Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Lingua Castelá e Literatura

ENCONTRO COA ESCRITORA ANA ALONSO

Este luns 11 de marzo houbo un encontro do alumnado de 2º de ESO coa escritora especialista en literatura xuvenil Ana Alonso para falarnos da súa novela Los tejados de París. A autora falou das estratexias á hora de compoñer novelas, das súas orixes como novelista e da súa traxectoria, respondendo tamén ás numerosas preguntas formuladas polos alumnos sobre todas estas cuestións e sobre algúns aspectos da trama da novela citada. O acto finalizou coa firma de exemplares da obra.

José Luis Gundín Vázquez                                                                                                                                    

ALUMNADO DE ORATORIA DE 3ºESO FOI PREMIADO NO CONCURSO “PRENSA-ESCUELA” CONVOCADO POR LA VOZ DE GALICIA.


O pasado venres, os alumnos de Oratoria en lingua castelá de 3º de ESO Amílcar Castro, Alberto Gundín, Pablo Lema, Alfonso Lobo e Adán Silva acadaron o Primeiro Premio da provincia da Coruña no concurso “Prensa-Escuela” que anualmente convoca o diario La Voz de Galicia coa reportaxe “Solo tenemos doce años y este miedo no debería estar presente en nuestras vidas”. Este documentado traballo, dirixido pola súa profesora de Oratoria, Sabela Prieto, analiza, a partires da análise de datos oficiais e de numerosas entrevistas, as repercusións da violencia sobre os adolescentes na actualidade.

Martina Lobo protagoniza o estreo da traxedia "Medea", de Eurípides.

 Para acceder a todas as fotos pinchar no enlace

A Compañía de Teatro Noite Bohemia estreou este mércores, con grande éxito de público, a traxedia Medea. A obra, protagonizada pola ex alumna do centro Martina Lobo Roca, actualmente estudante de Filosofía, relata a cruel vinganza da famosa feitizeira tras ter sido abandoada polo seu esposo Jasón. Destacou o excelente traballo da actriz protagonista nun difícil papel que require unha permanente intensidade dramática, a boa dirección dos actores e a calidade do decorado e do vestiario.

                                                                                                   José Luis Gundín Vázquez

                                                                                                   Departamento de Lingua Castelá.

Conferencia do escritor Alfredo Gómez Cerdá. Análise da obra “Ninfa rota”

Alfredo Gómez Cerdá, un dos máis importantes autores do panorama actual da literatura xuvenil en España, falou a estudantes de 2º e 3º de ESO de dúas das súas obras: Escoria e Ninfa rota. Os alumnos mostraron interese polos detalles da profesión de escritor e por algúns aspectos da trama destas novelase dos seus personaxes adolescentes. O acto, organizado polo Departamento de Lingua, foi presentado pola profesora Lisi Prado.

Alumnos de 2º de Bacharelato na Ruta do Quijote 2019

Do 14 ao 17 de marzo  recorremos a Mancha seguindo os pasos de Don Quijote: Argamasilla, Puerto Lápice, Alcázar de San Juan, Campo de Criptana, as Lagunas de Ruidera…, o  que se considera o xerme da inmortal novela cervantina ao tempo que, con esa escusa, nos acercamos á esencia dos sentimentos humanos universais: a convivencia, a amizade, a cortesía, etc.

Argumentos culturais e educativos que se puxeron en práctica, nestes 4 días, cos alumnos participantes de segundo de Bacharelato do noso instituto, ao xirar polos escenarios de Castilla-La Mancha e España.

Conferencia do escritor Emilio Pascual

As conferencias do escritor Emilio Pascual estiveron dirixidas ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e organizadas polo Departamento de Lingua Castelá.

Encontro coa escritora Mónica Rodríguez

Organizado polo Departamento de Lingua Castelá e dirixido ao alumnado de 1º de ESO.

XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía

O pasado 27 de outubro celebramos no Eusebio a fase de centro do XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía, na que participaron 30 alumnos de 2º de Bacharelato. O gañador, Ángel del Canto Facio, representou ao centro na fase autonómica, onde quedou SEGUNDO e suplente para representar a nosa Comunidade na competición nacional no caso de que o gañador non poida asistir. Parabéns Ángel e gracias a todo o alumnado que participou na fase de Centro.

 

Charo Vázquez Mourín


 

Fotos do arquivo da Ruta do Quijote.

Fotos rescatadas dos viaxes de anos pasados.

Ano 2005

Ano 2006

Ano 2007

Ano 2009

Ano 2010

Fotos da Ruta do Quijote 2011

Estas son unhas poucas, pero aínda virán máis...

II CONCURSO DE MICRORELATOS E RELATOS " INSPIRACIENCIA"

Púxose en marcha o II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA.

INSPIRACIENCIA é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e oInstituto de Ciencia de Materiales de Barcelona (CSIC).

por se vos animades a participar déixovos o enlace correspondente...

II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA

E ademais en adxunto para que descarguedes apuntes relativos a como se fai un microrelato :)

Tedes tempo ata o 12 de marzo. Animádevos! Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut