Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Xa está en marcha o concurso Gañapuntos 2014/15

A Biblioteca do Instituto, en colaboración co Club de Lectura, dá comezo un ano máis ao Concurso Gañapuntos de preguntas. Unha pregunta cada semana. Vas sumando puntos e ao final quen xunte máis puntos, recibe un premio. Como relembraredes, en maio do 2014 a gañadora levou a magnífica edición -agasallo da Fundación Barrié- dos contos da coruñesa Emilia Pardo Bazán. Entra cada martes no blog da Biblioteca do Instituto: O Faro de Sofía
Moita sorte e moitas ganas de mergullarte nos libros! Mellor aínda có baño das nove ondas!


 

Voltou de Sudáfrica cunha medalla de bronce!

O noso alumno Gonzalo Cao Labora, membro da selección española para a IMO 2014 (a Olimpiada Matemática Internacional), acadou unha medalla de bronce nesta tan difícil competición.

Unha vez máis, os nosos parabéns a él e a todo o equipo.

Máis info: Real Sociedad Matemática Española.


 

The Big Challenge 2013-14

 

En 1º de ESO a clasificación foi liderada por Marta Roibás, seguida por Lucía Granados e Juan José Queijeiro.

En 2º de ESO houbo empate entre as catro primeiras: Lucía Yáñez e a súa irmá Lara, Inés Villa e María Vales. Parabéns!


 

Presentación do número 6 da revista "Alén da chuvia"

Celebramos o xoves 19 a festa das letras. Había unha boa razón, presentar o número 6 da revista, auténtico buque-insignia, do Instituto, “Alén da chuvia”. Neste número hai unha nutrida representación do bo facer literario de alumnado e profesorado. Non deixedes de comprobalo. Como vedes nas fotos, actuou o coro do Eusebio da Guarda. 

 

A ocasión era propicia para entregarlle a Lucía Blanco Miguéns o premio como vencedora do concurso “Gañapuntos” que celebramos –unha pregunta semanal- durante as vinte primeiras semanas deste curso, nunha estreita colaboración entre Club de Lectura e Biblioteca do Instituto. O agasallo consistiu nunha magnífica edición en catro volumes dos relatos da coruñesa Emilia Pardo Bazán. Agradecemos desde aquí á Fundación Barrié, sempre ao servizo da nosa cultura, a súa xenerosa contribución en libros para a mellora e estímulo do alumnado participante no Club de Lectura do IES ao que nos honramos de pertencer. Vedes na foto correspondente a Lucía, o Coordinador de “Alén da chuvia” e Xefe de Dinamización Lingüística, Xulio Cuba Orosa e mais a Vicedirectora, Mª Rosario Soto Arias.

 


 

Dúas alumnas seleccionadas para o Festival Internacional Mundos Digitales

As alumnas Andrea Tubio Rey e Iria Amigo Barreiro, ámbalas dúas de 4º ESO, foron seleccionadas para realizar o Obradoiro de Creación de Personaxes a cargo do diseñador Carlos Grangel que terá lugar dentro do "Festival Internacional Mundos Digitales" a primeira semana de xulio.

Participaron no concurso de creación de dous personaxes de animación chamados Noah e Halo, partindo dun pequeno guión. Durante o obradoiro poderán desenvolver por completo os seus dous personaxes.

Despedida de 2º de bacharelato, curso 2013/14

Un ano máis chegou o momento de despedir, coa máis grande das ledicias, á promoción de segundo de bacharelato. Onte foi o acto de despedida, tan esperado por eles. Nós, con algunha bágoa de pena, desexámoslles o mellor. A súa verdadeira aventura empezará agora...


Pedro Tomé acada o primeiro premio do Condado na súa estadía nos Estados Unidos

Se fai unhas datas dábamos conta do éxito dun dos nosos alumnos nos Estados Unidos, agora veñe de repetilo a un nivel máis grande:

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut