Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Tecnoloxía

Aplicacións móbiles con corazón: o alumnado desenvolve tecnoloxía para unha boa causa

Nunha sociedade onde a mocidade adoita a ser infravalorada, o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Eusebio da Guarda demostrou este luns 10 de xuño que o futuro pode ser brillante e esperanzador. A través dunha ximcana solidaria, estes mozos e mozas visitaron oito puntos da nosa cidade, dende a Praza de Pontevedra ata a Cidade Vella, resolvendo enigmas e superando retos deseñados por eles mesmos nunha aplicación móbil, co obxectivo de recadar fondos. 

Dirixidos polos alumnos Javier Serantes Álvarez, Mario Vilariño Mouro e Iván Tizón Losada de 1ºA, demostraron non só as súas habilidades tecnolóxicas, senón tamén unha profunda conciencia social. A recadación obtida destinouse á cociña económica, onde Oscar Castro e Jacinto Luis Torre Fraga administrador e presidente da institución, nos atendenron este venres 14 de xuño e  explicaron o excelente traballo que realiza esta asociación benéfica que reparte 1.500 comidas ao día. 

Esta actividade non é un feito illado, senón que forma parte dun proxecto máis amplo onde o alumnado deu vida aos versos de Luísa Villalta a través de videoxogos para móbiles aos que se pode xogar na nosa cidade. Esta fusión de tecnoloxía, literatura e solidariedade lémbranos que a educación pode ser un motor de cambio social, inspirando ás novas xeracións a marcar a diferenza na nosa contorna. 

Se tes curiosidade, podes consultar os contos escritos e todos os traballos feitos polo alumnado e mesmo descargar as aplicacións para probalas no teu móbil Android e xogar na nosa cidade da Coruña, no libro recompilado polo EDLG, “Luísa melodía infinita”,  co que colaboramos durante este curso 2023/24 e que podes atopar no anexo 3: “Contos interactivos e videoxogos na cidade da Coruña”.

Ligazón ao libro Luísa Melodía Infinita: https://drive.google.com/file/d/1VgW-XnrEuJCEhWsLPg-c0X-YZ6VVFmxv/view

Enlace coas fotos da saída da xincana e entrega da recadación: https://drive.google.com/drive/folders/1PA4XErk3Dbn7XoOe6nGHQMkPg_F2UEoJ...

Agardamos que esta iniciativa sexa a semente que inspire a novas alumnas e alumnos a implicarse en retos  solidarios.

Serxio Gómez Recouso, profesor de Tecnoloxía e TIC.

Acto final dos proxectos de Talentos Inclusivos

Hoxe, 14 de xuño, no Ágora realizouse a exposición dos proxectos realizados polo alumnado de tecnoloxía de 4 da ESO, producto da súa participación no proxecto Talentos Inclusivos, iniciativa que promove o deseño e construcción de proxectos tecnolóxicos para mellorar a calidade de vida dos usuarios de Aspace Coruña.
O alumnado construiu unha mesa adaptada a unha cadeira de rodas e un soplador de velas activado por un sensor de distancia, proxectos polos que recibiron a noraboa de todos os asistentes.

ENTREGA MEDALLAS TIC 1º BACHARELATO

                                                                Acceso  a todas as fotos no Enlace

A directora do centro Isabel Ruso e o profesor de Tecnoloxía  Serxio Gómez entregaron as medadallas aos mellores proxectos de TIC de 1º de bacharelato.

Parabéns polo traballo realizado!

 

Mellor proxecto App móbil, baseada nun poema de Luísa Villalta:

1ºA: Javier Serantes Álvarez, Mario Vilariño Mouro, Iván Tizón Losada.

1ºC e 1ºD: Otto Ador Manzanet, Xoán Barreiros Nespereira, Blanca Cabanas Blázquez, Xacobe Carrero Caramés, Ignacio Fernández Federicci, Antía García Abad, Uxío López Penas, Laura Otero Gallego, Almudena Polledo Gómez, Mireia Ramón Verdera, Andrés Sueiras Castro, Samuel Francisco Almeida Albán.

1ºE e 1ºF: Francisco Ríos García, Miguel Verdes Beiro, Miguel Moya del Río

 

Mellor producción audiovisual:

1ºE e 1ºF: Jorge Mugico Moreira.

1ºC e 1ºD: Xacobe Carrero Caramés.

1º A: Javier Serantes Álvarez.

 

Mellor videoxogo:

1º A: Javier Serantes Álvarez e Lautaro Arreguez.

1ºC e 1ºD: Otto Ador Manzanet.

1ºE e 1ºF: Francisco Ríos García.

 

Mellor orla creativa:

1º A: Javier Serantes Álvarez.

1ºC e 1ºD:  Samuel Francisco Almeida Albán e Otto Ador Manzanet.

1º E e 1ºF: Gabriela Rosana Freire Varela e Valeria Estefanía Rodríguez Bolívar.

 

Mellor vídeo promocional:

1ºC e 1ºD: Antía García Abad, Uxío López Penas, Mireia Ramón Verdera.

Actividades do Club de Ciencia do Eusebio 2024

Toda a información da actividade no ENLACE

Visita a Repsol

visita repsol

O alumnado de Cultura Científica  e Tecnoloxía e Enxenería de primeiro de bacharelato, visitou as instalacións da refinería de Repsol. Personal da refinería explicou en detalle os procesos que se levan a cabo e realizouse un itinerario pola mesma. Ademáis o alumnado recibiu información sobre as medidas máis relevantes ue levarán a cabo no proceso de transición enerxética.

1º Premio Igaciencia: "Inventa en Galego"

 

Para acceder a máis fotos e ao artigo da Opinión pinchar en cada imaxe

Alumnado de TIC recibiu en Santiago o venres 9 de decembro o primer premio de Igaciencia: "Inventa en Galego", da man do secretario de Política Lingüistica Valentín García.

Noraboa ao alumnado: Paula Díaz López, Antía Sardiña García, Sabela Lozano Rodríguez, Hugo Herrador Segade e Bruno Bolaño Molezún.

Os estudantes foron acompañados pola nosa directora Isabel Ruso e o profesor coordinador dos proxectos, Serxio Gómez.

Premio ao mellor proxeto de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato

2 de xuño de 2022

Premio ao mellor proxeto de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato

Entregouse o premio ao mellor proxeto de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato.

O proxeto gañador, elixido por un xurado formado polo profesorado do IES Eusebio da Guarda, otorgouse ao equipo de “Lachio” formado por Sol, Rosalía, Sinead e Carla.

Daniel e Beatriz fixeron a entrega de medallas.

A idea do proxecto consistía en resolver un problema cotián do entorno do alumnado. O equipo mencionou que lles molestaba moito estar lendo ao aire libre e ter que parar cando chovía. Foi entón cando pensaron crear unha portada que cubra o libro e que ademais faga de bolso para facilitar o seu transporte. 

Fixeron o deseño, un análisis Dafo, Came, o modelo canvas do seu negocio e desenvolveron un plan de marketing.

A continuación podedes ver os anuncios que crearon para xerar curiosidade polo seu produto.

Parabéns polo bo traballo realizado!

Anuncio de romance: https://youtu.be/Rl9m077fGkA

 

Anuncio de fantasía: https://youtu.be/7u6Owt3e3ho

 

Anuncio de misterio: https://youtu.be/fSgIbw2hizY

 

Anuncio extra con tomas falsas: https://youtu.be/340RgjHdUbY

 

 

 

 

A tecnoloxía con alegría: lanzamos os nosos minisatélites! Proxecto Cansat da Axencia Espacial Europea.

Lanzamos os nosos  minisatélites! Proxecto  Cansat da Axencia Espacial Europea.
 
O mércores 26 de xuño lanzáronse os nosos  minisatélites desde o aeródromo Rozas de Lugo. 
Moitos nervios, moitas horas de traballo do alumnado de 1ºD de Tecnoloxía Industrial e moita emoción durante a retransmisión en directo. 
 
O alumnado está actualmente traballando na recuperación de datos da súa caixa negra para analizar todo o ocorrido e elaborar un informe que se ten que entregar este domingo 30 de maio.
 
Estamos emocionados co gran traballo e implicación do alumnado que a parte de deseñar un satélite realizaron unha serie de actividades para involucrar aos seus compañeiros  en proxectos de Ciencia e Tecnoloxía, como por exemplo: retransmisión en directo para todo o Instituto, ( máis de 30 clases e 800 alumnos) contando o proxecto, unha obra de teatro espectacular no Teatro Colón, no Día da Ciencia na rúa e o deseño dun concurso innovador que os museos científicos e o concello da Coruña quere lanzar durante o próximo curso escolar.
 
A continuación podedes ver o vídeo do lanzamento a máis de 500 m de altura, realizado grazas ao  CAFi e á empresa  Aeromedia.

Sen mulleres non hai ciencia: Lucía García e Noelia Martínez

 

meteo.sputnik            breogan_XII

Éxito total da emisión en directo para máis de 30 clases e cerca de 800 alumnos do IES Eusebio da Guarda de A Coruña, con conexións exteriores desde diferentes partes  de España, no Día internacional da muller na ciencia.

Os equipos Meteo.Sputnik e Breogan_XII lideran un acordo inédito de colaboración para impulsar os proxectos de ciencia e tecnoloxía no Instituto Eusebio da Guarda e animan a todas as chicas do centro a participar activamente neste tipo de actividades.

Por outro lado, vos contan en primicia mundial, o proxecto da Axencia Espacial Europea, no cal están participando para lanzar un satélite.

Se queres saber máis únete ás redes sociais de instagram dos dous equipos: @meteo.sputnik e @breogan_xii.

 

 Cara o minuto 14:

 

 

 

Entrevista a Carlos  Sarille,  Head  of  Electronic  Design Project A. P. T.A. S

 

que desvela os segredos da misión A. P. T.A. S, coa cal lanzarán un satélite real a finais do ano 2021, con tecnoloxía punteira, deseñado e financiado integramente polo alumnado.

Conseguiron o récord de financiamento equivalente ao que vale comprarse unha casa na Coruña e a implicación de máis de 30 alumnos e numerosas empresas.  Proyectazo!
 
Incrible exemplo para motivar e animar ao noso alumnado para cumprir os seus soños!
Grazas Carlos pola túa dispoñibilidade e amabilidade e por patrocinar co voso proxecto aos dous equipos  Meteo  Sputnik e Breogán  XII do Instituto Eusebio dá Garda da Coruña.
 
Podes descubrir máis información en relación co proxecto A. P. T.A. S na súa  WEB:   https://projectaptas.com/  

Link coa información dos dous equipos, do noso centro, que participan no proxecto  Cansat da Axencia Espacial  Europea:

 

 

Proxecto de tecnoloxía de 3ºESO

Ó alumnado de 3º da ESO, na materia de Tecnoloxía coa profesora Mónica Picos, propúxoselles o reto de resolver un dos seguintes problemas aplicando o método de proxectos: organizar o seu escritorio ou buscar un xogo de mesa para entreterse.
Este ano engadiuse un condicionante: organizarse en pequenos grupos para traballar respectando tódalas restricións motivadas pola COVID. Para iso, tiveron que planificar telemáticamente o traballo de deseño, construción do obxecto e elaboración da memoria técnica para poder traballar de forma individual pero que, ó xuntar cada parte, o resultado final fose o esperado.

A tecnoloxía con alegría

Destapa a túa creatividade !

O alumnado de 4ºC e 4ºE da ESO, da materia de TIC, enfrontouse ao reto de deseñar as tarxetas identificativas do noso Instituto nas cales, na parte frontal era requisito transformarse nunha profesión que lles parecese atractiva e pola parte de atrás tiñan licenza libre para realizar un deseño orixinal e divertido. Sorprendéronnos con todo tipo de profesións e aventuras interesantes e o máis importante, déronse conta, que a creatividade está dentro de todos nós, desterrando o mito falso, de que algúns non somos creativos. 

Doutra banda o alumnado de 1º Bacharelato de TIC, 1º G, e 1ºD-E, convertéronse nunha empresa de deseño, co propósito de traballar as competencias nun caso real. Encargóuselles deseñar unha orla innovadora para a súa clase, onde tanto as ideas, como a xestión do proceso, asignación de roles, organización do tempo , detección de necesidades de formación e posta en marcha fose liderada integramente polo alumnado. Ademais debían presentar o proxecto diante da directiva do Instituto.  Ao comezo do proxecto estaban convencidos de que sabían traballar en equipo e a verdade revelou que aínda tiñan moito que aprender. A idea final de 1ºG consistía en crear unha Orla, en formato de revista, cunha historia común que enlazase a vida dos seus protagonistas, é dicir do propio alumnado transformado en avatares fantásticos. Doutra banda, a clase de 1ºD-E, lanzou a idea de construír un portátil, en cal dentro do escritorio tivesen iconas de programas con forma de avatar representativos de cada un deles.

O resultado final non foi espectacular, se falamos do produto, pero iso non é o importante. 

O importante é que o alumnado tivo que realizar unha fase de reflexión posterior sobre o traballo realizado, identificar erros e acertos e facer unha presentación coas mellores prácticas para traballar en equipo. Con este enfoque, o proxecto foi un éxito, xa que puideron identificar erros, reflexionar sobre eles e trazar unha folla de ruta, con pequenos pasos, que lles sirva de axuda en sucesivos proxectos.

Convidamos o alumnado a seguir potenciando a súa creatividade, a súa curiosidade, as súas ganas de aprender e a seguir cometendo millóns de erros, co firme obxectivo de aprender e mellorar.

 

fase local da II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

O pasado martes 18 de febreiro un grupo de 10 alumnos de 2º da ESO participou na fase local da II Olimpíada Nacional de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos acompañados polos profesores Carmen Couto e Daniel Varela. Os alumnos realizaron 6 probas interactivas e instrutivas relacionadas con eidos da enxeñería civil: pontes, loxística, xeotecnia, presas, hidráulica, etc. Todo desde unha perspectiva lúdica á par que instrutiva e formativa. A súa vez, realizaron unha visita organizada ás instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil e tamén houbo tempo para unha pequena festa con comida e bebida e a correspondente entrega de premios e obsequios.

Dende aquí queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas participantes polo interese e motivación mostrados.

Un alumno participa no programa “Tecnólogo por un día"

O alumno Mario Pérez Plaza, de 1º da ESO, participou na segunda edición da actividade  organizada pola Amtega "DIGITALENT: Tecnólogo por un día". O alumno disfrutou compartindo un día de traballo grazas á participación da empresa CINFO, empresa que diseña ferramentas sinxelas para a emisión dixital de televisión, coma por exemplo o uso de tecnoloxía de visión por computador que xunto a algoritmos de aprendizaxe automático permiten crear un canal de televisión en internet sin desprazar equipos ao lugar de grabación.

 

Mapa de puntos de recollida de tapóns

 

Os alumnos Virginia Rodríguez-Tubío e Gabriel Bande, de 3º da ESO, veñen de elaborar este mapa onde atopar puntos de recollida de tapóns na nosa cidade, actividade feita para a materia de Tecnoloxía.

Charla da empresa Altia Consultores cos alumnos de TIC-II

 

O pasado oito de febreiro os enxeñeiros Diego Perdomo e Alejandro Tuñas, da empresa Altia Consultores, deron unha charla sobre salidas profesionais no mundo das TIC, as súas experiencias e vida profesional aos alumnos de TIC de segundo de bacharelato.

A pasión que amosaron foi recoñecida por todos eles. Esperamos repetir!.

Visita á refinería do alumnado de bacharelato

Un grupo de 25 alumnos de Bacharelato visitaron a refinería de Repsol dentro da materia de Tecnoloxía Industrial que están a cursar.  Foron acompañados polos profesores Rosa Fernández Salmonte e Mario S. García González.

Os alumnos puideron coñecer o interior das instalacións a través dun itinerario guiado polo técnico David García González. O percorrido incluía unha introdución e breve explicación da refinería e as súas funcións no seu auditorio e unha ruta pola planta industrial onde puideron ver as diferentes unidades do proceso produtivo.  

 

Visita ao CITIC da UDC

Hoxe os alumnos de TIC de segundo de bacharelato visitaron o Centro de Proceso de Datos do Centro de Investigación das TIC (CITIC) da Universidade de A Coruña, acompañados polo profesor Mario S. García.

Aproveitaron tamén para coñecer os estudos e saídas profesionais na Facultade de Informática, da man do profesor José M. Andión. Agradeceron os agasallos recibidos e o interese dos anfitrións con eles.

 

Visita ao CITEEC da Universidade de A Coruña

O pasado xoves 18 de outubro un grupo de alumnos de segundo de bacharelato visitaron, acompañados pola profesora Rosa F. Salmonte e o profesor Mario S. García, as instalaciones do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, vinculado a Escola de Camiños da Universidade de A Coruña.

Os responsabeis da visita, Félix Sánchez-Tembleque, José Paris e Manuel F. Herrador, adicaron varias horas á visita. Os alumnos poideron ver un ensaio de resistencia á flexión dunha viga.

Maquetas de edificios coruñeses

 

Un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato deseñaron as maquetas de varios edificios históricos de A Coruña. O resultado é agora de acceso aberto para o desfrute e mesmo a reproducción empregando unha impresora 3D. Este traballo desenvolveuse para a materia de TIC impartida polo profesor Mario S. García. (fai clic na imaxe para ver as maquetas).


 

Distribuir contido


by Dr. Radut