ORIENTALINE
Actividades
Finalistas no FIOT
Este pasado domingo, 10 de novembro, o grupo de alumnado de 3º ESO formado por Eva Rodríguez, Luana Sueiro, Salma Ocampo, María Duarte, Jingru Ye e Ángel Losada, participaron na gala final do XXIII Concurso de Teatro Lido, que organiza o FIOT. Alí, no Pazo da Cultura de Carballo, recibiron o seu premio pola obra “Nadal en galego”, da familia Carballeira.
Parabéns a todos eles polo traballo e a implicación!!!
Visita a Fundación Barrié de la Maza
Os nosos estudantes tiveron a oportunidade de visitar a exposición "Roses from my Garden" do fotógrafo británico Nick Knight na Fundación Barrié. O departamento de didáctica da fundación organizou unha actividade onde se explicou o significado e os procesos creativos detrás da obra de Knight. Tras a explicación, os alumnos participaron nun obradoiro práctico, no que crearon un pequeno bodegón con flores e realizaron unha fotografía con retoque dixital ao estilo característico do autor, experimentando así coa arte floral e a fotografía dixital
Erasmus Days
No marco da celebración dos Erasmus Days, o alumnado do instituto alemán de Asperg, que visitou o pasado curso o noso centro, fala sobre a súa experiencia en Ponteceso.
O culto feminino na antiga Grecia: o exemplo de Atenas
O pasado luns, 28 de outubro, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato asistiu á charla divulgativa da Universidade de Vigo: O culto feminino na antiga Grecia: o exemplo de Atenas, impartida por Susana Reboreda Morillo, profesora titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Facultade de Historia.
O alumnado achegouse á situación das mulleres da Atenas clásica e aos cultos asociados ás súas funcións primordiais: ser excelentes esposas e fértiles para asegurar a descendencia; sendo estes últimos un reencontro entre nais e fillas e entre amigas que rompían a súa cotiandade.
Semana de emprendemento para ciclos formativos
O longo da semana realizáronse varias charlas, presentación e talleres relacionadas coa Aula de empredemento para os ciclos formativos como foron:
a) Presentación de proxectos en público
b) Linkdin
c)Marketing online