Lingua Galega
Saída didáctica a Santiago de Compostela
Enviado por Anónimo o Dom, 09/02/2020 - 22:20Saída didáctica a Compostela
O pasado xoves 30 de xaneiro as rapazas e os rapaces de 1º e 2º de Bacharelato e as de FP desfrutaron dunha saída pedagóxica á capital da Galiza.
Pola mañá, o alumnado de 2º de Bacharelato fixo unha pequena homenaxe no Panteón das Galegas Ilustres aos escritores do grupo Nós, así como tamén reivindicaron o papel das mulleres na configuración do noso sistema literario.
Despois deste recoñecemento, visitaron o Museo do Pobo Galego cunha actividade que a guía da institución lles proporcionou. Recorreron as salas e as diversas exposicións de xeito autónomo e entretido á descuberta de diferentes obxectos, símbolos, vestimentas, ferramentas…que nos conforman como pobo.
Xa pola tarde, tiveron a sorte de gozar da exposición “Galicia, un relato no mundo” que se atopaba na cidade da cultura, acompañadas dun experto na mostra. Alí, viron en directo e por primeira vez os Cancioneiros da Vaticana, tesouros da nosa lírica medieval, así como outras xoias da nosa cultura, como “A SANTA” de Francisco Asorey .
Podes ver no seguinte enlace algunhas das fotos da xornada:
Letras galegas 2019: AntonioFraguas
Enviado por Anónimo o Mér, 15/05/2019 - 11:33Xa están no corredor os traballos elaborados polo alumnado do instituto sobre a figura do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano
Language Planning
Enviado por Anónimo o Mér, 27/02/2019 - 17:52O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu, o venres 23, a unha montaxe teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns (promovida pola editorial Galaxia e representada no salón de Actos do IES Lucus Augusti). Unha adaptación da obra de Séchu Sende Made in Galiza, que constitúe unha orixinal análise sobre a realidade sociolingüística galega e que leron este curso para a materia de Lingua.
Coñecemos a Biblioteca Pública de Lugo e asistimos a unha actuación teatral (Anagnórise)
Enviado por Anónimo o Mar, 24/04/2018 - 20:25No marco das homenaxes a María Victoria Moreno, ó lor da festa das Letras Galegas, asistimos a unha adaptación teatral que Limiar Teatro fixo da novela Anagnórise,un proxecto promovido pola editorial Galaxia. Ademais, fixemos unha visita á Biblioteca Pública de Lugo, onde nos ensinaron o seu funcionamento, algunhas salas de acceso restrinxido con libros moi valiosos e repartiron os carnés de lector a quen o solicitara.
Compartindo poesía
Enviado por Anónimo o Mar, 27/02/2018 - 17:39Fanse 181 anos do nacemento da nosa poeta Rosalía de Castro e co lema "Abride a fiestra" celebráronse por toda Galicia actos para homenaxear a súa figura. No IES de Palas fixemos a nosa contribución: escollemos os seus versos, escribímolos nunha tarxeta postal e compartímolos con …
Velaí van algunhas desas postais (moi axiña vos chegarán ás caixas do correo)