Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Unha alumna, subcampeona de Galicia

O pasado 31 de outubro celebrouse o Campeonato Galego de Ximnasia Rítmica. Valeria Delgado Domínguez, alumna de 2º da ESO e membro do clube María Barbeito, proclamouse Subcampeona de Galicia na categoría infantil federado ARO.

E máis aínda, clasificáronse para o Campeonato Nacional que se disputará en Valladolid. Parabéns!

Dúas profesoras entrevistadas na Voz de Galicia

 

María José Martínez Girón e Nieves López Agrasar son profesoras no Eusebio. Aceptaron facer unha entrevista co gallo das reformas propostas por José Antonio Marina recentemente. Hoxe o diario publicou as súas opinións. Podes ler a entrevista completa facendo clic na imaxe.

 


 

 

 

Alumnos do Eusebio premiados polos seus logros

A nai de Gonzalo, Aurora Castro, enviounos dúas fotos do equipo español desde Puerto Rico.

Gonzalo levaun sombreiro nesta foto. Na esquerda aparece o "coidador", membro da organización que lles acompañaba no país.


 

En lembranza das vítimas. Todos somos París

 

Minuto de silencio en lembranza das vítimas de París. (Fotos: varios autores)

(Deseño de Jean Jullien)

Actualización:

Os alumnos do colexio de Fontenilles (France) fixeron un padlet para recoller os seus pensamentos. Nel tivo cabida a nosa aportación.

La Voz de Galicia fíxose eco da nosa protesta silenciosa. Aquí o enlace para velo. Asemade, noutro artigo, ampliou a información.

Engadimos outra foto panorámica:

 (Foto: Mario S. García)


 

Un alumno do Eusebio gaña o premio extraordinario de Bacharelato ao curso 2014-15

 

Pedro Tomé Veira, alumno do Eusebio, ven de ser agasallado pola Xunta de Galicia tras acadar o premio extraordinario de Bacharelato. Parabéns!

Actualización: Pedro obtivo a terceira mellor nota da comunidade autónoma: 26,8, empatado con outros dous mozos. A Voz de Galicia ven de recoller a información:

 

 


 

Sous le ciel de La Corogne

Lembrando a lexendaria canción de Edith Piaf "Sous le ciel de Paris", poidemos escoitar aos alumnos participantes no intercambio con Fontenilles (Francia) na sala de usos múltiples, o pasado 16 de outubro.

 
Unha nova edición do noso intercambio para alumnos de 3º e 4º da ESO púxose en marcha e 30 alumnos do collège Irène Joliot-Curie visitáronnos na nosa cidade a semán pasada..

As actividades realizadas foron moitas e os lazos estreitábanse cada vez máis. Agora toca o intercambio epistolar ata que chegue a primavera, aló polo mes de abril devolverémoslles a visita.

O momento da despedida foi triste pero esa tristeza hase ir tornando pouco a pouco en ilusión ante o achegamento da data elexida para viaxarmos nós ata terras galas.

Nestes días fixemos moitos amigos, agardamos que esa amizade que comeza, perdure moito tempo. Estamos seguros que na segunda parte deste intercambio verase fortalecida. Ata pronto amigos.

À très bientôt. Bises de nous tous.

Ampliación: O programa Boas Tardes da CRTVG recolleu a visita cando os rapaces visitaron Cambados. Aquí podes velo.

 

 

 

 

Visita na alcaldía

(Foto:Concello de A Coruña)

 

Nun contexto espléndido, nunha estancia cun cadro de Laxeiro, a Directora e mais a Vicedirectora do Instituto foron recibidas este pasado mércores 26 polo señor alcalde da Coruña, D. Xulio Ferreiro, quen estivo acompañado polo xefe de gabinete, o señor Iago Martínez. A visita era para comunicarlles os actos de celebración do 125 aniversario do funcionamento do Instituto ‘Eusebio da Guarda’, así como para sumar esforzos na potenciación do noso Salón de Actos, auténtico paraninfo cultural para a vida coruñesa. Igualmente, solicitamos da nova corporación municipal a súa presenza, seguindo na mesma liña cás corporacións anteriores, á hora de celebrarmos entre todos o certame literario ‘Rita Suárez Amado’. O recibimento foi cordial, como debe ser entre Institucións que desexen traballar a prol do futuro da nosa cidade.


 

 

Ana Inés Jabares estrea "Lela & Co" no Royal Court de Londres

(Foto: La Voz de Galicia)

A escenógrafa coruñesa Ana Inés Jabares Pita, quen estudou ESO e bacharelato no noso centro, debuta o próximo 3 de setembro no prestixioso Royal Court de Londres coa escenografía de Lela & Co, de Cordelia Lynn. Ana Inés xa fora anteriormente  galardoada co premio Linbury. Poderemos ver o seu traballo aquí en Galicia, concretamente en Santiago, en outubro, coa obra “Elementa”. 

Parabéns á nosa ex alumna, aos pais (ambos os dous catedráticos xubilados de Debuxo), e aos seus profesores! Desde aquí desexámoslle que continúe feliz e exitosamente coa súa profesión.


Entrega dos premios de excelencia na USC

Coma noutras ocasións, varios alumnos do Eusebio acudiron á chamada da Universidade de Santiago de Compostela a recoller os premios á excelencia.

E celebrárono comendo unha mazá, símbolo do programa A Ponte da USC.

Actualización: Podes ver os videos do acto facendo clic aquí.


 

Videos da iniciativa "Clases sen fume"

"Todo o alumnado"

"Subida do cigarrillo"

"Canción"

"Verbas da Directora"

"Presentación 1º ESO A"

"Presentación 1º ESO B"

"Presentación 1º ESO C"

"Presentación 1º ESO D"

(Actividade levada a cabo polos titores de 1º da ESO. Os videos sson do profesor Roberto Zuluaga)

Viaxe aos Picos de Europa de 4º ESO

 (hai moitas fotos máis facendo clic na imaxe)


 

Concurso Canguro Matemático 2015

(Hai máis imaxes. Fai clic para velas)


 

Rafting no río Ulla do alumnado de 3º ESO

 (fai clic na imaxe para ver máis fotos)


 

Sendeirismo e Kaiak nas Fragas do Eume

Para finalizar o curso 14/15, o alumnado de 1º ESO, o pasado 18 de xuño, realizou unha actividade no entorno das FRAGAS DO EUME, na que se combinaron 2 actividades: roteiro (7 kms aprox) e Kaiak no encoro de Monfero. 

Tras un duro e longo curso, de adaptación a un novo centro, novo profesorado e novos compañeiros, todos se relaxaron e disfrutaron da natureza na compaña dos seus titores, Roberto (1ºA), Ricardo (1ºB), Cristina (1ºC) e Silvia (1ºD), e Alejandro (FR).

(fai clic para ver máis fotos)

Finalizouse a xornada cunha parada diante do Mosteiro de Monfero, antes de regresar a nosa cidade.

 

Parabéns a todo o alumnado, tanto dos monitores da empresa como dos profesores,  polo seu comportamento e destreza nas actividades realizadas.

Prof. Roberto Zuluaga

Alumnos de 1º ESO foron invitados a un partido do Depor

O pasado 18 de abril, máis de 80 alumnos/as de 1º ESO tiveron a fortuna de presenciar no Estadio de Riazor, o encontro de fútbol DEPOR-AT. MADRID, en tribuna.

A pesares de que o resultado 1-2, non foi do agrado da meirande parte do alumnado, o seu alento quizáis serviu para que finalmente o DEPOR acadase a tan ansiada permanencia na máxima categoría do fútbol español.

 

(fai clic para ver máis fotos)

Os alumnos foron acompañados por Roberto e Ricardo (titores) e por varios adultos máis.

 

Grazas a Mónica Ferreño (nai dunha alumna), quen fixo posible que moitos alumnos  pisasen por primeira vez o Estadio de Riazor.

Prof. Roberto Zuluaga

Distribuir contido


by Dr. Radut