Actividades

Visita do noso alumnado ao Parque eólico experimental Sotavento

 

Visita do noso alumnado ao Parque eólico experimental Sotavento

O pasado luns 4 de marzo unha representación de alumnos e alumnas do noso centro achegáronse a Xermade a 10 km de As Pontes en Lugo a visitar esta empresa punteira no campo da investigación do aproveitamento da enerxía do vento.

A actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía permitiu que o alumnado coñecera de primeira man unha empresa dedicada a investigación no uso da enerxía eólica e as posibilidades da súa combinación co aproveitamento do hidróxeno.

 

De modo que ademais de ver as súas instalacións, dende Sotavento tamén lles mostraron aos nosos visitantes un aeroxerador, ao que puideron entrar. Tamén visitaron unha vivenda bioclimática.

Por fin temos acreditación Erasmus

Despois de moito traballo por parte do equipo de internacionalización do IES Eduardo Pondal e en especial da súa coordinadora, Silvia Candia, o noso centro vén de conseguir a Acreditación Erasmus en Educación Escolar (KA-120 SCH) para mobilidades do alumnado da ESO e do Bacharelato ata o 2027. 

Esta acreditación súmase á Acreditación Erasmus en Formación Profesional (KA-120 VET) que xa tiñamos, polo que todo o noso alumnado e profesorado poderá beneficiarse dos proxectos de internacionalización. Unha magnífica oportunidade para ampliar os horizontes da nosa comunidade educativa.

Erasmus+ é un programa da Unión Europea con case 40 anos de existencia que apoia a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa. 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

 

O alumnado que este curso estea a cursar 4º de ESO e 2º de Bacharelato poderá acreditar as súas competencias dixitais.

 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Competencia dixital do alumnado

O Marco Galego de Competencias Dixitais establece 5 grandes áreas de dominio e 21 competencias:

  1. Información e datos

  2. Comunicación e colaboración

  3. Creación e contido dixital

  4. Seguridade e privacidade

  5. Contorna dixital e solución de problemas

Certificación ComDix

  • Certificación do nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais.

  • A partir de que idade se obtén? A partir dos 16 anos.

  • Como se obtén? Validación ou proba.

  • Caducidade: 5 anos.

Niveis de aptitude

  • Iniciación. Alumnado que obteña o título da ESO

  • Intermedio.

    • Alumnado matriculado 4º ESO + Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio.

    • Alumnado que obteña o título de Bacharelato. Acredita áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 co nivel intermedio

    • Alumnado matriculado en 2º Bacharelato + Proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio

Solicitude e inscrición nas probas específicas

Data límite: 11 de marzo de 2024

Modelo de solicitude: Anexo IV (entregado na aula pola directora, hai exemplares dispoñibles en Secretaría)

Data e lugar de realización das probas

Desenvolveranse no centro educativo na data e hora establecidas pola Administración.

  • Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio (4º ESO): Maio

    • Duración máxima: 90 minutos.

    • 60 preguntas (12 por cada área de dominio)

    • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 70% das preguntas. Mínimo 60% respostas correctas en cada área.

  • Proba específica que acredita área de dominio 4 de nivel intermedio (2º Bacharelato):Abril

    • Duración máxima: 20 minutos.

    • 12 preguntas.

    • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 60% das preguntas.

Como será a proba? Neste enlace podes probar as túas habilidades.

 

Obradoiro de mosaico

O martes 20 de febreiro o alumnado de 4ºESO de Expresión Artística, realizou un obradoiro na empresa Lar de Corcubión, para aprender a traballar a técnica do mosaico, que aplicará nun mural sobre 'Os traballos da muller na época da emigración' nesta avaliación

 

Visita a Santiago de Compostela

 

O luns 19 de febreiro os alumnos de 2ºESO e parte do alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitaron o centro histórico de Santiago para analizar os diferentes estilos arquitectónicos empregados entorno á catedral e no Convento de Santa Clara.

Distribuir contido