ORIENTALINE
Páxina Principal
E ti, anímaste a participar?
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso ten a acreditación KA121 tanto para o alumnado de secundaria como para o alumnado de FP de grado medio e FPBásica, así mesmo, tamén poden participar os equipos docentes dos mesmos.
A participación neste programa ofrece unha experiencia moi rica de inmersión e coñecemento doutras realidades europeas, na que alumnado e profesorado melloran as súas habilidades profesionais e personais. Ano a ano as posibilidades e participación vanse ampliando e con grande éxito tanto a nivel formativo como a nivel de experiencia personal.
O pasado curso a participación neste programa beteu todos os récords:
O pasado curso a participación neste programa beteu todos os récords:
- 15 alumnos de FPDUAL de automoción visitaron Alemania, con visitas formativas a centros educativas e empresas punteiras do sector.
- 2 alumnos do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia que realizaron as súas prácticas na provincia italiana de Bari.
- Outros 3 alumnos e alumnas áis de varios ciclos desfrutaron dunha estadía curta en empresa en Portugal, así como as viaxes de acompañamento e preparación de varios docentes.
- E sen esquecer a visita do Alumnado de 4º da ESO do instituto alemán de Asperg que visitou Ponteceso no mes de maio.
Dende fai dous anos organizamos tamén as actividades relacionadas cos Erasmus Days no mes de outubro. O obxectivo destas actividades é, por un lado, poñer en valor as experiencias do alumnado e profesorado que xa participou no programa, así como, facerllo chegar á toda a comunidade, xa que o propio programa Erasmus+ concibe estes intercambios como un instrumento de enriquecemento recíproco de experiencias que despois teñan impacto nas comunidades ás que pertencen o alumnado.
Curso tras curso imos aumentando a rede de contactos e colaboracións grazas ao traballo conxunto do equipo de Internacionalización e do alumnado participante.
E ti, anímaste a participar?
Bótalle un ollo a información e os prazos de participación e ao noso perfil de Instagram.