Presentación do número 6 da revista "Alén da chuvia"
Celebramos o xoves 19 a festa das letras. Había unha boa razón, presentar o número 6 da revista, auténtico buque-insignia, do Instituto, “Alén da chuvia”. Neste número hai unha nutrida representación do bo facer literario de alumnado e profesorado. Non deixedes de comprobalo. Como vedes nas fotos, actuou o coro do Eusebio da Guarda.
A ocasión era propicia para entregarlle a Lucía Blanco Miguéns o premio como vencedora do concurso “Gañapuntos” que celebramos –unha pregunta semanal- durante as vinte primeiras semanas deste curso, nunha estreita colaboración entre Club de Lectura e Biblioteca do Instituto. O agasallo consistiu nunha magnífica edición en catro volumes dos relatos da coruñesa Emilia Pardo Bazán. Agradecemos desde aquí á Fundación Barrié, sempre ao servizo da nosa cultura, a súa xenerosa contribución en libros para a mellora e estímulo do alumnado participante no Club de Lectura do IES ao que nos honramos de pertencer. Vedes na foto correspondente a Lucía, o Coordinador de “Alén da chuvia” e Xefe de Dinamización Lingüística, Xulio Cuba Orosa e mais a Vicedirectora, Mª Rosario Soto Arias.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Presentación_AléndaChuvia_6.jpg | 992.88 KB |