Xaneiro 2024

Actividades  Actividades

 

Semana Branca 2024

Maniotas, risas e unha semana inesquecible

 

Ler máis 

 

 

O pasado día 19 de xaneiro, tres alumnos/as de 1º de Bacharelado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, Marcos Señorís, Manuel Lema e Paula Lista, acompañados da súa profesora de matemáticas Manuela Ures Andrade, participaron na fase galega da LX Olimpíada Matemática Española 2024

Máis información

Na prensa

O pasado mércores día 11 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, asistiron a unha conferencia na Casa da Cultura de Corcubión, sobre os oficios da muller nos tempos da emigración, temática que desenvolverán coa súa participación nun concurso de murais que promove a empresa Lar con sede en Corcubión. 

 

 

O martes día 16 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, realizaron un taller no Forno do Forte en Buño, onde coñeceron as propiedades do barro e puideron realizar diferentes composicións ademais de coñecer a forma de vida nos oleiros no s.XIX.

Máis información

 

Xa temos carné xove!

 


O noso alumnado xa pode presumir de ter o seu Carné Xove. Na mañá do xoves 11 recibimos a
visita de Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, para impartir un
obradoiro sobre información e programas para a xuventude ao alumnado de 3o ESO PDC, no
marco do Plan Proxecta “Correspondentes Xuvenís”.

Máis información

O IES Eduardo Pondal galardonado co segundo premio ConVivimos

A consellería de Cultura, Educación, FP e universidades acaba de resolver a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar.

Cunha participación de máis de cincuenta centros de toda Galicia das distintas etapas, o IES Eduardo Pondal obtivo o segundo premio na categoría de institutos cunha dotación de 2.500€ e recoñecemento de boas prácticas.

Máis información:

 Noticia en prensa, enlace, enlace

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42013

Activamos o Carné Xove

Mañá xoves 11 de xaneiro, de 10:30 a 13:30, estará no noso centro o punto de Información Xuvenil itinerante da Consellería de Política Social e Xuventude.
Nel darase innformación sobre programas, recursos e axudas en materia de información xuvenil.
Ademais, quen así o desexe, poderá activar o Carné Xove de xeito gratuíto, para o que se precisará DNI para o alumnado de 14 anos ou maiores, e para os menores traer cumprimentado o formulario que se adxunta

Descargar formulario 

Boas festas

Desexámosvos unha boas festas e que o ano 2024 veña cargado de ilusións, saúde e novos proxectos.

Decembro 2023

 Actividades   Actividades

 

O MERCADO DE NADAL EN IMAXES

Gran xornada no IES Eduardo Pondal para dar a benvida ao Nadal. Grazas a todos e todas por participar e facer dese 21 de decembro unha xornada especial. Aquí vos quedan unhas fotos para o recordo. Boas festas familia pondaliana!

 

Ao Departamento- de Lóva do Teatro Real gustoulle moito a nosa idea de facer en 3D, no espazo educativo Polos Creativos, uns pequenos remos para vender no Mercado de Nadal do noso Instituto. O remo como símbolo do Lóva e da nosa compañía de ópera Area constelación, xuntos como estrelas formando unha constelación, pero que tamén se pensan caóticos como grans de area.

Enlace

O IES EDUARDO PONDAL CELEBRA O SEU PRIMEIRO MERCADO DE NADAL

O xoves 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00  e as 13:30 para aqueles que queiran participar no seu primeiro Mercado de Nadal. Nel haberá diversos postos: produtos do comercio xusto da asociación Solidariedade Internacional de Galiza, doces de Casal & Cotón, libros e obxectos de segunda man, accesorios elaborados polos participantes do Proxecto LÓVA, un posto de envoltorio ecolóxico de agasallos e un punto de recollida de alimentos e produtos hixiénicos en colaboración coa iniciativa Cesto solidario (dispoñible xa no instituto).

 

Paralelamente, haberá partidos de volley, fútbol e brilé, un obradoiro de tarxetas pop-up e elfos, un photocall, ambientación musical e o sorteo dunha cesta de Nadal.

 

Animámosvos a todos/as a vir coñecer o noso centro e participar na iniciativa.

Novembro 2023

Actividades  Actividades

O Alumnado do CS de Automoción visita Alemaña

Este luns 27 partiu cara a Alemaña unha expedición formada por 26 alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Automocíon acompañados por catro docentes. Máis

Imaxe do día dende Alemaña 

 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller25N

O pasado venres o IES Eduardo Pondal celebrou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa elaboración dun mural colaborativo que se foi conformando coas mans dos alumnos e alumnas dos primeiros cursos da ESO e a FPB. Máis información

 

 

 

LOVA

Lóva

O 22 de novembro algúns dos nosos alumnos de 2º ESO B representáronnos nun coloquio, que se celebrou, vía streaming, desde o Teatro Real de Madrid, co motivo dos 15 anos que se cumpriron do proxecto innovador na educación Lóva (La ópera como vehículo de aprendizaje), que se está a levar a cabo no noso centro por primeira vez.

 

Link de todo o coloquio: Enlace

O alumnado  da radio logra un novo premio

 

O pasado venres, 17 de novembro, o alumnado do equipo de radio Ponte na onda, participamos na gala de recollida de premios do VI Certame Imaxes do Patrimonio, organizado pola asociación Ponte... nas Ondas! en Ourense. Alí representamos orgullosos ao noso instituto, nun acto no que estiveron presentes centros de toda Galicia e do norte de Portugal.
Agradecemos a Carmela Velasco Cures a súa participación e dámoslle os parabéns polo premio acadado!!

Día da Ciencia

Día Ciencia

O mércores 15 de novembro gozamos dun día da Ciencia cheo de sorpresas grazas aos alumnos do Club de Ciencias

Máis imaxes e algún vídeo

 

Avisos

Actividades

 

Charla para as familias sobre Uso Seguro e Responsable das Redes Sociais na Adolescencia.

 O próximo luns 20/11/2023 vaise celebrar unha charla informativa para as familias sobre USO RESPONSABLE E SEGURO DAS REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA, a cargo de Sergio García, formador da Garda Civil no Plan Director para a Convivencia nos Centros Educativos e a súa Contorna.
O obxectivo da charla-coloquio é orientar ás familias e aclarar dúbidas en relación a este tema. É unha charla complementaria ás que se impartirán ao alumnado da ESO e FPB durante o mes de novembro.

Agradecemos si nos comunicades a vosa participación no correo orientación.ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.gal, porque suspenderíase a actividade si non temos un mínimo de participación confirmada.
Vémonos!!

 E SEGUIMOS NO FIOT...



Como xa infomamos, o noso alumnado participou no Certame de Teatro Lido do Fiot e tras gravar as súas creacións nos estudios de Radio Nordés en Carballo, agora poderemos escoitar en directo o ben que o fixeron!!!!
Hoxe luns día 13 de novembro, durante o programa Vivindo a Costa da Morte, en Radio Nordés emitirán o conto "Coa mesma roupa" do grupo Os Medorentos de 3º ESO, e o xoves 16 de novembro, no mesmo programa, poderemos escoitar o conto "Unha noite de Samaín na Eira das Meigas", do grupo As ánimas de Ponteceso de 2º ESO.

Podes escoitar os contos premendo nos seguintes enlaces:


Parabéns a todos polo bo traballo realizado!!!

 

 O vindeiro mércores 8 de novembro as

16:00 horas, terá lugar no auditorio de

Cabana de Bergantiños unha

formación presencial para profesionais

e familias impartida por María Couso.

 

 
Distribuir contido