abril 2012

Probas
PÁXINA DA LISTAXE DAS CUALIFICACÍONS Á PROBA DE ACCESO A CICLO SUPERIOR
Preme no seguinte vínculo para acceder ás: Listaxes provisorias das cualificacións obtidas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Ao acceder a esta páxina aparecen unha serie de títulos de pdf. Preme no último da lista, o que pon listaxes provisorias das cualificacións obtidas nas proas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Noraboa aos aprobados e ánimos para quen non o conseguíu. 


Feira do libro
II FEIRA DO LIBRO
No vestíbulo do centro emprazamos a 2ª Feira do Libro do IES de Ponteceso, onde poderedes adquirir algún libro que vos guste.
O diñeiro recadado irá para a ONG Bubisher, que actúa nos campamentos de refuxiados saharauis e que na súa páxina web expón: '... Bubisher comezou sendo un bibliobús cargado de libros, que percorre as escolas e funciona como biblioteca ambulante dirixida a nenos, xóvenes e adultos. Hoxe o Bubisher é algo máis. Chamámoslle proxecto porque segue en continua evolución, pero agora, co bibliobus rodando e unha Biblioteca fixa en construción, máis o propósito de extenderse a outros campamentos, .... '.
Podes coñecer máis esta ONG  accedendo á súa páxina web: bubisher.com.
segunda feira dos libros


Exposición na Biblioteca
EXPOSICIÓN DE INSTANTS BOOKS
Durante a Semana Cultural os alumnos de 2º de ESO elaboraron libros de artistas, instant books, nun obradoiro organizado polo departamento de debuxo. Os resultados están expostos na biblioteca aproveitando que nesta semana tamén se celebra o día do libro o 23 de Abril.
instant book


Biblioteca e debuxo
EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS E TEXTOS LITERARIOS
Tamén están expostos no vestibulo pequenos fragmentos de textos premiados en diferentes concursos literarios convocados polo centro, acompañados con ilustracións realizadas polo alumnado de 4º da ESO.
ilustracions


CCNN
A MITOSE EXPLICADA POLOS ALUMNOS DE 4º DA ESO
Podedes ver o vídeo pinchando aquí.
Prometemos volver coa meiose


Excursión
IMAXES DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DA ESO  Publicamos algunhas imaxes de momentos vividos polo alumnado de 4º da ESO na excursión de fín de curso a Tenerife. Tiveron tempo para facer actividades como surf, visita ao centro Loro-park, visita ao parque acuático Siam-park, visita ao Parque Nacional do Teide....  
teide
O grupo co Teide ao fondo
surfsurf
Aprendendo e practicando surf
siam park
No parque acuático
hotel tenerife
Unha imaxe do hotel

 


Biblioteca
SEGUE EN MARCHA O II MARATÓN CULTURAL
Segue a desenvolverse o maratón cultural. O alumnado do instituto será posto a proba para demostrar as súas destrezas na busca de información tanto en internet como na propia biblio. Recordade que se sodes un dos tres primeiros grupos, ao final, haberá un premio para vós.


SEMANA CULTURAL

Semana Cultural
 doce semana cultural
Do 10 ao 13 de Abril, celebramos a XII Semana Cultural, aberta a toda a comunidade educativa do Instituto de Ponteceso.
HORARIO DE ACTIVIDADES POR CURSO E GRUPO


Música
VÍDEO DO CONCERTO DE XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ
.
Este martes tivemos o concerto de Xabier Díaz e Guillerme Fernández na biblioteca do IES. Houbo interpretacións e tamén charla. Un pracer compartir momentos con estes grandes músicos do noso país. Aquí deixamos unha mostra de como foi o concerto.


Charlas
MARTES 10: ÁNXEL CARRACEDO
PARA 1º e 2º de BAC .
ánxel carracedoÁnxel Carracedo Álvarez é probablemente o científico galego de maior proxección internacional. Nacido en Santa Comba, e galardoado recentemente con importantes premios e distincións, é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e doutor en Medicina pola mesma institución (1982), en ambos casos con premio extraordinario. O recoñecido xenetista que dirixe o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela dende 1994 así como a Fundación Pública Galega de Medicina xenómica, comparte a súa labor docente coa de investigación e lidera un grupo que traballa na xenética aplicada á resolución de problemas xudiciais.


Charlas
XOVES 12: ISABEL RISCO
PARA 2º de BAC.
isabel riscoA actriz Coruñesa Isabel Risco, comezou a súa carreira no teatro universitario a finais dos anos noventa e afianzou a súa vea dramática con estudos de Pedagoxía teatral.
Esta polifacética muller traballou como presentadora de galas, contadora de contos, pero realmente é coñecida pola súa labor na televisión, xa que na década do 2000, tras o seu debut en “O rei da comedia”, desenvolveu unha intensa actividade na canle autonómica.
Ademais de participar en “O show dos tonechos”, “Air Galicia”, “Padre Casares”, “Tourilandia” entre outros moitos, nos últimos anos os seus compromisos levárona a percorrer Galicia poñendo en escea novas apostas con outros humoristas, como o espectáculo de monólogos “Star Tres” no que o seu máximo obxectivo é conseguir que o público se divirta.


Charlas
VENRES 13: IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO
PARA 3º ESO, 1º e 2º de BAC.
implicadasImplicadas no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva máis de dez anos cambiando o mundo dende Galicia. Traballa a prol da erradicación da pobreza en comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto, no grupo das mulleres, a través da eliminación das estructuras de opresión Norte-Sur e de xénero e a contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de corresponsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.
Implicadas entende a cooperación ao desenvolvemento como un intercambio coas comunidades coas que traballa, que enriquece ás dúas partes e que pretende, desde a igualdade e o entendemento, acadar un cambio a nivel global nos ámbitos de xénero, a sanidade, a educación, os dereitos humanos, a economía e todos os factores que compoñen o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas busca promover a participación da cidadanía do Sur (ata o momento na India e en Etiopía) e en particular das mulleres a través das súas organizacións propias na toma de decisións sobre a súa vida a nivel local e mundial. Ademais, Implicadas promove intercambios de activistas e artistas dos países do Sur.
É unha organización baseada no voluntariado, polo que conta cunha única persoa contratada en Galicia.


Concertos
MARTES 10: CONCERTO DE XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ
PARA 3º ESO, 1º e 2º de BAC.
xabier diaz e guillermeXavier Díaz é a voz titular de Berrogüetto, ademais de compositor e produtor. O seu primeiro traballo “Músicas de Salitre”, foi gravado conxuntamente co guitarrista Guillermo Fernández en Compostela no ano 2004 e contou ademais con outros músicos como Xosé Lois Romero (Acordeón e Pandereta), Paco Dicenta (Baixo) e Carmen Rey (Voz).>br> Xavier Díaz foi mestre e director na Escola de Música e Danza do Concello de Ames entre o 1993 e o 1999. Define o seu traballo con Guillermo Fernández como “unha guitarra do sur, unha voz nordestina, cloro e sodio…química do Salitre”.
Guillermo Fernández é membro integrante da formación galega de música folk Berrogüetto, coa que ten realizado numerosas xiras por Galicia, Portugal e polo resto do mundo: Alemaña, Austria, Arxentina, Reino Unido, Dinamarca, Italia, Francia, Bélxica, Suiza, España...
Este martes 10 de Abril terémolos no Instituto.


Concertos
VENRES 13: CONCERTO DÚO ROXOLANA
PARA 4º ESO, PCPI e 1º de BAC.
diana gusakDÚO ROXOLANA. Diana Gusak e Omelyan Grabets son unha parella de músicos ucraínos.
Traballan por toda España amosando un variado e coidado repertorio. E tanto tocan na rúa coma nunha voda ou nunha festa.
Omelyan foi músico na Orquestra Sinfónica de Ucraína. No seu país estudou contrabaixo, violín e teoría e composición e, xa aquí en Galicia, traballou en varias orquestras. Agora encárgase de facer os arranxos dos temas que Diana interpreta con auténtica mestría.
Diana traballou na televisión de Ucraína e agora interpreta temas coma o Ave María de Schubert, o tema central da película Titanic, de Celine Dion ou a marabillosa Over de Rainbow. 


Horarios
HORARIOS POR GRUPOS DA SEMANA CULTURAL EN PDF
Premendo no enlace ou na imaxe poder ver os horarios por clases da semana cultural. En vermello as actividades.
HORARIOS DA SEMANA CULTURALhorarios semana cultural


Charlas
MÉRCORES 11: CHARLA DE María Arochena
PARA 3º e 4º de ESO e 1º de BAC
maría arochenaMaria Arochena Romero é socia fundadora de Perro Verde Films, produtora de Arrugas, unha longametraxe de animación 2D baseada nun cómic do mesmo título creado por Paco Roca (Premio Nacional do Cómic 2008) e que vén de ser galardoada con dous premios Goya, ao Mellor guión adaptado e á Mellor película de animación.
Perro Verde Films é unha empresa de produción española que, localizada en Galicia, desenvolve e produce obras audiovisuais para o mercado internacional. Dirixida por Manuel Cristóbal e creada no 2007 produciu catro longametraxes e a aplicación interactiva Contoplanet. En 2007 estreou Gritos en el pasillo (Juanjo Ramirez Mascaró, 2007) en coprodución con Producciones Bajo la Lluvia, converténdose na primeira estrea day & date realizado en España e Premio FICOD do Ministerio de Industria pola súa estratexia de marketing e distribución dixital.
Dende o 2009 estreou títulos como a comedia Los muertos van deprisa, en colaboración con Disney, o drama La noche que dejó de llover en coprodución con Iroko Films e a longametraxe de animación 3D El Lince Perdido (Manuel Sicilia, Raúl García, 2008) en coprodución con Kandor Moon, gañadora tamén dun Goya así como premiada como mellor película en Animadrid.


Charlas
VENRES 13: CHARLA DE LUÍS REI NÚÑEZ
PARA 2º de BAC
luis reiLuís Rei Núñez (A Coruña, 1958), xornalista de profesión, pertence á promoción que a comezos dos anos 80 tomou o relevo dos grandes escritores das letras galegas desaparecidos entón, como Rafael Dieste, a quen adicou unha biografía en 1987, A travesía dun século. Ao longo da súa traxectoria cultivou o ensaio no seu volume Poetas Andantes navegantes (1995), a poesía en A rolda invisible (1998) e Alma mareira (2003) e a narrativa, que inclúe os títulos Expediente Artieda (Premio Xerais de novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), Monte Louro (2009, Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano) e Cita en Fisterra (2011).


Charlas
XOVES 12: CHARLA DO LAMA VEN. GUESHE TENZIN TAMDING
PARA 1º de BAC e CICLOS.
lamaVen. Gueshe Tenzin Tamding naceu en Dagyab (Kham) no 1.966. Ós 10 anos iniciou os seus estudos no colexio de Ganden Shartse Norling. Nesta universidade de Ganden, na India, estudou durante 17 anos, e obtivo o título de Gueshe Larampa (doutor en Filosofia Budista), sendo un dos mellores Gueshes da nova xeración.
Completou todos os cursos das cinco áreas maiores do coñecemento budista como a Perfección da Sabiduría, Madhyamika, Lóxica, Metafísica e Disciplina Monástica con distinción, acadando a mais alta honra académica permitida na Escola Guelupa.
Despois de graduarse na Universidade Budista, S.S. o IX Dalai Lama enviouno a difundir o puro e auténtico Budadharma ás universidades monásticas, institucións e centros budistas de todo o mundo.
O mestre Tibetano Ven. Gueshe Tenzing Tamding é o presidente da Fundación Chop Tsup Tsang e director espiritual de 16 centros budistas en España e tamén en Xapón, Estados Unidos, Singapur e Taiwan.


Charlas
MARTES 10: EMERXENCIAS 112 GALICIA
PARA CICLOS e PCPI.
emerxencias 112É un servizo público da Xunta de Galicia xestionado pola “Axencia galega de emerxencias” adscrita á Consellería de Presidencia.
Este servizo trata de ser a asistencia máis inmediata posible ás demandas dos cidadáns de todo o país que se atopen nunha situación de risco persoal ou colectivo.
Atende calquera urxencia e emerxencia en materia sanitaria, extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección civil e coordina as actuacións de todos os organismos que interveñen na resolución das mesmas.
O “112” é unha liña telefónica gratuita, dispoñible as 24 h do día e os 365 do ano.


Charlas
MÉRCORES 11: CHARLA DE MARÍA JOSÉ M. SANTÉ SOBRE NUTRICIÓN
PARA 1º de BAC.
mjose santéMaría José M. Santé é Doutora en Bioloxía pola Universidade da Coruña, Master en Medicina Natural pola Universidade de Santiago e actualmente traballa como profesora de Bioloxía no IES Parga Pondal de Carballo, onde, preocupada polos hábitos de vida dos seus alumnos, se encarga da edición da revista e do blog “Rotativa Saudable” Tamén publica con asiduidade artigos no seu blog “Naturopatía en casa”


marzo 2012

Actividades
CONVOCAMOS O II MARATHÓN CULTURAL
Por segundo ano consecutivo a Biblioteca, coa colaboración dos diversos Departamentos Didácticos, organiza o II Maratón Cultural, no que calquera grupo de alumnos do instituto pode demostrar as súas destrezas na busca de información tanto en internet como na propia biblio.
O concurso dará comezo xusto despois da Semana Cultural : o 16 de abril e como o ano pasado hai suculentos premios para os tres primeiros grupos gañadores.
APUNTÁDEVOS NA BIBLIOTECA  XA!!!!!!!!
Aquí tedes as bases:





Conmemoracións
CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER NO IES PONTECESO.


As profesoras do IES de Ponteceso transfórmanse neste día en mulleres que loitaron polos seus dereitos nun mundo masculino, sufrindo a falta de voz e proxección polo simple feito de ser muller.


Inglés
XORNADA DE TEATRO EN INGLÉS
O pasado luns asistimos un ano máis a unha representación teatral realizada por un grupo británico “CLEVER PANTS” que nos ofreceu unha simpática historia “Three in One” baseada en tres xéneros clásicos: unha traxedia do século XVII, un melodrama do século XIX e unha aventura do século XX . “A drama, a romance and a thriller with a large dose of humour”
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:



Linguas estranxeiras
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
A consellería abre o prazo para a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas 
estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril.
A Consellería convoca 2495 prazas para todos os cursos da ESO e de Bacharelato. A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. 

Xúntase instrucións para solicitar estas axudas.


Excursións
VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO
sotaventoO alumnado de 3º de ESO e algún alumno do ciclo e PCPI de automoción, visitaron o día 7 o parque experimental Sotavento en Xermade. Un guía explicoulles o funcionamento da tecnoloxía sobre enerxías renovables que están experimentando neste parque, viron en funcionamento un coche electrico e unha casa domótica.


Biblioteca
RECOÑECEMENTO ESTATAL PARA O BO FACER NA BIBLIOTECA
Sello de Buena Práctica leer.es
O Centro Virtual Leer.es do Ministerio de Educación vén de concedernos o selo “Buena Práctica Leer.es” deste mes polo noso Itinerario Lector de Centro, elaborado pola biblioteca e difundido no noso blog.
O instituto é xunto a un centro de Burgos e outro de Alxeciras os recoñecidos neste mes de marzo.
Dende o equipo que traballa na biblioteca aproveitamos para dar as grazas a todo o centro polo voso apoio e animarvos a seguir traballando a prol dun proxecto común de boas prácticas de lectura.


xaneiro 2012

Conmemoracións
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
Celebramos o día da paz no instituto proxectando diferentes películas con esta temática para todos os cursos do centro.
dia da paz
O pianista, para 1º de Bacharelato e ciclos.
La vida es bella, para 1º e 2º da ESO
Osama, para 3º e 4º de ESO e PCPI.


Avaliacións
CALENDARIO DOS EXAMES E DAS AVALIACIÓNS DA ESA
EXAMES FINAIS ESA E PCPI2:
XOVES 26 DE XANEIRO:
15.45h Iniciación profesional á mecánica e Iniciación profesional á xestión administrativa
VENRES 27 DE XANEIRO:
16.30h Ámbito social MÓDULO III/ PCPI2
18.00h Ámbito social MÓDULO I
LUNS 30 DE XANEIRO:
16.30h Inglés MÓDULO III/ PCPI2
18.00h Inglés MÓDULO I
MARTES 31 DE XANEIRO:
16.30h Ámbito científico-tecnolóxico MÓDULO III/ PCPI2
18.00h Ámbito científico-tecnolóxico MÓDULO I
MÉRCORES 1 DE FEBREIRO:
16.30h Ámbito comunicación MÓDULO III/ PCPI2
18.00h Ámbito comunicación MÓDULO I
AVALIACIÓNS ESA E PCPI2
XOVES 2 DE FEBREIRO:
Avaliación Módulo I …….............……15.30h
Avaliación Módulo III/ PCPI2 ………..16.00h
VENRES 3 DE FEBREIRO:
Entrega de notas 17.00h


ESA
COMEZO DO MODULO II E O MODULO IV DA ESA
O LUNS 6 DE FEBREIRO COMEZAN
- Para o alumnado que superou algún ámbito do módulo I, os ámbitos do módulo II correspondentes.
- Para o alumnado que superou algún ámbito do módulo III, os ámbitos do módulo IV correspondentes
- E para o alumnado de PCPI II segue o curso cos módulos voluntarios (equivalente a módulo IV da ESA)



Probas de Acceso
DATAS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E SUPERIOR
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO:

Solicitude de inscripción: entre os días 27 de febreiro e o 9 de marzo de 2012. Recóllese e entrégase no propio centro.  
Realización das probas de acceso: día 25 de maio de 2012. Aínda non saíu onde son as probas. (informarase cando saia)
Requisitos de idade:
- Ter 17 anos ou cumprilos no ano natural de realización da proba.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
Solicitude de inscripción: entre os días 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2012. Recóllese e entrégase no propio centro. 
Realización das probas de acceso: día 30 de marzo de 2012. Aínda non saíu onde van ser as probas. (informaremos cando saia)
Requisitos de idade:
- Ter 19 anos ou cumprilos no ano natural de realización da proba.
- Cumprir ou ter cumpridos 18 anos no ano natural de realización da proba e dispor dun título de técnico relacionado con aquel ao que desexe acceder.



O IES DE PONTECESO DESÉXAVOS UN FELIZ ANO 2012

2012
FELIZ 2012 DENDE O IES PONTECESO
Feliz ano 2012 a todos e todas. Aos que coa súa labor diaria son o empuxe da educación. Que teñades un ano no que gozar dos mellores momentos e afrontar os non tan bos con ánimo e esperanza; e no que a educación siga sendo coa labor de todos e todas a plataforma onde coller impulso para atrapar os soños. Dende o IES Ponteceso, FELIZ 2012.



Distribuir contido