ORIENTALINE
Obradoiro coas redeiras de Corme: Illa da Estrela
O pasado luns, o alumnado de 3º e 4º da ESO coñeceu de primeira man o traballo das Redeiras de Corme, unha actividade enmarcada no proxecto Sisargas
Conferencia de Óscar Rivero Salgado no IES Eduardo Pondal de Ponteceso
Óscar Rivero Salgado, investigador e premio nacional Jóvenes Talentos Matemáticos 2023, que actualmente exerce como profesor na Facultade de Matemáticas da USC, impartiu o 7 de outubro a conferencia “Matemáticas para un tempo novo”, para o alumnado de 1º de Bacharelato. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.
Publicación da data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral
Durante o mes de novembro celebraranse as eleccións de membros do Conello Escolar. O calendario electoral será fixado pola Xunta Electoral, que é o órgano encargado da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.
A Xunta Electoral estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servizos e un alumno ou alumna; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
DÍA: MÉRCORES 16 DE OUTUBRO
HORA: 11:00
LUGAR: Despacho Dirección
Radio na Biblio
O noso centro vén de ser admitido na convocatoria do programa Radio na Biblio na modalidades de nova incorporación, dotado con 2000€.
Parabéns ao equipo de Biblioteca!
REUNIÓN FAMILIAS CURSO 2024/2025
REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ESO E 2º FPBÁSICA
Día: Luns 7 de outubro de 2024 ás 18:15 horas
REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE BACHARELATO E CICLOS
Día: Luns 14 de outubro de 2024 ás 18:30 horas
As familias reuniranse no salón de actos co equipo directivo para logo dirixirse ás aulas co titor ou titora do grupo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »