Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

África contada

Onte, día 11 de novembro, conmemorábase o día das librarías. Con tal motivo o departamento de francés quixo render tributo a este acontecemento e invitou a Samuel Mountoumnjou para que lles contara historias aos nosos alumnos. 

Este contacontos, de orixe camerunés, aínda que vive en España dende hai algúns anos, adícase tamén ao ensino. Nestes intres atópase en Galicia facendo unha xira por centros culturais e institutos propagando a literatura oral africana, na que el foi educado.  

Faise rapidamente co público e, en especial, cos rapaces dende que sae á escena ataviado coas roupas típicas do seu país e acompañado por diversos obxectos que servirán de ilustración para a compresión dos seus contos.

O venres deleitounos cun primeiro conto “L’éléphant qui perdit son oeil”  adaptado dunha fábula de orixe camerunesa, para pasar despois a un conto etíope “C’est qui le roi?

 

Os alumnos axudábano no seu labor, colaborando na interpretación das distintas personaxes. Axiña se conseguiu un nivel alto de complicidade co público asistente. Temos que dicir que pasamos un bo rato no día da conmemoración do Armisticio de 1918 que marca o final dos combates da primeira guerra mundial, día festivo en Francia. Pasámosvos algunhas fotos tomadas durante o acto.

 

(Estas fotos e outras poden verse facendo clic aquí)


 



blog | by Dr. Radut