O culto feminino na antiga Grecia: o exemplo de Atenas

O pasado luns, 28 de outubro, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato asistiu á charla divulgativa da Universidade de Vigo: O culto feminino na antiga Grecia: o exemplo de Atenas, impartida por Susana Reboreda Morillo, profesora titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Facultade de Historia. 

O alumnado achegouse á situación das mulleres da Atenas clásica e aos cultos asociados ás súas funcións primordiais: ser excelentes esposas e fértiles para asegurar a descendencia; sendo estes últimos un reencontro entre nais e fillas e entre amigas que rompían a súa cotiandade.