PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ORIENTALINE

Xa está dispoñible na nosa web o programa de orientación ORIENTALINE, que pode axudar ás alumnas e alumnos, e ás súas familias, a detectar a súa vocación e tomar decisións cara o futuro: que se me da ben e que non, que estudos ou profesións encaixan cos meus intereses e capacidades, que vou estudar despois da ESO ou o Bacharelato, e cales son posibles itinerarios formativos para chegar aos meus obxectivos. 


Para o alumnado de Bacharelato,  aporta información sobro todos os estudos superiores, donde cursalos a nivel nacional, notas de corte, etc.
O alumnado dos últimos cursos da ESO, atopará información sobre os distintos bacharelatos e ciclos.


Para todo o alumnado, inclúe varios cuestionarios de auto-coñecemento, con orientacións cara aos itinerarios ou estudos que poden encaixar segundo os resultados.
A información está actualizada e ben organizada. É de uso fácil e gratuíto para alumnado e familias do centro, e está dispoñible en galego e castelán .
Ademais do uso que lle daremos desde o centro, pode traballarse con este programa tamén desde a casa.

Podes acceder desde a barra esquerda na páxina de Inicio da web, ou desde aquí