O culto feminino na antiga Grecia: o exemplo de Atenas

O pasado luns, 28 de outubro, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato asistiu á charla divulgativa da Universidade de Vigo: O culto feminino na antiga Grecia: o exemplo de Atenas, impartida por Susana Reboreda Morillo, profesora titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Facultade de Historia. 

O alumnado achegouse á situación das mulleres da Atenas clásica e aos cultos asociados ás súas funcións primordiais: ser excelentes esposas e fértiles para asegurar a descendencia; sendo estes últimos un reencontro entre nais e fillas e entre amigas que rompían a súa cotiandade.

Participación no Erasmus +

LogoO IES Eduardo Pondal de Ponteceso ten a acreditación KA121 tanto para o alumnado de secundaria como para o alumnado de FP de grado medio e FPBásica, así mesmo, tamén poden participar os equipos docentes dos mesmos.
A participación neste programa ofrece unha experiencia moi rica de inmersión e coñecemento doutras realidades europeas, na que alumnado e profesorado melloran as súas habilidades profesionais e personais. Ano a ano as posibilidades e participación vanse ampliando e con grande éxito tanto a nivel formativo como a nivel de experiencia personal.
O pasado curso a participación neste programa beteu todos os récords:
  • 15 alumnos de FPDUAL de automoción visitaron Alemania, con visitas formativas a centros educativas e empresas punteiras do sector.
  • 2 alumnos do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia que realizaron as súas prácticas na provincia italiana de Bari.
  • Outros 3 alumnos e alumnas  áis de varios ciclos desfrutaron dunha estadía curta en empresa en Portugal, así como as viaxes de acompañamento e preparación de varios docentes.
  • E sen esquecer a visita do Alumnado de 4º da ESO do instituto alemán de Asperg que visitou Ponteceso no mes de maio.
Dende fai dous anos organizamos tamén as actividades relacionadas cos Erasmus Days no mes de outubro. O obxectivo destas actividades é, por un lado, poñer en valor as experiencias do alumnado e profesorado que xa participou no programa, así como, facerllo chegar á toda a comunidade, xa que o propio programa Erasmus+ concibe estes intercambios como un instrumento de enriquecemento recíproco de experiencias que despois teñan impacto nas comunidades ás que pertencen o alumnado.
Curso tras curso imos aumentando a rede de contactos e colaboracións grazas ao traballo conxunto do equipo de Internacionalización e do alumnado participante.
 
E ti, anímaste a participar? 
 
Bótalle un ollo a información e os prazos de participación e ao noso perfil de Instagram."
 

Eleccións Renovación Consello Escolar

 

O sorteo público para determinar a composición da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que organizará a supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, celebrouse no despacho de Dirección o 16 de outubro de 2024, ás 11:30 horas.

 

24 de outubro, 16:00 horas: Constitución Xunta Electoral.

 

De acordo coa lexislación vixente procede a:

 

·         Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro ou nos taboleiros de anuncios para consulta a partir do 30 de outubro). Prazo límite para presentación de reclamacións: 6 de novembro, mediante escrito dirixido á Xunta Electoral.

 

·         Concretar o calendario electoral:

 

      • Do 30 de outubro ao 11 de novembro (ata as 13:00 horas): prazo para a presentación (na Secretaría do centro) de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou na páxina web. (Alumnado, profesorado, responsables)
      • 11 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
      • 12 e 13 de novembro: Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
      • 14 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das correccións aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
      • 19 de novembro: Constitución mesas electorais e votacións.

 

      • Mesa alumnado. Constitución: 08:45 h. Votacións: de 09:00 a 13:30 h.
      • Mesa pais/nais/representantes legais. Constitución: 16:00 h. Votacións: de 16:15 a 19:00 h.
      • Mesa profesorado. Claustro extraordinario (horario por determinar)

25 de novembro: Reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos/as candidatos/as elixidos/as, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos/ás candidatos/as electos/as).

 

Convocatorias dos distintos sectores:

·         Alumnado (descargar)

·         Pais, nais, representantes legais (descargar)

·         Profesorado (descargar)

 

 

Referencias legais:

 

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos..

 

Circular 18/00 pola que se completa a circular 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos de ensinanzas non universitarias

 

Circular 1/98, do 2 de febreiro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos

 

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

 

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria

 

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias

 

 

Semana de emprendemento para ciclos formativos

 

O longo da semana realizáronse varias charlas, presentación e talleres relacionadas coa Aula de empredemento   para os ciclos formativos como foron:


a) Presentación de proxectos en público

b) Linkdin

c)Marketing online

PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ORIENTALINE

Xa está dispoñible na nosa web o programa de orientación ORIENTALINE, que pode axudar ás alumnas e alumnos, e ás súas familias, a detectar a súa vocación e tomar decisións cara o futuro: que se me da ben e que non, que estudos ou profesións encaixan cos meus intereses e capacidades, que vou estudar despois da ESO ou o Bacharelato, e cales son posibles itinerarios formativos para chegar aos meus obxectivos. 


Para o alumnado de Bacharelato,  aporta información sobro todos os estudos superiores, donde cursalos a nivel nacional, notas de corte, etc.
O alumnado dos últimos cursos da ESO, atopará información sobre os distintos bacharelatos e ciclos.


Para todo o alumnado, inclúe varios cuestionarios de auto-coñecemento, con orientacións cara aos itinerarios ou estudos que poden encaixar segundo os resultados.
A información está actualizada e ben organizada. É de uso fácil e gratuíto para alumnado e familias do centro, e está dispoñible en galego e castelán .
Ademais do uso que lle daremos desde o centro, pode traballarse con este programa tamén desde a casa.

Podes acceder desde a barra esquerda na páxina de Inicio da web, ou desde aquí

Distribuir contido