Eleccións Renovación Consello Escolar

 

O sorteo público para determinar a composición da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que organizará a supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, celebrouse no despacho de Dirección o 16 de outubro de 2024, ás 11:30 horas.

 

24 de outubro, 16:00 horas: Constitución Xunta Electoral.

 

De acordo coa lexislación vixente procede a:

 

·         Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro ou nos taboleiros de anuncios para consulta a partir do 30 de outubro). Prazo límite para presentación de reclamacións: 6 de novembro, mediante escrito dirixido á Xunta Electoral.

 

·         Concretar o calendario electoral:

 

      • Do 30 de outubro ao 11 de novembro (ata as 13:00 horas): prazo para a presentación (na Secretaría do centro) de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou na páxina web. (Alumnado, profesorado, responsables)
      • 11 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
      • 12 e 13 de novembro: Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
      • 14 de novembro: Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das correccións aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
      • 19 de novembro: Constitución mesas electorais e votacións.

 

      • Mesa alumnado. Constitución: 08:45 h. Votacións: de 09:00 a 13:30 h.
      • Mesa pais/nais/representantes legais. Constitución: 16:00 h. Votacións: de 16:15 a 19:00 h.
      • Mesa profesorado. Claustro extraordinario (horario por determinar)

25 de novembro: Reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos/as candidatos/as elixidos/as, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos/ás candidatos/as electos/as).

 

Convocatorias dos distintos sectores:

·         Alumnado (descargar)

·         Pais, nais, representantes legais (descargar)

·         Profesorado (descargar)

 

 

Referencias legais:

 

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos..

 

Circular 18/00 pola que se completa a circular 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos de ensinanzas non universitarias

 

Circular 1/98, do 2 de febreiro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos

 

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

 

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria

 

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias