ORIENTALINE
Novas Orientación
PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ORIENTALINE
Xa está dispoñible na nosa web o programa de orientación ORIENTALINE, que pode axudar ás alumnas e alumnos, e ás súas familias, a detectar a súa vocación e tomar decisións cara o futuro: que se me da ben e que non, que estudos ou profesións encaixan cos meus intereses e capacidades, que vou estudar despois da ESO ou o Bacharelato, e cales son posibles itinerarios formativos para chegar aos meus obxectivos.
Para o alumnado de Bacharelato, aporta información sobro todos os estudos superiores, donde cursalos a nivel nacional, notas de corte, etc.
O alumnado dos últimos cursos da ESO, atopará información sobre os distintos bacharelatos e ciclos.
Para todo o alumnado, inclúe varios cuestionarios de auto-coñecemento, con orientacións cara aos itinerarios ou estudos que poden encaixar segundo os resultados.
A información está actualizada e ben organizada. É de uso fácil e gratuíto para alumnado e familias do centro, e está dispoñible en galego e castelán .
Ademais do uso que lle daremos desde o centro, pode traballarse con este programa tamén desde a casa.
Podes acceder desde a barra esquerda na páxina de Inicio da web, ou desde aquí
CONVOCATORIA DAS BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS OU DE APOIO ESPECÍFICO
Achegamos infografía resumo sobre a convocatoria das becas, con prazo de solicitude ata o 30 de setembro. Máis información en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html#necesidad-apoyo-educativo
Para calquera consulta ou axuda na tramitación, contactade co departamento de Orientación.
Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas
That's English! é un programa a distancia para a formación a distancia nos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1.
Xúntase a instrucción sobre a organización destas ensinanzas e o procedemento de matrícula para o curso 2024/25.
Prazos de matrícula:
- Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.
- Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.
Máis información: Instrución 2/2024 en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2_2024_te.pdf
Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2024/25
Publicouse a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.
O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición entre o 24 de xuño e o 5 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta
A matrícula realizarase a través da ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:
Período de matrícula ordinaria: do 18 ao 28 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
Período de matrícula extraordinaria: do 28 de xuño ao 5 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria; do 9 ao 19 de xullo para o alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición.
Máis información na web da Consellería edu.xunta.gal
Xornada de portas abertas Coñece a USC
Noticia de interese para o alumnado de 2º BACH que supera a ABAU:
A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo, as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”
Estas Xornadas están dirixidas ao estudantado que ven de realizar as probas das ABAU, e que vai entrar na Universidade, para que poida achegarse as titulacións de Grao que lle poidan interesar.
Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario https://forms.office.com/e/PnyEqwzmv0 indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario, e tamén no cadro que aparece a continuación desta noticia.
O prazo de inscrición rematará o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »