ORIENTALINE
Atención ás familias
Eleccións Renovación Consello Escolar
O sorteo público para determinar a composición da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que organizará a supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, celebrouse no despacho de Dirección o 16 de outubro de 2024, ás 11:30 horas.
24 de outubro, 16:00 horas: Constitución Xunta Electoral.
De acordo coa lexislación vixente procede a:
· Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro ou nos taboleiros de anuncios para consulta a partir do 30 de outubro). Prazo límite para presentación de reclamacións: 6 de novembro, mediante escrito dirixido á Xunta Electoral.
· Concretar o calendario electoral:
- Do 30 de outubro ao 11 de novembro (ata as 13:00 horas): prazo para a presentación (na Secretaría do centro) de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou na páxina web. (Alumnado, profesorado, responsables)
- 11 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
- 12 e 13 de novembro: Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
- 14 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das correccións aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
- 19 de novembro: Constitución mesas electorais e votacións.
- Mesa alumnado. Constitución: 08:45 h. Votacións: de 09:00 a 13:30 h.
- Mesa pais/nais/representantes legais. Constitución: 16:00 h. Votacións: de 16:15 a 19:00 h.
- Mesa profesorado. Claustro extraordinario (horario por determinar)
25 de novembro: Reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos/as candidatos/as elixidos/as, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos/ás candidatos/as electos/as).
Convocatorias dos distintos sectores:
· Alumnado (descargar)
· Pais, nais, representantes legais (descargar)
· Profesorado (descargar)
Referencias legais:
PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ORIENTALINE
Xa está dispoñible na nosa web o programa de orientación ORIENTALINE, que pode axudar ás alumnas e alumnos, e ás súas familias, a detectar a súa vocación e tomar decisións cara o futuro: que se me da ben e que non, que estudos ou profesións encaixan cos meus intereses e capacidades, que vou estudar despois da ESO ou o Bacharelato, e cales son posibles itinerarios formativos para chegar aos meus obxectivos.
Para o alumnado de Bacharelato, aporta información sobro todos os estudos superiores, donde cursalos a nivel nacional, notas de corte, etc.
O alumnado dos últimos cursos da ESO, atopará información sobre os distintos bacharelatos e ciclos.
Para todo o alumnado, inclúe varios cuestionarios de auto-coñecemento, con orientacións cara aos itinerarios ou estudos que poden encaixar segundo os resultados.
A información está actualizada e ben organizada. É de uso fácil e gratuíto para alumnado e familias do centro, e está dispoñible en galego e castelán .
Ademais do uso que lle daremos desde o centro, pode traballarse con este programa tamén desde a casa.
Podes acceder desde a barra esquerda na páxina de Inicio da web, ou desde aquí
REUNIÓN FAMILIAS CURSO 2024/2025
REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ESO E 2º FPBÁSICA
Día: Luns 7 de outubro de 2024 ás 18:15 horas
REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE BACHARELATO E CICLOS
Día: Luns 14 de outubro de 2024 ás 18:30 horas
As familias reuniranse no salón de actos co equipo directivo para logo dirixirse ás aulas co titor ou titora do grupo.
Matrícula curso 2024/2025
Relación actualizada de libros de texto. Enlace
|
Matrícula da ESO Instrucións da matrícula. Enlace
Matrícula de Bacharelato Instrucións da matrícula. Enlace Os nosos alumnos de bacharelato destacan na ABAU (Enlace) Documentos de matrícula Estes son os ciclos de FP que podes estudar na Costa da Morte Enlace Alumnos e profesores de FP dan a súa visión. Nunca é tarde para formarse. Enlace
Formulario de inscrición no programa de Alerta Escolar (se procede). Enlace |
Matrícula de Formación Profesional Información de matrícula. Enlace Formularios de matrícula
Documentos de matrícula Autorizacións. Enlace Formulario de inscrición no programa de Alerta Escolar (se procede). Enlace
|
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »