Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Os libros no cordel

A Biblioteca do Eusebio escolleu está orixinal forma de anunciar as súas novas incorporacións. A idea dos "Libros no cordel" vén dunha antiga tradición de venda dos libros nas feiras. Aquí tes unha mostra. Cómics e libros agardan que os acollas nos teus soños de cada día. A que esperas?

 

Necrolóxica

Fotografía de Felipe Criado nunha xubilación de colegas do instituto no 2008 (foto de Fidelina Seco)

Fotografía de Felipe Criado nunha xubilación de colegas do instituto no 2008 (foto de Fidelina Seco)

Faleceu o noso ex compañeiro, o ilustre pintor D. Felipe Criado Martín. Foi director da Escola de Artes e Oficios ‘Mestre Mateo’ de Santiago de Compostela, membro da Real Academia de Belas Artes ‘Nosa Señora do Rosario’ da Coruña, catedrático de debuxo no noso Instituto desde o ano 1964 ata 1993, ano en que se xubilou.

A Comunidade Educativa do IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’ quere expresar publicamente a súa condolencia polo falecemento.

"Lucubración para una dinámica Espacio-Tiempo, Historia-Universo". Mural pintado por Felipe  Criado para a sala de profesores do noso instituto. (Foto de Mario S. García)

Vista da Praza de Pontevedra desde a que fora a aula de debuxo na década dos 60. Aquí daba clase daquela Felipe Criado. (foto de Mario S. García)

 


 

Concurso Gañapuntos, undécima semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB.

A IMAXINACIÓN AO PODER

 

11ª SEMANA. 11ª PREGUNTA

 

 

 

Un grifo violento, moito máis que aquel que dá nome ao noso club, se abate contra os viaxeiros… Hai unha loita cun dragón, e hai unha illa-peixe. Brandán e os outros catorce viaxeiros navegan sete anos. O autor deste libro dedícallo á raíña Matilde na corte anglo-normanda no século XII. A pregunta é: Como se titula o libro? (1 punto)


Visita do Club de Lectura a Real Academia Galega

Os Cazatesouros do noso Club de lectura visitan a biblioteca da Real Academia Galega. A bibliotecaria, Ana Menéndez, amósanos varias xoias bibliográficas. Entre elas a edición príncipe de Cantares Gallegos. Máis información proximamente no blog do club de lectura.


 

Concurso Gañapuntos, décima semana

 HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 VIVIMOS RODEADOS DE PALABRAS

 

10ª SEMANA. 10ª PREGUNTA

 

 

Hai un relato do coruñés Luís Rei Núñez onde se fala do decálogo do adestrador arteixán do Deportivo. O primeiro mandamento fala de apoiar o compañeiro, etc., etc. Bonito. A pregunta é:

 

Como se titula ese relato?  (1 punto)

 


 

 

 

Concurso Gañapuntos, novena semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB 

9ª SEMANA. 9ª PREGUNTA

 

A POESÍA DELONGA A VIDA 

O silencio da noite constelou a cidade

e escura luz esplende na vella pedra núa.

O vento mariñeiro canta na inmensidade

e sobe o mar amigo compasado de lúa.

 

O cristal tremolece na fondura da ría.

Na noite mariñeira son diamantes as horas,

e se cadra hai no mar unha melancolía

de alteirosas historias e cantigas sonoras.

 

Talvez luz ardorosa no fondo do mar dorme,

talvez se xeste ó lonxe un claro vento enorme

e os cabalos do abrente veñan galopear,

 

pero a noite é serena e vella a fría pedra,

e o silencio é de prata que leveda e que medra,

e sombrea a cidade receoso estrelar.

 

A PREGUNTA É: a que cidade dedica este soneto o poeta Darío Xohán Cabana?

(1 punto)


Consello Escolar 2023/24

CONSELLO ESCOLAR CURSO 2024/25

 

DIRECCIÓN

Mª Isabel Ruso de Lago (Directora)

Elena Miranda Fernández (xefa de estudos diúrno)

María del Carmen Aquino Acuña (xefa de estudos nocturno)

Mª Isabel Quiroga Fernández (secretaria)

 

PROFESORADO

Dulce María Fernández Graña

Abel Fernández Maroño

Mª Teresa Pastor Novo

Manuel Varela Domínguez

Daniel Varela Varela

Helena Vilá San Claudio

 

 

 

ALUMNADO

Ha Nul Kim Youm (2ºA BACH)

Levon Mkrtychyan (4ºC ESO)

Santiago Vilas Subirán (2ºF BACH)

 

NAIS/PAIS

 

PERSOAL NON DOCENTE

Luis Pérez Fernández

 

CONCELLO

Francisco Javier Mato Fariña

 

BIBLIOTECA

Antonio Fondo Rodríguez

 

REPRESENTANTE DA AMPA

Gabriela Matarranz González 

Premio Extraordinario da ESO en rendemento académico. Ano 2012/13

O noso alumno Gonzalo Cao Labora é Premio Extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2012/2013. Obtivo a segunda mellor nota de Galicia.

 

 

Parabéns a Gonzalo, á súa familia e aos seus profesores!

 

(Aínda máis. Podedes ver os seus artigos no blog "En los Umbrales de la Ciencia".)

_____________________________________________

Primeiro concurso de Debuxo "Picasso Coruñés"

A Fundación Emalcsa e o Concello coruñés han convocado este concurso para alumnos de primaria e de ESO. Lede as bases e... participade!

 

Visita dos alumnos do colexio Irène Joliot-Curie

Dende o día 13 ata o 18 do mes de outubro recibimos no noso centro a un grupo de 26 alumnos acompañados de tres profesoras do colexio Irène Joliot-Curie de Fontenilles (Haute Garonne).

 

Ao igual que o ano pasado, estes estudantes franceses foron acollidos polas familias dos nosos alumnos de 3º e 4º de ESO, participantes este ano no intercambio escolar co país galo. 

Durante estes días elaborouse para eles un completo programa cheo de actividades, viaxes e encontros, que ían dende as visitas aos principais museos  e fermosos lugares da nosa cidade, viaxes a Santiago de Compostela e Rías Baixas, ata xogos na rúa. 

Rematouse esta primeira parte do intercambio cunha festa no instituto de tódolos implicados (familias, alumnos e profesores) onde non faltaron a música, o baile o os petiscos para todos.

 A finais do mes de marzo serán os nosos alumnos de 3º e 4º  de ESO os que se desprazarán ata Fontenilles, alí poderán coñecer  o ambiente escolar,  a rexión na que está situado o colexio, probar a súa gastronomía e por suposto poñer en práctica a fermosa lingua de Molière."

Concurso Gañapuntos, sexta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 6ª SEMANA. 6ª PREGUNTA

Que é o "Caderno Escocés"? 

Concurso Gañapuntos, quinta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

A POESÍA DÁLLE LUZ AO MUNDO

5ª SEMANA. 5ª PREGUNTA

Ese Benito Soto leva a morte nos ollos” -asegurou no buró da Casa de Barcia o Contramestre Vesgo.

De todos modos Victor Hugo xa está a salvo en Guernesey”- comentou Marcoff despois de cuspir tabaco e flemas varias, ben sentado nun norai da doca de Pensanze.

Solicitudes recibidas para participar no programa ERASMUS-FCT 2014

Rematado o prazo de inscripción para participar no programa ERASMUS-FCT 2014, faise pública a listaxe de solicitudes recibidas:

1.- Barja Centeno, Ana

2.- Ciordá Naya, Jessica

3.- Leis Suárez, Alba

4.- López Méndez, Marta

5.- Menaya Fernández, María

6.- Regueiro Lendoiro, Álvaro

7.- Riveiro Barreiro, Miguel Angel

8.- Tato Regueiro, Melisa

 

En A Coruña, a 22 de outubro de 2013

O departamento de Programas Europeos - Erasmus

"En los Umbrales de la Ciencia", outro blog para os seguidores do "Eusebio"

Desde fai uns meses un grupiño de alumnos do instituto, algúns deles temporalmente noutro lado do Atlántico, escriben sobre ciencia, tecnoloxía e as súas vidas no blog "Los Umbrales de la Ciencia". Altamente recomendabel!

Un novo blog para os alumnos e seguidores do "Eusebio"

Entra no blog do noso Club de Lectura. Velaquí tes o seu enderezo:

Cazatesouros.blogspot.com.es

Comunícate connosco e dános das túas ideas.

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ERASMUS-FCT

AVISO:

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ERASMUS-FCT

 Notifícase aos alumnos de Ciclos Formativos que se abre o prazo para se inscribir no programa Erasmus-FCT.

 O prazo de recepción de candidaturas queda fixado entre o luns 14 e o venres 19 de outubro de 2013.

 As solicitudes deben presentarse consonte aos modelos predeterminados (FCTERAS001_Solicitud-inscripcion-1 e FCTERAS002_Protocolo_de_compromiso) que se poden descargar desde a web do centro (sección Departamentos – Erasmus Programas Europeos – Actualidade) ou desde o computador “Turismo05” da aula 27,en formato impreso, directamente ao Coordinador, ou na Conserxería do Centro en horario de tarde.

Para maior información, ou aclarar dúbidas, por favor contactade co Coordinador do Programa Erasmus-FCT, Felipe S. Gómez Taibo, en horario vespertino.

En A Coruña, a 14 de outubro de 2013

 

O Departamento de Programas Europeos - ERASMUS

A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO COLABORA COA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE DURÁN LORIGA

Os días 4 e 9 de outubro recibimos a visita de Mercedes Cerdeiras, a representante da nosa biblioteca de referencia, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil sita en Durán Loriga, acompañada de Pedro Ramos. A idea era animar aos alumnos do primeiro ciclo da ESO a que usen e gocen das oito bibliotecas que constitúen o sistema municipal coruñés de bibliotecas. Un sistema rico, dos melloriños de España, con máis de 14.000 socios.

Pedro argallou unha “performance”, como din os ingleses, é dicir, interactuou cos rapaces nunha divertida dinámica na busca e procura de novos lectores. Armados de papel e lapis nun momento dado tiñan que escribir tres palabras: unha inicial, por exemplo Delfín, unha segunda que fose verbo e que comezase pola primeira letra, por exemplo domar e unha terceira, un substantivo, que empezase pola última, nariz. E con estas tres palabriñas fornecidas por un rapaz calquera, e así con máis tríos de palabras escollidas ao chou, Pedro foi creando contiños breves que a todos nos fixeron rir: Era un delfín que fora domado por un home SEN NARIZ! (Etc.).

Zapato...zurrar... oso. Entón armaba unha historia cun zapato KAMIKAZE...

Realmente cómpre ter imaxinación nesta vida para ser feliz. E tanto para unha cousa como para outra, nada mellor que acudir á Biblioteca Municipal de referencia do noso instituto, a de Durán Loriga, onde Pedro Rama está buscando rapaces para un curso de relato fantástico.

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Programación dos Concertos Didácticos 2012-2013

Clicka na imaxe para vela mellor.

Agradecemento do Banco de Alimentos Rías Altas

O presidente do Banco de Alimentos Rías Altas ven de agradecer a colaboración do instituto na Campaña Solidaria Operación Kilo que se fixo fai unhas data. Desde aquí queremos facela extensiva a todos os participantes.

Resultados do Big Challenge 2012

Unha vez máis estamos de noraboa: O alumno Nicholas Twine Padín acadou o primeiro premio a nivel provincial, Diploma First Class Honours e Supercopa da provincia. Os alumnos David Baamonde López e Jorge Manuel Blanco Domínguez acadaron o segundo posto na provincia da Coruña.

Parabéns aos nosos alumnos participantes, e especialmente aos premiados!

Distribuir contido


by Dr. Radut