Alumnos de 1º ESO foron invitados a un partido do Depor
O pasado 18 de abril, máis de 80 alumnos/as de 1º ESO tiveron a fortuna de presenciar no Estadio de Riazor, o encontro de fútbol DEPOR-AT. MADRID, en tribuna.
A pesares de que o resultado 1-2, non foi do agrado da meirande parte do alumnado, o seu alento quizáis serviu para que finalmente o DEPOR acadase a tan ansiada permanencia na máxima categoría do fútbol español.
(fai clic para ver máis fotos)
Os alumnos foron acompañados por Roberto e Ricardo (titores) e por varios adultos máis.
Grazas a Mónica Ferreño (nai dunha alumna), quen fixo posible que moitos alumnos pisasen por primeira vez o Estadio de Riazor.
Prof. Roberto Zuluaga