ORIENTALINE
Atención ás familias
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:
-
Bacharelato.
-
Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
-
Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
-
Ensinos artísticos: profesionais e superiores.
-
Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
-
Ensinos deportivos.
-
Estudos relixiosos superiores.
-
Formación Profesional de Grao Básico.
-
Ensino universitario: Grados, Máster...
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
-
Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:
-
Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que te volvas a rexistrar.
-
Se nunca te rexistraches, preme en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.
-
Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:
-
Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou
-
Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegues algún documento concreto.
4. IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS:
XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña
-
PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h, ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h (horas peninsulares)
-
PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es
-
DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRóNICO
-
Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non estudar.
Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2
Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2
Requisitos de participación:
•
Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
•
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
•
Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
•
Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
•
Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
•
Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.
As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).
Acollida ás familias de 1º ESO
O luns 27 de setembro tivo lugar a reunión coas familias do alumnado de 1º ESO.
Reunión coas familias do alumnado de 1º ESO
O obxectivo da reunión é dar a coñecer ás familias o funcionamento do centro así como presentarnos os titores, equipo de orientación e equipo directivo.
Prégase ás persoas interesadas en asistir que envíen un correo electrónico indicando o seu nome e o do seu fillo ou filla a: orientacion.ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.gal.
Tamén pode confirmarse a asistencia enviando ABALAR á persoa titora do grupo.
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso).
HORARIO: 17:30 - Duración estimada ata as 19:00 (non pasa nada se chegades algo tarde).
Vémonos!!