EDUCAR EN XUSTIZA
O pasado luns 29 de xaneiro os alumnos de Humanidades e Ciencias Sociais asistiron a sete xuizos celebrados no Xulgado de Instrución número 7, ubicado na antiga Audiencia Provincial, baixo a presidencia da Maxistrada de Instrución dona Pura Caaveiro Ameneiro.
A actividade forma parte do programa da Consellería "Educar en Xustiza" e amosa de xeito didáctico o funcionamento do sistema xudicial nos seus niveis máis próximos ós cidadáns. Os alumnos foron acompañados polos profesores Caridad Loureiro, Charo Vázquez, Mercedes Pascual e José Luis Gundín.
A actividade foi organizada polo Departamento de Filosofía.