ORIENTALINE
O IES EDUARDO PONDAL CELEBRA O SEU PRIMEIRO MERCADO DE NADAL
O xoves 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00 e as 13:30 para aqueles que queiran participar no seu primeiro Mercado de Nadal. Nel haberá diversos postos: produtos do comercio xusto da asociación Solidariedade Internacional de Galiza, doces de Casal & Cotón, libros e obxectos de segunda man, accesorios elaborados polos participantes do Proxecto LÓVA, un posto de envoltorio ecolóxico de agasallos e un punto de recollida de alimentos e produtos hixiénicos en colaboración coa iniciativa Cesto solidario (dispoñible xa no instituto).
Paralelamente, haberá partidos de volley, fútbol e brilé, un obradoiro de tarxetas pop-up e elfos, un photocall, ambientación musical e o sorteo dunha cesta de Nadal.
Animámosvos a todos/as a vir coñecer o noso centro e participar na iniciativa.