Por que se moven os ollos?

                                                                              

O pasado mércores 13 de novembro recibimos a visita do doctor Juan Pérez Fernández, neurocientífico do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo para falarnos de neurociencia. Máis concretamente dos nosos ollos e os seus movementos. Agradecemos sinceramente a iniciativa tanto da Universidade de Vigo como especialmente de Juan Pérez Fernández e esperamos volver a colaborar nun futuro.

Visitas alumnado Automoción a empresas do sector

O alumnado de automoción visitou nos días 05/10 e 12/10 a empresa Yacarcross para aver o proceso de construcción de buggies e vehículos tubulares, aproveitando para visitar o museo da automoción e historia de Arteixo. (Enlace prensa)

Finalistas no FIOT

Este pasado domingo, 10 de novembro, o grupo de alumnado de 3º ESO formado por Eva Rodríguez, Luana Sueiro, Salma Ocampo, María Duarte, Jingru Ye e Ángel Losada, participaron na gala final do XXIII Concurso de Teatro Lido, que organiza o FIOT. Alí, no Pazo da Cultura de Carballo, recibiron o seu premio pola obra “Nadal en galego”, da familia Carballeira.
Parabéns a todos eles polo traballo e a implicación!!!

 

Visita a Fundación Barrié de la Maza

  

Os nosos estudantes tiveron a oportunidade de visitar a exposición "Roses from my Garden" do fotógrafo británico Nick Knight na Fundación Barrié. O departamento de didáctica da fundación organizou unha actividade onde se explicou o significado e os procesos creativos detrás da obra de Knight. Tras a explicación, os alumnos participaron nun obradoiro práctico, no que crearon un pequeno bodegón con flores e realizaron unha fotografía con retoque dixital ao estilo característico do autor, experimentando así coa arte floral e a fotografía dixital

  

Erasmus Days

No marco da celebración dos Erasmus Days, o alumnado do instituto alemán de Asperg, que visitou o pasado curso o noso centro, fala sobre a súa experiencia en Ponteceso.

Distribuir contido