Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Filosofía

CHARLA SOBRE OS TOTALITARISMOS

O pasado venres 26 de Abril os alumnos de 2º de Bacharelato de Filosofía e 1ºde Humanidades asistiron a charla "A crítica aos Totalitarismos: A condición humana en Hannah Arend" a cargo de María Xosé Agra Romero, catedrática de Filosofía política da USC e membro plenario do Consello da Cultura Galega. A prestixiosa e querida ponente foi profesora de todo os membros do departamento de Filosofía e a súa conferencia subliñou a importancia de incluír por fin o estudo de pensadoras no programa da ABAU. Arendt, na súa obra As Orixes dos totalitarismos, intenta comprender que sucedeu, que puido pasar en acontecementos históricos como o nazismo, que ninguén puido prever. O reto que nos presenta Arendt é pensar no que facemos, confrontarnos coa nosa responsabilidade individual e salientar a idea de que non podemos deixar que nos fagan incapaces de pensar e de actuar. Como seres humanos vivimos xuntos e temos que saber hasta onde hai uns límites nese con-vivir. Cada uno de nos é un ser orixinal que pode orixinar un novo inicio.

A actividade foi programada polo Departamento de Filosofía

EDUCAR EN XUSTIZA

O pasado luns 29 de xaneiro os alumnos de Humanidades e Ciencias Sociais asistiron a sete xuizos celebrados no Xulgado de Instrución número 7, ubicado na antiga Audiencia Provincial, baixo a presidencia da Maxistrada de Instrución dona Pura Caaveiro Ameneiro. 

A actividade forma parte do programa da Consellería "Educar en Xustiza" e amosa de xeito didáctico o funcionamento do sistema xudicial nos seus niveis máis próximos ós cidadáns. Os alumnos foron acompañados polos profesores Caridad Loureiro, Charo Vázquez, Mercedes Pascual e José Luis Gundín. 

A actividade foi organizada polo Departamento de Filosofía.

TALENTO CINEMATOGRÁFICO NO IES P. EUSEBIO DA GUARDA

O pasado mércores 24 de maio celebrouse no centro cultural Ágora a II Edición da Gala de entrega de premios de CINEMA NA ESCOLA. O alumnado de Valores Éticos de 3º ESO C e 4º ESO B competiron con outros centros da Coruña coa súa curtametraxe Debuxa, que resultou galardoada con cinco premios: Premio á mellor curta, 1º premio na categoría de Imaxe, 1º premio na categoría de Edición, 2º premio na categoría de mellor actuación, e un premio especial de mención ao Esforzo. Aproveitando a celebración do Ano Picasso e o 160º aniversario do Instituto Eusebio da Guarda, o alumnado quixo centrar o guión da súa curta nunha historia ficticia baseada no paso de Pablo Picasso polo IES Eusebio da Guarda, co obxecto de salientar a importancia dos valores éticos na sociedade, a figura de Pablo Picasso e a relevancia e beleza que ten o noso centro educativo. Este proxecto contou coa participación tanto do alumnado e profesorado, como das familias, quen achegaron o seu valioso gran de area. Sen ningunha dúbida, os premios foron un merecido recoñecemento ao traballo e talento do alumnado do noso centro.

Parabéns a todos!!! 

Rosa Ma Rodríguez Rivas (Profesora de Música e Valores Éticos

X Olimpiada de Filosofía

filosofóa

Estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participaron o venres 20 de xaneiro na edición da X Olimpiada Filosófica de Galicia, celebrada na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado de 1º de Bacharelato (Teo García Nicolás, María Meléndrez Rodríguez, Beatriz Neira Edreira e Alicia Díaz Vázquez) participaron na modalidade de Disertación acerca do tema “As fronteiras son xustas?”. O alumnado estivo acompañado pola profesora Caridad Loureiro e o profesor Benito Arbaizar, ambos do departamento de Filosofía.

Proxecto Sophias

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

O Consello de Cultura Galega leva este mércores á Coruña o proxecto Sophias.

Sophias é a serie web de ficción coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, contribúen a divulgar o pensamento de mulleres destacadas da historia. A responsable do proxecto, Carme Adán, a realizadora, Cristina de La Torre, máis o docente Manuel Torres presentan este mércores na Coruña (Instituto Eusebio da Guarda, 12;00 horas) esa iniciativa que está formada por sete episodios que se achegan ás ideas de figuras coma Simone Weil, Simone de Beauvoir, Hannah Arendt, Judith Butler ou María xosé Agra.

Ligazóns relacionadas   http;//consellodacultura.gal/especiais/sophias/ 

Charla “Feminismo e ética do coidado” a cargo da profesora Cristina Caruncho Michinel

2 de xuño de 2022

Charla “Feminismo e ética do coidado” a cargo da profesora Cristina Caruncho Michinel

O 2 de Xuño, o alumnado de 1º Bacharelato acompañado dos seu profesorado, asistiu á conferencia organizada polo Departamento de Filosofía sobre “Feminismo e ética do coidado”, que impartiu a profesora Cristina Caruncho Michinel da Universidade de Vigo.

Cristina Caruncho, Catedrática de Filosofía Moral na Universidade de Vigo, falou sobre a importancia de reflexionar acerca da vulnerabilidade humana e dos coidados nas sociedades contemporáneas.

Olimpíada Filosófica de Galicia 2019

O 18 de xaneiro asistiron un total de nove alumnos á Olimpíada Filosófica de Galicia que se celebrou na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Tres eran alumnas de ESO, en concreto de 4D (Noa Gómez Remuiñán, Lidia Nyamsi Hermida e Ana Martina Tomé) e as tres presentáronse dentro da modalidade ‘Dilema Moral`. 
 
O grupo de primeiro de Bacharelato presentouse á modalidade de ‘Disertación Filosófica’ e estivo composto polos seguintes seis alumnos: Karen Tatiana Silva Montañez, de 1°B, Carlota Creus Carrasco, Mariana Rodríguez Tubio e Diego Sanmartín Prieto, os tres de 1°C, así como Carla Costoya Amenedo e Lucía Freijido Novo, as dúas de 1°E.

Estiveron acompañados polo profesor de Filosofía Benito Arbaizar.

Ver máis fotos

 

V Olimpíada Filosófica de España

Os días 5 e 6 de maio, a alumna deste centro, Pilar Corominas Eiras, participou na final da V Olimpíada Filosófica de España, que tivo lugar en Estremadura. Como alumna de 4º ESO concorreu á modalidade de Dilemas Morais. O día 5 tivo lugar a proba en Badaxoz, e ó día seguinte coñecéronse os resultados en Mérida. Pilar quedou entre os dez primeiros postos de toda España. Parabéns! 

 

Pilar Corominas premiada na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O venres 23 de marzo tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago a final da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Dous estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda estiveron entre os catro finalistas na modalidade de Dilema Moral. Marcial Seoane Casado acadou finalmente o cuarto posto, mentres que Pilar Corominas Eiras logrou o segundo lugar, representando a Galicia, xunto coa gañadora, na V Olimpíada Filosófica de España que terá lugar os días 4 e 5 de maio de 2018. O alumnado estivo acompañado pola profesora Nieves López Agrasar. Moitos parabéns aos dous e sorte na final estatal!

(Foto: Nieves López)

 

Participación na V Olimpíada Filosófica de Galicia

 

Estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participaron o venres 16 de Febreiro na edición da V Olimpíada Filosófica de Galicia, celebrada na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado de 4º ESO (Pablo García Lagoa, Marcial Seoane Casado, Mapi Corominas Eiras e Almudena Alonso-Jáudenes Paz) participaron na modalidade de Dilemas Morais, mentres que estudantes de 2º BAC (Lucía Blanco Miguéns, María Iglesias Insua, Alejandro Rodríguez Fernández e Nicolás Fernández Gómez) realizaron unha Disertación Filosófica sobre “Pode a utopía converterse en revolución?”. Acompañou nesta actividade a profesora Nieves López Agrasar, do Departamento de Filosofía.

 

O resultado da competición saberase en datas próximas.

Grande éxito de dúas alumnas do Eusebio na III Olimpíada Filosófica Galega

 

  

Como dixeramos recentemente, dúas alumnas participaron na terceira edición da Olimpíada. Carolina Ojea acadou un terceiro posto, mentres que Paula Herrero alzouse co triunfo absoluto, tendo así abertas as portas para participar na edición nacional, que se celebrará proximamente en Oviedo. A súa profesora, Nieves L. Agrasar, salientou o elevadísimo nivel dos participantes. Parabéns!


 

Dúas alumnas á final da III Olimpíada Filosófica Galega

As alumnas, Carolina Ojea Varela e Paula Herrero Mejuto de 4ºC, foron seleccionadas para a final da III Olimpíada Filosófica Galega na modalidade de “Dilemas Morais”. A final terá lugar o día 3 de marzo na facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, onde ámbalas dúas alumnas terán que facer unha defensa pública do traballo seleccionado cunha duración aproximada de 20 minutos. Nese acto o xurado seleccionará ao representante de Galicia na Olimpíada Filosófica de España (OFE) que se celebrará en Oviedo os días 15 e 16 de abril. Parabéns ás seleccionadas e moita sorte na final. (texto e foto de Nieves Agrasar)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut