Os nosos Embaixadores Junior de 3º ESO, coordinados polo seu profesor de Física e Química, Daniel VarelaVarela, realizaron durante o mes de febreiro o proxecto:
“Contribución europea á ciencia”.
O proxecto consta de dúas partes diferentes. A primeira parte trata do financiamento europeo para a investigación científica e un resumo de catro descubrimentos científicos feitos polos europeos: o experimento de Oersted que demostrou como as correntes eléctricas creaban campos magnéticos, o descubrimento da radioactividade feito por Becquerel e as contribucións feitas tanto por Louis Pasteur como por Albert Einstein ao coñecemento científico.
Esta parte rematou con resumo dedicado ás vacinas contra o COVID-19.
No Infopoint do centro, os alumnos elaboraron un pequeno resumo visual de todas estas achegas científicas europeas.
Nunha segunda parte, os alumnos fixeron un mural de 3 metros de alto e 4 de ancho, titulado:
“A táboa periódica europea do Eusebio”.
É unha táboa periódica que tamén é a imaxe do edificio principal do noso Instituto.
No mural, os alumnos seleccionaron aqueles elementos descubertos polos europeos, marcándoos coa bandeira do país correspondente.
Tamén produciron un informe audiovisual explicando os diferentes experimentos, introducindo a táboa periódica e seleccionando dentro dela 5 elementos representativos dos países europeos, proporcionando información algo máis detallada sobre eles.
Con moita ilusión o luns 8 de marzo, Día da Muller, recibimos a Manel Cráneo para o obradoiro de Banda Deseñada. Aprendimos moitas cousas boas, trucos, técnicas, ideas... que nos servirán de grande axuda para o noso proxecto sobre o Hospital da Caridade e as rúas da Coruña. Pero sobre todo, convenceunos de que calquera pode facer unha BD con tal de ter vontade, non importa que debuxemos ben ou mal. Grazas Manel!
Tamén fixemos máis actividades para celebrar este día, podedes velas no noso blog.
Gran éxito das nosas alumnas e alumnos na XXXII Fase Local da Olimpiada Española de Física!!!
Foron seleccionados os alumnos Fuco González Prego e Hugo Rubio Fernández. NORABOA!, extensible tamén aos seus profesores/as Minia Prego, Daniel Varela e Loli Blanco, do departamento de Física e Química.
De esquerda a dereita: Hugo Rubio e Fuco González.
15 alumnas e alumnos preséntase á XXXVIII OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA: Antonio Barredo, Uxía Carrero, Olga Domínguez, Juan Domínguez, Lus Estévez, Noa Ferreño, Lidia García, Fuco González, Sara Grade, Lucía Lado, Laura Quintáns, Marcos Quiroga, Diego Rivera, Sabela Rodríguez, Hugo Rubio e María Vázquez.
Están preparados polos profesores Jesús Serna e Pedro Rodríguez, do Departamento de Física e Química.
Os alumnos e alumnas de segundo curso do Ciclo Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos do IES Eusebio da Guarda organizaron o pasado mércores 3 de marzo unha conferencia dixital sobre a adaptación do Acuarium Finisterrae á actual crise sanitaria. A relatora, Goreti Prego, resaltou a necesidade de manter o coidado dos animais durante o confinamento, circunstancia que lles obrigou a compaxinar a actividade presencial e telemática. Tamén subliñou a gran oportunidade que supuxeron as actividades virtuais para achegar o Acuarium ás familias e a outros públicos non habituais do museo como nenos hospitalizados, persoas con discapacidade ou maiores. Foi todo un pracer contar coa súa intervención!
Dende "Iguais na diversidade" queremos recordar a importancia da conmemoración do Día da Muller, por todo o que queda por facer, por todo o que aínda non é igualitario, porque necesitamos que todo o mundo sexa consciente das diferenzas aínda existentes. Por iso fixemos este vídeo no cal explicamos o porqué da conmemoración o 8 de marzo, o porqué da cor violeta e o porqué é necesario que sigamos a traballar en eliminar as desigualdades entre homes e mulleres. Por un mundo mellor! Apúnta te!
8M Que é iso?: Video coral do grupo Iguais na diversidade do IES Eusebio da Guarda, A Coruña.
Dende "Iguais na diversidade" queremos recordar a importancia da conmemoración do Día da Muller, por todo o que queda por facer, por todo o que aínda non é igualitario, porque necesitamos que todo o mundo sexa consciente das diferenzas aínda existentes. Por iso fixemos este vídeo no cal explicamos o porqué da conmemoración o 8 de marzo, o porqué da cor violeta e o porqué é necesario que sigamos a traballar en eliminar as desigualdades entre homes e mulleres. Por un mundo mellor! Apúnta te!
O 26 de Febreiro de 2021 visitounos o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil, para impartir unha charla sobre as Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñería Química aos rapaces de 4º da E.S.O. de Bioloxía e Xeoloxía. A súa ponencia dividiuna en tres partes: tipos de biotecnoloxías, grella empresarial galega destes eidos e percorridos académicos necesarios para desenvolverse profesionalmente neste sector punteiro no mundo. Como aprendimos con el, Galicia sitúase en boa posición de partida a este respecto. Desde hai tres anos existe o grado de Biotecnoloxía na USC, o CSIC ten varias estacións de investigacións punte ira na comunidade e hai multitude de empresas na xeografía galega que xa aplican ou desenvolven procesos biotecnolóxicos, como as distintas depuradoras de augas residuais no terreo ambiental, ou Lonza Biologics, ou Biofabri no terreo da biomedicina, sendo a última unha das poucas empresas a nivel mundial que fabricará a vacina contra o covid-19.
Os estudantes mostraron o seu respeto ao ponente en todo momento. A súa curiosidade levounos a pousar preguntas, sobre todo centradas nas alternativas de desenvolvemento académico que presenta esta rama do coñecemento.
En liña co estudo das aplicacións da Biotecnoloxía, os estudantes tamén presentaron os seus vídeos de divulgación científica, nos que explican o fundamento da proba do covid baseada na RT-PCR e a vacina de Pzifer. Nos próximos días se compartirán as ligazóns aos vídeos correspondentes.
Mª Jesús Mourazos, profesora de Bioloxía e Xeoloxía do IEP Eusebio da Guarda.
Horacio Diez, Coordinador do Programa EEPE estivo cos nosos Embaixadores Junior de 3º ESO
Os nosos Embaixadores Junior de 3º ESO participaron hoxe nunha breve Charla-Coloquio con Horacio Diez, coordinador do Programa EEPE en España.
A visita de Diez Contreras enmarcase no calendario do programa de actividades como Escola Embaixadora, na que participan un grupo de alumnos e profesores do noso Instituto.
O Departamento de Lingua Galega e Literatura xunto con Dinamización Lingüística organizou hoxe 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía De Castro, unha exposición conmemorativa para lembrar á nosa escritora máis universal.
Por mor da pandemia este ano non puidemos celebrar o Maratón de lectura no salón de actos, pero fixemos a lectura dos poemas de Rosalía en cada clase.
Unha representación de oito Embaixadores Junior de 3º ESO coa súa coordinadora, Mª José Rivas, foron invitados polo equipo de Europe Direct Coruña para participar no obradoiro:
“Onde atopar información sobre a Unión Europea. Información vs Desinformación” organizado por Europe Direct e a Deputación da Coruña.
Os Concelleiros de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, don Jesús Javier Celemín, e de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, don Juan Ignacio Borrego, así como os representantes de Protección Civil, fixeron entrega de 2000 máscaras no noso centro que se extenderá a todos os institutos da cidade. Acompañáronnos neste evento o Delegado da Xunta de Galicia, don Gonzalo Trenor, e a nosa Inspectora, dona Concepción Aramburu.
Carmen López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, que foron Catedráticas de Lingua Galega e Literatura no Instituto Eusebio, son as autoras do "Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego", presentado por Mª Rosario en Luar.