Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2020-2021

Actividades curso 2020-2021

Charla do antigo alumno Daniel Vázquez Pombo

O mércores 16 e o luns 21 de decembro, veunos visitar o antigo alumno do centro Daniel Vázquez Pombo. Dende que rematou bacharelato Daniel estivo na Universidade de Vigo estudando Enxeñería Eléctrica e posteriormente fixo un máster en Dinamarca sobre enerxías renovables. 
Estes dous días, Daniel estivo con alumnado do centro (alumnos do StemBach e alumnos de 2º de bacharelato) aos que lles explicou o proxecto de doutoramento que está a realizar na Universidade de Copenhagen: Producir o 100% da electricidade que consumimos con fontes renovables. Ademáis desta presentación Daniel tivo unha charla cos rapaces en relación as súas andanzas na ciencia, dende que saiu do instituto.
Grazas Daniel pola túa visita.

Exposición “A Lírica Galego- portuguesa medieval. Os Cancioneiros”

O Departamento de Lingua Galega e Literatura en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística organiza a exposición “A Lírica Galego- portuguesa medieval. Os Cancioneiros”. 

Expóñense os facsímiles dos tres Cancineiros da Lírica Galego-portuguesa: o Cancioneiro de Ajuda, o Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro Colocci-Bracutti, ademais do Códice do Escorial das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sábio e a Cantiga XXXVII de Fe Afonso X. Acompañando os facsímiles aparecen unhas láminas explicativas da Lírica trobadoresca conxuntamente con outras de imaxes medievais. Completan a exposición diferentes publicacións sobre esta etapa fundamental da nosa literatura.

Obxectivo: Que o alumnado de Lingua Galega e Literatura (sobre todo 1ºde Bacharelato) coñeza de primeira man o que supuxo a Escola Galego-portuguesa e a cultura trobadoresca na história da Literatura Galega.

A exposición permanecerá ata febreiro de 2021.

Bo Nadal!

Gran éxito, outra vez, dos nosos alumnos no DELF SCOLAIRE 2020!!!

Gran éxito, outra vez, dos nosos alumnos no DELF SCOLAIRE 2020 !!!

Por quinto ano consecutivo, os nosos alumnos de Francés que se presentaron para a obtención do título do DELF Scolaire, 17 de 18 alumnos obtiveron a calificación de admis (apto). Presentáronse:

     2 no nivel A2

   11 no nivel B1

     5 no nivel B2

A súa preparación estivo a cargos dos profesores de Francés Dna. Mª Jesús Quintáns, D. Juan Carlos Méndez e Dona Mª José Barreiro

O APALPADOR chega ao Eusebio da Guarda!

O Equipo de Dinamizacioón Lingüística en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha recollida de mensaxes en galego en nome do Apalpador para animar á toda a comunidade educativa neste ano especialmente difícil. Agradece a enorme participación e seguirá con nós ata as vacacións de Nadal cando marchará a outras terras coa súa mensaxe de esperanza.

Ata o vindeiro Nadal.

A tecnoloxía con alegría

Destapa a túa creatividade !

O alumnado de 4ºC e 4ºE da ESO, da materia de TIC, enfrontouse ao reto de deseñar as tarxetas identificativas do noso Instituto nas cales, na parte frontal era requisito transformarse nunha profesión que lles parecese atractiva e pola parte de atrás tiñan licenza libre para realizar un deseño orixinal e divertido. Sorprendéronnos con todo tipo de profesións e aventuras interesantes e o máis importante, déronse conta, que a creatividade está dentro de todos nós, desterrando o mito falso, de que algúns non somos creativos. 

Doutra banda o alumnado de 1º Bacharelato de TIC, 1º G, e 1ºD-E, convertéronse nunha empresa de deseño, co propósito de traballar as competencias nun caso real. Encargóuselles deseñar unha orla innovadora para a súa clase, onde tanto as ideas, como a xestión do proceso, asignación de roles, organización do tempo , detección de necesidades de formación e posta en marcha fose liderada integramente polo alumnado. Ademais debían presentar o proxecto diante da directiva do Instituto.  Ao comezo do proxecto estaban convencidos de que sabían traballar en equipo e a verdade revelou que aínda tiñan moito que aprender. A idea final de 1ºG consistía en crear unha Orla, en formato de revista, cunha historia común que enlazase a vida dos seus protagonistas, é dicir do propio alumnado transformado en avatares fantásticos. Doutra banda, a clase de 1ºD-E, lanzou a idea de construír un portátil, en cal dentro do escritorio tivesen iconas de programas con forma de avatar representativos de cada un deles.

O resultado final non foi espectacular, se falamos do produto, pero iso non é o importante. 

O importante é que o alumnado tivo que realizar unha fase de reflexión posterior sobre o traballo realizado, identificar erros e acertos e facer unha presentación coas mellores prácticas para traballar en equipo. Con este enfoque, o proxecto foi un éxito, xa que puideron identificar erros, reflexionar sobre eles e trazar unha folla de ruta, con pequenos pasos, que lles sirva de axuda en sucesivos proxectos.

Convidamos o alumnado a seguir potenciando a súa creatividade, a súa curiosidade, as súas ganas de aprender e a seguir cometendo millóns de erros, co firme obxectivo de aprender e mellorar.

 

Carla Balay Couso e Miriam Ntahokutari Martínez foron galardonadas con 2 Áccesits

As alumnas de 1 ESO A Carla Balay Couso e Miriam Ntahokutari Martínez foron galardonadas con 2 Áccesits polo seus debuxos no concurso de postais navideñas organizado polo Museo Histórico Militar. Nesta XXIV edición participaron 2500 alumnos/asde 1 de infantil a 2 ESO.

Our memes

 Eiquí tedes unha mostra dos traballos realizados polo alumnado de Educación Plástica Visual e audiovisual coa profesora Eva Vérez. Tratase de  Memes para difundir na Internet  falando sobre o tema do ano,  o COVID-19.

Baixo o tema  “Ti podes dicir algo” podedes ver a creatividade do noso alumnado.

Marcos Grobas Martínez, premiado na 15ª edición de Galiciencia

Marcos Grobas Martínez, alumno de 1º de Bacharelato deste Instituto e do programa STEMbach, foi premiado co Proxecto para a mellor comunicación da 15ª edición de Galiciencia "Musicando xenes". Proxecto que elaborou sendo alumno de 4º de ESO no IES Manuel Murguía de Arteixo. NORABOA!

 

Xa temos a nosa Árbore de Nadal

Xa temos instalada a nosa 'árbore de nadal' do instituto Eusebio da Guarda. 

Está feito coas mamparas das clases que foron rompendo neste meses do novo curso.

Co desexo de que rompamos, de xeito seguro, as verdadeiras mamparas que nos separan. 

Adicado a todos e todas vós. Grazas.

Realizado polo profesor de Bioloxía, e membro da comisión COVID, Manuel Varela e montado coa axuda do profesor Manuel Blanco, do mesmo departamento.

 

CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA REVISTA NÓS

CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA REVISTA NÓS

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística celebran o Centenario da publicación da Revista Nós cunha exposición en homenaxe ao Grupo Nós.

Concurso medidores de CO2

Primeiro premio:

  • Debuxo: 1ºA ESO
  • Nome: 1ºC ESO

Segundo premio: 3ºA ESO

Zapatos vermellos

Celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero: exposición a cargo do alumnado de Eva Vérez.

8 ALUMNAS DO NOSO CENTRO PREMIADAS NO VI CONCURSO DE DEBUXO PICASSO CORUÑÉS

8 ALUMNAS DO NOSO CENTRO PREMIADAS NO VI CONCURSO DE DEBUXO PICASSO CORUÑÉS

O Premio Picasso Coruñés ao mellor xornal foi para Cristina López, cunha dotación de 450€. O Premios José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración e o Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción, dotados cada un con 300€, foron para Claudia Díaz e Alba García respectivamente. 

Ademais obtiveron accésits Dolores García, Yolanda Rey - Paula Taboada, Icía Amboage e Sara Ruiz. Os traballos presentáronse a finais do curso pasado, cando todas as alumnas cursaban 1ºESO, e foron coordinadas pola profesora Noemí Díaz Vázquez.

As obras están expostas ao público na Casa Museo Picasso (R/Payo Gómez 14 baixo)
.

Parabéns ás premiadas pola recompensa dun gran traballo!

DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGO-CASTELÁN CASTELÁN-GALEGO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura dá os parabéns ás ex profesoras e xefas do departamento as catedráticas de Lingua Galega e Literatura dona Carme López Taboada e dona Rosario Soto Arias co gallo da publicación do seu DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGO-CASTELÁN CASTELÁN-GALEGO.

Parabéns de toda a Comunidade educativa dp Eusebio da Guarda!

Aviso da AMPA sobre o Banco de libros

AMPA RIAZOR. BANCO DE LIBROS - ÚLTIMA ENTREGA Y LIQUIDACIÓN

Estimadas familias:

Desde el Ampa Riazor os comunicamos que ha habido un excedente de libros a repartir del banco de libros de prėstamo. Por ese motivo, os invitamos a pasaros por el local del AMPA el próximo jueves, día 01/10/2020 (de 16 a 18 h.) por si aún no disponéis de alguno de los libros de texto de este curso.

Es una convocatoria a todo el instituto; aquellos que no sois socios, podréis haceros socios en  ese momento (cuota anual: 10 euros/familia. Pago en efectivo) y poder conseguir alguno en este último reparto.

NOTA: disponemos de bastantes libros de todos los cursos, excepto de 4º de la ESO, que se han agotado.

Os esperamos: Jueves 01/10/2020 (de 16 a 18 h.) En el local del AMPA, por la entrada principal del instituto.

ampariazor@gmail.com

Tel. 667029721

https://www.facebook.com/ampa.riazor

Distribuir contido


by Dr. Radut