ORIENTALINE
Novas Orientación
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/25
Prazo presentación solicitudes: 21/05/2024 - 21/06/2024
NOTA: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25, como é o IES Eduardo Pondal está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan. Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros (Enlace), empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.
Benestar Emocional da Comunidade Educativa e a Conviviencia positiva
O pasado mércores 18 de outubro, a nosa orientadora, coordinadora de benestar emocional no centro educativo, e a nosa Mestra de Pedagoxía Educativa e responsable de Formación do Profesorado e do grupo de traballo en Convivencia, tiveron a oportunidade de participar no Congreso de Coordinadores de Benestar Emocional e Convivencia celebrado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Entre outros temas, presentouse a Guía para a Elaboración do Plan de Benestar Emocional e Convivencia do centro, a desenvolver para beneficio de toda a nosa comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias, no que traballaremos neste curso 2023 2024.
Algúns centros, entre eles dous da comarca de Bergantiños, compartiron ás súas boas prácticas na materia, e profesionais de recoñecido prestixio, como Rafael Bisquerra, fixeron ponencias sobre a relación entre educación emocional, benestar e convivencia.
Quedamos con esta imaxe sobre os elementos do benestar.
Enlace á noticia na web da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41332
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE 2020-2021
(Estas axudas son incompatibles coas bolsas xerais do MEC)
☺ O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución de 31 de xullo de 2020, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020/2021.
☺Destinatarios: Alumnado que presente unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:
►Discapacidade
►Trastorno Grave da Conduta
►TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave da conduta
►Trastorno do Espectro Autista (TEA)
►Altas Capacidades
Máis información sobre as persoas que poden solicitar as axudas, niveis educativos e contías prema nesta ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
☺ Toda a DOCUMENTACIÓN que precisas entregar vén detallada na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/quenecesitas.html#necesidad-apoyo-educativo
☺PASOS PARA SOLICITAR A AXUDA:A solicitude debe cumprimentarse de forma telemática naSede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional seguindo os pasos que na seguinte ligazón
◊ Lembrade que debedes imprimir todas as follas que xenere a aplicación.
◊ A solicitude deberá ser asinada por todos os integrantes da unidade familiar que sexan maiores de 18 anos.
◊ Todos estes documentos, máis os certificados que se pidan en cada caso, serán entregados no instituto para que a orientadora elabore os informes pertinentes e o centro xestione a entrega dos mesmos á instancia pertinente.
☺PRAZO DE PRESENTACIÓN: 30 de setembro de 2020 (este prazo refírese ao tempo máximo do que dispón o centro para facer entrega da documentación polo que o prazo de entrega por parte das familias deberán adiantarse uns días).
☺ Toda a información no portal de bolsas e axudas do ministerio:
► https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html