Publicación da data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral

 

Durante o mes de novembro celebraranse as eleccións de membros do Conello Escolar. O calendario electoral será fixado pola Xunta Electoral, que é o órgano encargado da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

A Xunta Electoral estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servizos e un alumno ou alumna; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

 

DÍA: MÉRCORES 16 DE OUTUBRO

HORA: 11:00

LUGAR: Despacho Dirección