Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Visita á refinería do alumnado de bacharelato

Un grupo de 25 alumnos de Bacharelato visitaron a refinería de Repsol dentro da materia de Tecnoloxía Industrial que están a cursar.  Foron acompañados polos profesores Rosa Fernández Salmonte e Mario S. García González.

Os alumnos puideron coñecer o interior das instalacións a través dun itinerario guiado polo técnico David García González. O percorrido incluía unha introdución e breve explicación da refinería e as súas funcións no seu auditorio e unha ruta pola planta industrial onde puideron ver as diferentes unidades do proceso produtivo.  

 

As Cantigas dos alumnos, parte II

Fai clic na imaxe para velo.

As Cantigas dos alumnos, parte 1

 

O pasado mes de outubro creouse un novo blog para a dinamización da língua galega: "A artesa do Eusebio". Neste blog publicáronse os traballos que sobre as Cantigas fixo o alumnado de 3º da ESO. A foto leva ao enlace a o primeiro dos traballos, que seguro vanche a sorprender.

Charla da escritora Antía Yáñez Rodríguez

Charla sobre “O misterio de Portomarín” pola autora Antía Yáñez Rodríguez, dirixida ao alumnado de 1º de ESO. Foi organizada polo Departamento de Lingua Galega.

Visita ao CITIC da UDC

Hoxe os alumnos de TIC de segundo de bacharelato visitaron o Centro de Proceso de Datos do Centro de Investigación das TIC (CITIC) da Universidade de A Coruña, acompañados polo profesor Mario S. García.

Aproveitaron tamén para coñecer os estudos e saídas profesionais na Facultade de Informática, da man do profesor José M. Andión. Agradeceron os agasallos recibidos e o interese dos anfitrións con eles.

 

Panxoliña “Nöel arrive"

 

Os alumnos de 3º e 4º da ESO que estudan francés, dirixidos polos profesores Juan Carlos Méndez e María Jesús Quintáns, interpretaron para os seus compañeiros franceses esta breve panxoliña. Fai clic na imaxe para vela.

 

"Pour moi, la France c’est"

Baixo a supervisión das profesoras Rocío Ferreiro Rodríguez e María Barreiro Seoane, os alumnos de francés de 1º da ESO encheron un tablón cos seus traballos sobre "Pour moi, la France c'est...". Noraboa polo resultado!

Maquetas de células eucariotas e procariotas

Os alumnos de 3º da ESO fixeron as magníficas maquetas de células eucariotas e procariotas que se poden ver neste video. Ista actividade, dentro da materia de Bioloxía, foi conducida pola profesora Alexia García Pérez. Parabéns!

1ºB de ESO celebrou Hallowenn

Fixeron un performance, baixo a dirección da súa titora Mª Eugenia Pérez, que meteu moito medo a todos cantos entramos na aula.

Visita ao CITEEC da Universidade de A Coruña

O pasado xoves 18 de outubro un grupo de alumnos de segundo de bacharelato visitaron, acompañados pola profesora Rosa F. Salmonte e o profesor Mario S. García, as instalaciones do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, vinculado a Escola de Camiños da Universidade de A Coruña.

Os responsabeis da visita, Félix Sánchez-Tembleque, José Paris e Manuel F. Herrador, adicaron varias horas á visita. Os alumnos poideron ver un ensaio de resistencia á flexión dunha viga.

Visita á Casa Museo Pîcasso

O alumnado de ESA do instituto visitou recentemente a Casa Museo Picasso. A visita resultou moi interesante, tanto por todo o que aprenderon sobre Picasso neno (ficaron sorprendidos pola súa madureza artística, conmoveunos a morte da súa irmá Conchita...), como pola propia casa, que, en xeral, lles pareceu grande, fermosa e confortable. Emocionounos, ademais, que o pintor fose alumno, coma eles, do instituto. Unha experiencia para repetir. (Texto e fotos: S. Piensos)

Exames gratuítos de B1 e B2 para alumnos deste Instituto

EXAMES GRATUÍTOS DE ACREDITACIÓN DO NIVEL B1 OU B2 EN INGLÉS A CARGO DA EMPRESA TRINITY COLLEGE LONDON

 

 Axuda con materiais para ISE I e ISE II

 Enlace á información B1

 Enlace á información B2

 Enlace á información básica B1-B2

Para alumnos:

  • 2º Bacharelato (con prioridade)
  • 1º Bacharelato (no caso de que quedaran vacantes de 2º de bacharelato)

 

Realización das probas:

 

·       Escrita: sábado 17 de novembro de 2018 en horario de mañá

 

·       Oral: entre o 19 e o 23 de novembro de 2018 en horarios que se concretarán para cada candidato

 

Inscrición: ata o mércores ás 14:00 h do 26 de setembro na Secretaría do Instituto.

 

 

Maquetas de edificios coruñeses

 

Un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato deseñaron as maquetas de varios edificios históricos de A Coruña. O resultado é agora de acceso aberto para o desfrute e mesmo a reproducción empregando unha impresora 3D. Este traballo desenvolveuse para a materia de TIC impartida polo profesor Mario S. García. (fai clic na imaxe para ver as maquetas).


 

V Olimpíada Filosófica de España

Os días 5 e 6 de maio, a alumna deste centro, Pilar Corominas Eiras, participou na final da V Olimpíada Filosófica de España, que tivo lugar en Estremadura. Como alumna de 4º ESO concorreu á modalidade de Dilemas Morais. O día 5 tivo lugar a proba en Badaxoz, e ó día seguinte coñecéronse os resultados en Mérida. Pilar quedou entre os dez primeiros postos de toda España. Parabéns! 

 

Video QRT+ 2018

Feito polo alumnado de 3º ESO C, coordinados pola profesora Dña. Carmen Aquino.

Pilar Corominas premiada na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O venres 23 de marzo tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago a final da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Dous estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda estiveron entre os catro finalistas na modalidade de Dilema Moral. Marcial Seoane Casado acadou finalmente o cuarto posto, mentres que Pilar Corominas Eiras logrou o segundo lugar, representando a Galicia, xunto coa gañadora, na V Olimpíada Filosófica de España que terá lugar os días 4 e 5 de maio de 2018. O alumnado estivo acompañado pola profesora Nieves López Agrasar. Moitos parabéns aos dous e sorte na final estatal!

(Foto: Nieves López)

 

Visita á Casa dos Peixes

O alumnado de terceiro da ESO visitou a Casa dos Peixes en varias quendas, tendo a oportunidade de ver o momento da alimentación aos tiburóns e as focas. A visita, organizada polo departamento de Bioloxía, foi conducida polo profesores Daniel Rico Fachal e David Vieito Blanco, acompañados de profesores do centro.

Actividade do Club de Ciencia

O pasado un de marzo o Club de Ciencia reuníuse para coñecer máis do sabio grego Eratósthenes,como preparación para a medida do perímetro terrestre do vindeiro 21 de marzo,  e facer unha actividade práctica sobre o planeta Marte. Esta vez participaron 9 alumnos así como os profesores Minia Prego, Luis J. Rodríguez e Mario S. García.

(Foto: Lucía Viader)

Distribuir contido


by Dr. Radut