decembro 2011

Biblioteca
NOVO NÚMERO DO BOLETÍN DA BIBLIOTECA
Xa está publicado o novo boletín da biblioteca, X & Q, deste mes de decembro.
Nel atoparedes artigos sobre todas as actividades que se fixeron na biblioteca este primeiro trimestre: actividades de formación de usuarios, o II día da ciencia en galego, organización e posta en marcha dos clubs de lectura, actividades polo día contra a violencia de xénero e a discriminación sexual, concurso de lendas da noite de samaín.
Tamén tedes artigos sobre recomendacións musicais, de cine, criticas literarias.
Na contracapa ofrecémosvos os dous textos integros gañadores do concurso de lendas do Samaín.
Esperamos que vos guste, podedes velo premendo na presentación que aparece nesta páxina pero tamén o teredes a vosa disposición esta semana no centro.


Excursión fin de curso
NUMERO PREMIADO NO SORTEO DA CESTA DE MARISCO
O número premiado da cesta de marisco que se preparou como axuda para recaudar diñeiro para a excursión de fin de curso dos alumnos e alumnas de 4º da ESO, foi o 1369. Os posuidores do número 1369 poden recoller a cesta no instituto. Noraboa para os gañadores.


Escola de pais e nais
ESCOLA de PAIS e NAIS do IES de PONTECESO
Comeza a andar a escola de pais e nais no instituto. Abrimos unha páxina na propia do centro con recomendacións de espazos na rede e contidos interesantes, aos que podedes acceder en internet, sobre a educación. 
Está dispoñible un enlace directo no menú da esquerda da páxina. Tamén podes acceder a ela premendo nesta imaxe:escola de pais e nais


Escola de nais e pais
NOVA E VÍDEO SOBRE A CHARLA A NAIS E PAIS SOBRE O ESPAZO ABALAR
...A finais de Novembro impartiuse no instituto unha charla para as nais e pais do alumnado de 1º de ESO que neste curso están en aulas abalar dotadas con portátiles persoais....
No espazo Escola de pais e nais tes un vídeo resumen e a nova ampliada...


Biblioteca
Boletín X&Q da biblioteca



Avaliacións e fin de trimestre
Avaliacións e entrega de notas
As datas das avaliacións de todos os cursos son o luns 19 e o martes 20 deste mes.
O mércores 21 no horario lectivo daránse os boletíns de notas.


Escola de pais e nais
CONTIDOS DESTE MES NA ESCOLA DE PAIS E NAIS
escola pais e naisComezamos este mes amosándovos unha páxina web adicada a implicación e formación de pais e nais na educación dos seus fillos e fillas, a Universidade de pais de J.A. Marina, e un vídeo no que o escritor británico Ken Robinson fala sobre as escolas e a creatividade.
Podedes acceder a estos contidos premendo na imaxe da escola de pais. Esperamos que vos guste.


setembro 2011

Curso 2011-12
16 SETEMBRO, DÍA DE PRESENTACIÓNS DO CURSO 2011-2012
O 16 de Setembro, venres, comeza oficialmente o novo curso académico e neste día faremos as respectivas presentacións cos diferentes grupos. Haberá transporte escolar para chegar ao centro antes das 11:00 polo que teredes que estar nas paradas coa suficiente antelación.
Para cada grupo está programada unha presentación no salón de actos, unha presentación co titor na aula correspondente, unha presentación para o coñecemento do centro e un descanso.
A presentación no salón de actos varía segundo os diferentes grupos e queda como sigue:

  • 1º e 2º de ESO. presentación no salón de actos ás 11:00.
  • 3º e 4º de ESO, presentacion no salón de actos ás 11:30.
  • Bacharelatos (1º e 2º), presentación no salón de actos ás 12:00.
  • Ciclos, PCPI e ESA (adultos), presentación no salón de actos ás 12:30.

O resto do programa adecuarase en cada grupo ao horario da súa presentación no salón de actos.

Curso 2011-12
SETEMBRO MES DA BENVIDA AO NOVO CURSO 2011-2012
A dirección do instituto de Ponteceso queremos dar a benvida a este novo curso escolar  a todos e todas os que formades a comunidade educativa, profesorado, alumnado, pais e nais e traballadores non docentes do instituto. Moitos ánimos e apoios para que os proxectos que comezan soporten ben as embestidas do día a día e acaban sendo, eles mesmos, brillantes realidades. Ánimo para todos e todas.


Curso 2011-12
FICHAS MATRÍCULA
No menú Administración, en Matrícula, accedes aos documentos pdf de recollida de datos para matricularse para os cursos que se imparten no instituto, podes descargalos para cubrilos neste menú o accede directamente premendo no seguinte enlace: FICHAS MATRÍCULA.


Curso 2011-12
ENLACE PARA ACCEDER AOS HORARIOS DOS EXAMES DE SETEMBRO
Como xa están os exames de setembro aquí, poñémosvos o enlace para que accedas ao arquivo dos horarios dos exames
Preme no seguinte vínculo e accedes á paxina en pdf:
HORARIOS EXAMES DE SETEMBRO


Curso 2011-12
LIBROS DE 1º e 3º de ESO.
Os libros que se renovan este ano e que hai que comprar en 1º e 3º de ESO son:
1º ESO

  • Língua Galega, 1º de ESO, Editorial Santillana.
  • Inglés, Build Up, 1º de ESO, Editorial Burlington.

3º ESO

  • Música, 3º de ESO, Editorial Teide.
  • Inglés, Build Up, 3º de ESO, Editorial Burlington.

O resto dos libros de texto de cada curso á pedir podedes falalo na librería (librerías de Ponteceso e Corme) que xa teñen a información conveniente ou preguntar no instituto


Curso 2011-12
DATAS DE INTERESE.
Estas son algunhas datas que che interesan nestes primeiros días de setembro

EXAMES DE SETEMBRO 1 e 2 de setembro
ENTREGA DE NOTAS 2º DE BACHARELATO 5 de setembro, luns, ás 12:00 na Secretaría
ENTREGA DE NOTAS ESO E 1º DE BACHARELATO 6 de setembro, martes, ás 11:00 nas aulas
RECLAMACIÓNS 2º DE BACHARELATO 6 e 7 de setembro
RECLAMACIÓNS ESO E 1º DE BACHARELATO 7 e 8 de setembro
PRAZO DE MATRÍCULA ESA (ADULTOS) do 1 ao 15 de Setembro
PRAZO DE MATRÍCULA CICLOS do 1 ao 12 de Setembro
PRAZO DE MATRÍCULA PCPI do 5 ao 15 de Setembro
PRAZO DE MATRÍCULA ESO E BACHARELATO do 5 ao 12 de Setembro


maio 2011

Biblioteca
RECOMENDOCHE UN LIBRO

Dende a biblioteca unha serie de lectores do instituto, alumnado e profesorado, nos falan de libros para pasar un rato agradable e de paso aprender lendo.


Concerto
CONCERTO DE UGÍA PEDREIRA E FRED MARTINS

O departamento de galego regalounos este concerto de Ugía Pedreira, cantante de Marfull e Nordestinas e o brasileiro Fred Martins. Un anaquiño do concerto que disfrutaron os alumnos de 2º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato


Graduación 2º de Bacharelato
PARABÉNS A TODOS E TODAS
Un 23 de Maio cargado de sentimentos, notas, alegrías e promesas, despedindo unha etapa e saudando outra, coma sempre, uns quedan atrás e o de diante é prometedor. Disque hai que mirar sempre cara diante, pero se dades a volta e ollades cara atrás tedes algo para lembrar. Unha aperta a todos e todas e moita sorte no camiño.


graduacion





graduacion






GRADUACIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO

promocion 2010

 Noraboa a todos e todas e que sigades alcanzando os vosos horizontes. Dende o IES Ponteceso moita sorte en todo, e que saibades que nunca marchachedes do instituto, seguimos véndonos e compartindo esperanzas e realidades. 

 
jorgito
 
andrea

.... Levamos con nós unha gran base de aprendizaxe, pero non só de matemáticas, literatura ou ciencias..., levamos con nós uns valores....

marta

PREMIOS LITERARIOS

Lembrade que xa están convocados os certames de literatura deste ano, tanto o de Creación Literaria do noso IES (nas modalidades de mini relato, relato curto e poesía), como o Premio de Poesía Eduardo Pondal
para alumnos dos centro de Secundaria da Comarca de Bergantiños. As datas tope de receción de traballos son, respectivamente, o 10 e o 14 de maio. Atoparedes toda a información relativa a estes concursos na
Páxina Principal de Normalización, na sección de Certames Literarios.

Animádevos! Amosade a vosa creatividade ao mundo enteiro e gañade importantes premios!

Distribuir contido