Semana Cultural 2013 VíDEO DO VENRES DA XIII SEMANA CULTURAL Mostramos algunhas das actividades realizadas este VENRES da Semana Cultural no seguinte vídeo:
Semana Cultural 2013 VíDEO DO XOVES DA XIII SEMANA CULTURAL Mostramos algunhas das actividades realizadas este XOVES da Semana Cultural no seguinte vídeo:
Semana Cultural 2013 VíDEO DO MÉRCORES DA XIII SEMANA CULTURAL Mostramos algunhas das actividades realizadas este mércores da Semana Cultural no seguinte vídeo:
Semana Cultural 2013 VíDEO DO MARTES DA XIII SEMANA CULTURAL Mostramos algunhas das actividades realizadas este martes da Semana Cultural no seguinte vídeo:
Actividades CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN DESTINATARIOS: Alumnos de 4º ESO e 1º Bac. DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2013.
1º TURNO
DESTINATARIO : 1º BAC
DATA: 30-xuño ao 6-xullo
2º TURNO
DESTINATARIO : 1º BAC
DATA: 7-xullo ao 13-xullo
3º TURNO
DESTINATARIO : 4º ESO
DATA: 14-xullo ao 20-xullo
4º TURNO
DESTINATARIO : 4º ESO
DATA: 21-xullo ao 27-xullo
REQUISITOS: Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1995. Ter unha nota media igual ou superior a 7,5 no curso 2011-2012. Superar unha proba que se realizará a través de Internet. A axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementaria, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos. O traslado dos alumnos desde os seus lugares de orixe ata o campus asignado será por conta dos alumnos, que deberán aboar así mesmo 85€ en concepto de matriculación en caso de resultar elixidos. LUGAR DE MATRICULACIÓN: As solicitudes deberanse cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática en www.campuscientificos.es PRAZO DE MATRICULACIÓN: 25 de marzo de 2013.
Acceso a ciclos PROBAS DE ACCESO A CICLOS GRAO MEDIO: INSCRIPCIÓN: 25 de febreiro ao 8 de marzo EXAME: 23 de maio de 2013. REQUISITOS: Ter 17 anos ou cumprilos este ano
GRAO SUPERIOR: INSCRIPCIÓN: 28 de xaneiro ao 8 de febreiro PROBA: 25 de abril de 2013. REQUISITOS: Ter 19 anos ou cumprilos este ano Ter 18 anos ou cumprilos este ano e ter o título de técnico relacionado co ciclo ao que se quere acceder PODEDES REALIZAR A INSCRICIÓN NA SECRETARÍA DO NOSO CENTRO, OU EN CALQUERA OUTRO NO QUE SE IMPARTAN CICLOS
ESA e PCPI2 EXAMES FINAIS, AVALIACIÓN E ENTREGA DE NOTAS NA ESA E PCPI2 EXAMES FINAIS ESA E PCPI2 (1º Cuadrimestre)
XOVES 31 DE XANEIRO: 15.45h: Iniciación profesional á mecánica e Iniciación profesional á xestión administrativa
VENRES 1 DE FEBREIRO: 16.30h: Ámbito Social MÓDULO III/PCPI2 18.00h: Ámbito Social MÓDULO I
LUNS 4 DE FEBREIRO: 16.30h: Inglés MÓDULO III/ PCPI2 18.00h: Inglés MÓDULO I
MARTES 5 DE FEBREIRO: 16.30h: Ámbito científico-tecnolóxico MÓDULO III/ PCPI2 18.00h: Ámbito científico-tecnolóxico MÓDULO I
MÉRCORES 6 DE FEBREIRO: 16.30h: Ámbito comunicación MÓDULO I 18.00h: Ámbito comunicación MÓDULO III/ PCPI2
VENRES 8 DE FEBREIRO: Entrega de notas........12.00h
XOVES 14 DE FEBREIRO: Comezo do segundo cuadrimestre da ESA: Módulos II e IV.
Creación literaria OBRADOIRO DE RELATO CURTO A tarde deste pasado xoves foi especialmente literaria no IES de Ponteceso xa que dou comezo a primera parte do obradoiro de creación literaria. Nesta ocasión tocoulle ao relato curto da man dun bo coñecedor da súa técnica, Fernando Díaz-Castroverde, quen guiou a alumnado de ESO e Bacharelato na creación de diversos e sempre divertidos relatos nos que os participantes foron superando airosamente numerosas trabas no seu arte narrador: tautogramas, disparos de palabras, personaxes inesperados… Na próxima sesión, o vindeiro martes, seguirán a traballar nesas historias que esperemos algún día ofrezan a todo o público lector.
Ciencias PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE CIENCIAS
As actividades do obradoiro de ciencia elabóranse co fin de levar a cabo un proceso de ensinanza-aprendizaxe de xeito participativo e interactivo co alumnado de xeito que xere coñecemento a partir da construción de modelos, a elaboración de proxectos e a participación como actores principais no desenvolvemento dos mesmos; nos que o alumno se enfrenta a problemas e busca as solucións para chegar a un máis profundo e sólido coñecemento nas áreas nas que traballa. É un proceso de coñecemento dinámico no que se poñen a proba as ideas previas e se xeran modificacións das mesmas ata acadar un mellor coñecemento do obxecto que se constrúe e se interpreta. Trátase de elixir aqueles proxectos que xeneren unha aprendizaxe significativa en temas do curriculo de ESO relacionados co saber científico. A forma de traballar é a través do traballo en grupo e as áreas elixidas teñen por obxecto unha aproximación e afondamento nos fundamentos da ciencia. Na busca de solucións potenciarase o uso das tecnoloxías da información e a comunicación, o traballo en rede e a práctica en linguas estranxeiras.
2013 FELIZ ANO 2013 Felicitación do ano 2013. No vídeo escenificamos un novo comezo cara unha sociedade máis humana e solidaria. Desexámosvos, dende o IES de Ponteceso, un feliz e próspero ano 2013. Esperanzados en seguir aumentando a relevancia dos servizos educativos no centro para participar no desenvolvemento desa sociedade máis xusta, sana e solidaria. Feliz ano a todos e todas.
2013 FELIZ ANO 2013 E enseguida o video.
Dinamización lingüística RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, unímonos a inicitaiva que desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) réndelle unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simboliza toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia. Este vídeo é a pequena aportación do IES de Ponteceso
Consello Escolar HORARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR XOVES 29 DE NOVEMBRO
O xoves 29 de Novembro se celebran no IES de Ponteceso as eleccións dos representantes do alumnado e as eleccións dos representantes dos pais e nais para o Consello Escolar. Os horarios son como siguen: Eleccións para os representantes do alumnado: ESO, Bacharelato e Ciclos durante o horario lectivo (de 9:00 a 14:20) ESA de 17:50 a 18:00 Eleccións para os representantes dos pais e nais: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Consello Escolar HORARIOS ELECCIÓNS
HORARIO PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DO PAIS E NAIS: XOVES HORARIO DE 9:00 A 14:00 E DE 16:00 A 20:00
HORARIO PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DO ALUMNADO: XOVES ESO, BACHARELATO E CICLOS NO HORARIO LECTIVO DE 9:00 A 14:20 ESA, DE 17:50 A 18:00
Magosto UN MAGOSTO PARA XOGAR VENRES 16 DE NOVEMBRO
Vídeo do magosto deste venres. Ah! Noraboa aos participantes nos xogos e aos resposteiros do concurso de postres de outono. Tamén moitas grazas a Jose María e a Jose Manuel por prepararnos as castañas.
Pendentes PDF do calendario de exames finais de pendentes A parte de que podedes acceder a el indo ao vinculo Pendentes en Administración, no menú da esquerda da páxina, tamén podedes acceder directamente premendo neste enlace: PDF EXAMES FINAIS DE PENDENTES ou na foto:
Actividades VÍDEO DA XORNADA DE INAUGURACIÓN DO OBSERVATORIO NO COUTO Para ver o video preme na foto e vas directamente a dirección en youtube. O martes 27 de outubro, o alumnado de 1º de ESO, acompañado de Jose Luís Rabuñal, que lles servíu de guía e orientounos nesta xornada, inauguraron o observatorio ornitolóxico Eduardo Pondal, no Couto. No vídeo uns instantes da xornada xunto as valoracións de Jose Luís Rabuñal do acto e da instalación.
Inglés Cambridge Blog dos cursos de inglés Cambridge Pronto poderás acceder neste blog a información sobre listas, horarios e anuncios do curso de inglés Cambridge no IES Ponteceso organizado pola ANPA en colaboración co centro
Eleccions CE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR No seguintes vinculos accedes á información sobre o desenvolvemento das eleccións ao consello e sobre a composicións dos órgaos de control do proceso.
Todas esta información está exposta á todos os membros da Comunidade Escolar no corredor do edificio I do IES Ponteceso
Actividades INAUGURACIÓN DO OBSERVATORIO EDUARDO PONDAL POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO O martes 27 de outubro, o alumnado de 1º de ESO, acompañado de Jose Luís Rabuñal, que lles servíu de guía e orientounos nesta xornada, inauguraron o observatorio ornitolóxico Eduardo Pondal, no Couto. No vídeo uns instantes da xornada xunto as valoracións de Jose Luís Rabuñal do acto e da instalación.