación de alumnos e alumnas, e a dirección e supervisión das profesoras do Departamento de Lingua galega e literatura Estefanía Álvarez e Dulce Fernández, xunto con Carme Edreira, coordinadora do EDLG.

Agradecemento especial ás xefa do Departamento de Lingua Galega e Literatura Beni Vidal e ao profesor do departamento de Bioloxía e Xeoloxía Manuel Blanco, pola súa xenerosa colaboración  como xurados dos premios.

Premio do CSIC Mosquito Alert

16 de xuño de 2022

Premio do CSIC Mosquito Alert

Os estudantes Iris Fernández Chao e Teo García Nicolás, de 4ºA, titorizados pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía Mª Jesús Mourazos González, recibiron premio a orixinalidade de traballo dentro do proxecto cofinanciado polo CSIC Mosquito Alert, que trata de concienciar sobre a necesidade de detección e prevención de enfermidades contaxiadas a través das picaduras de mosquito tigre e outros mosquitos. O fallo do xurado tivo lugar o luns 13 de Xuño nun evento televisado desde Paises Baixos.

O programa Mosquito Alert leva máis de 10 anos desenvolvéndose. Este ano participaron máis de 30 centros escolares españoles e neandertalenses, coa presentación de máis de 400 traballos. Entre eles o noso centro presentou proxectos tan variados como as investigacións sobre porqué pican os mosquitos, un podcast divulgativo, varios tiktok, un videoxogo ou un scratch. Abaixo déixase o pdf cos carteis con todos os traballos, onde se pode acceder a esa información.

O Rei Felipe VI concede a Placa de Honor de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio ao Instituto Eusebio

31 de maio de 2022

A Directora recolle en Madrid a Placa de Honor

A Directora, Mª Isabel Ruso de Lago, recolleu en Madrid, de mans da Ministra de Educación e FP Mª del Pilar Alegría Continente (e Gran Canciller da Orden) e do Subsecretario de Educación e FP (e Canciller da Orden) Liborio López García, a placa de Honor da Orden Civil de Afonso X o Sabio.

 

 

6 de febreiro de 2022

Placa de Honor de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio

A Ministra de Educación, Pilar Alegría, en nome do Rei Felipe VI, concede a Placa de Honor de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio ao Instituto Eusebio.

 

Felicitación do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

Felicitación do Concelleiro de Educación:

 

 

8 de marzo de 2022:

O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, felicita aos catro Institutos históricos que ingresaron na Orden de Alfonso X El Sabio.

 

Adrián Iglesias Queijeiro, alumno de 2º Bach: Accésit na LVI Olimpiada Matemática Galega 2020 !!

LVI Olimpiada Matemática Galega 2020.

O venres 17 de Xaneiro de 2020 celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC na que participaron 35 rapazas e 66 rapaces de 77 centros públicos e de 24 privados de toda Galicia.

Realizaron as probas consistentes na resolución de seis problemas matemáticos a desenvolver en duas xornadas de mañá e tarde de 3 horas e media cada unha.

Os tres primeiros premiados participarán na Fase Nacional da LVI Olimpiada Matemática Española. Ademáis otorgáronse 12 premios de Accésit pola calidade na resolución dalgún dos problemas. 

Os alumos de 2º de Bacharelato do IES “Eusebio da Guarda”, Marco Guiotto Sánchez, José Gómez Fernández, Adrián Iglesias Queijeiro y Ángela Martínez Loureiro, acompañados do profesor Luis Javier Rodríguez González do Departamento de Matemáticas, participaron nestas probas, resultando premiado cun dos Accésit o alumno de 2º de Bacharelato C,  Adrián Iglesias Queijeiro.

Parabéns ao premiado e aos participantes pola súa capacidade de esforzo e o seu interés en competir nesta proba.   OMG 2020

(Adrián o primeiro pola esquerda)

O exalumno Eduardo Lampón Sánchez recibiu o Premio Excelencia Académica de Galicia 2019

Está cursando 3º curso do Grao de Dereito. No correo que nos enviou di: "La verdad es que ese día -cando recolleu o premio- me acordé mucho del Eusebio y sus profesores, pensando que seguramente no hubiera aprovechado tanto mi paso por la universidad de haber estudiado en otro instituto."

O exalumno Nacho Roura tamén foi premiado, pero non puido asistir ao acto.

NORABOA aos dous!

Eduardo Lampón no centro

Alumnos de 1º ESO reciben o 2º e 3er premio da I Edición dos Premios Isabel Zendal

Ryu Tenreiro e Javier Cámara, reciben o segundo e terceiro premio respectivamente da I Edición dos Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico, outorgados pola Universidade da Coruña.

O obxectivo dos premios é promover os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.

Os traballos foron supervisados por Noemí Díaz, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, con quen previamente traballaron a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional como ferramenta para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, así como a aplicación do método científico de cara a destapar ás pseudociencias e recoñecer a manipulación e difusión de noticias e crenzas falsas.

La Voz de Galicia (2 de xullo de 2019):

Victoria Blanco Carro, 3º posto de A Coruña na XXXV Olimpiada Gallega de Química!!!

¡NORABOA!

Victoria resultou premiada nas probas celebradas o pasado 23 de marzo. O acto de entrega de diplomas celebrarase na Aula Magna da Universidade de Santiago. A fase nacional (XXXI Olimpiada Nacional de Química) celebrarase entre o 4 e o 6 de maio na Universidade de Salamanca.

 

 

Noticia en La Opinión A Coruña:

 

Ver noticia da presentación de alumnos de 2º Bacharelato á Olimpiada Gallega de Química.

Jorge M. Blanco Rodríguez, número un nos premios extraordinarios de bacharelato 2016/17, recolleu o premio

Nun acto presidido polo conselleiro de Educación RománRodríguez que se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia o 16 de marzo, no que Jorge estivo acompañado polos seus pais e por Isabel Ruso, directora deste Instituto. NORABOA!!

 

Pilar Corominas premiada na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O venres 23 de marzo tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago a final da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Dous estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda estiveron entre os catro finalistas na modalidade de Dilema Moral. Marcial Seoane Casado acadou finalmente o cuarto posto, mentres que Pilar Corominas Eiras logrou o segundo lugar, representando a Galicia, xunto coa gañadora, na V Olimpíada Filosófica de España que terá lugar os días 4 e 5 de maio de 2018. O alumnado estivo acompañado pola profesora Nieves López Agrasar. Moitos parabéns aos dous e sorte na final estatal!

(Foto: Nieves López)

 

O Instituto Eusebio participa na XXXV OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA

16 alumnos de Química de 2º de Bacharelato preséntanse á XXXV Olimpiada Gallega de Química, nunha actividade organizada polos profesores do Departamento. Noraboa a todos eles por participar!.

Cheng Chen Sui ¡Medalla de prata na XXIX Fase Local da Olimpiada de Física!

O 23 de febreiro celebreouse a fase local (Galicia) da olimpiada de Física na que participaron os alumnos de 2º de Bacharelato deste Instituto Carlos Campillo, Paula Herrero e Cheng Chen Sui, preparados pola profesora Mª Carmen Díaz Cabanas. Noraboa a todos, e especialmente a Cheng Chen Sui que obtivo a medalla de prata e participará na Fase Nacional que se desenvolverá en Valladolid entre o 13 e 16 de abril.

Noticia na Voz de Galicia:

Entrega de Premios do XIII Concurso literario Rita Suárez Amado

O 26 de febreiro reuniuse no noso centro o xurado para decidir os gañadores do XIII CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO. Luisa Fernanda García Rodríguez, Xosé Pérez Mondelo, José Luis Alonso Torreiro e Julio Mancebo Moreiras tiveron un labor moi complicado xa que as obras presentadas foron máis dun centenar.

O resultado das súas deliberacións foi o seguinte:

NIVEL I (1º E 2º ESO). RELATO CURTO.

NOME

OBRA

CENTRO

Gañadora: Julia Caamaño Torrón

El último recuerdo

IES P. Eusebio da Guarda

Accésit: Carla Dopazo Pavón

Elisabeth y las comeletras

IES P. Eusebio da Guarda

Accésit: Elba Meléndrez Bergantiños

O príncipe louro

IES Otero Pedrayo

NIVEL I (1º E 2º ESO). POESÍA.

NOME

OBRA

CENTRO

Gañador LG: Mauro Gontá Gómez

Amigos

CPR Escravas Sgdo. Corazón

Gañadora LC: Naiara Manteiga Cendón

Me asusta escribirte

IES P. Rafael Dieste

NIVEL II (3º E 4º ESO). RELATO CURTO.

NOME

OBRA

CENTRO

Gañadora: Lydia García Veiga

Cicatrices

CPR Grande Obra de Atocha.

NIVEL III (1º E 2º BACHARELATO). RELATO CURTO.

NOME

OBRA

CENTRO

Gañadora: Lucía Blanco Miguéns

Pingas de Chuvia

IES P. Eusebio da Guarda

Accésit: Alba Uxía Arca Nieto

Polos seus luceiros

IES Salvador de Madariaga

Accésit: Carmen  Paz Montero

El efecto mariposa

IES P. Eusebio da Guarda

NIVEL III (1º E 2º BACHARELATO). POESÍA.

NOME

OBRA

CENTRO

Gañador: Pablo Pombar Guillán

Y si hoy le dijera a mi alma

IES P. Eusebio da Guarda

NIVEL IV (ADULTOS). RELATO CURTO.

NOME

OBRA

Minia Prego Cabeza

La silla

NIVEL  IV(ADULTOS). POESIA 

NOME

OBRA

Fuco Paz Souto

O illote dos soños

A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 2 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, pola Terceira Tenente de Alcalde e Concelleira de Asuntos Sociais e Educación, Silvia Cameán, e  polo representante de ABANCA Gonzalo Mora. Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza.

A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso 2018-19 no seu certame literario.

 

 

Convocatoria do XIII Concurso literario Rita Suárez Amado

 

Distribuir contido


by Dr. Radut