Hoxe no Salón de Actos do noso instituto presentouse a unidade didáctica “María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo” realizada polas matemáticas Mª José Souto e Ana Dorotea Tarrío.
A famosa matemática, Doutora Honoris Causa pola UDC, foi alumna deste centro, cando aínda era feminino.
(fotos: Pedro R. Porca, fai clic para ver máis)
Ao acto asistiron o Sr. Vicepresidente da Xunta de Galicia, don Alfonso Rueda, o Sr. Alcalde, don Carlos Negreira; a Sra. Secretaria Xeral de Igualdade, dona Susana López Abella, familiares de María Josefa Wonenburger, a Sra. Delegada da Xunta da Coruña, dona Belén Docampo, o Sr. Concelleiro de Educación do Concello da Coruña, don Miguel Mourelo, a Sra. Decana da Facultade de matemáticas, dona Victoria Otero, a Sra. Subdirectora Xeral de Promoción da Igualdade, dona Mª Pilar García-Rodeja, a Sra. inspectora de Educación, dona Berta Estrada, profesores e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
Proxectouse un vídeo sobre a vida da homenaxeada e mais as liñas mestras da unidade.
No seu discurso o Sr. Rueda destacou que as estatísticas de mulleres e homes que optan por unha carreira técnica (15%/VS/40%) aínda son desfavorables á muller. E fixo votos por que as cousa cambien xa que, engadiu, a sociedade está perdendo oportunidades.
Actualización: Enlaces á noticia nos medios de comunicación: