Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Xuño 28, 2024 »
Ven
Start: 28/06/2024 15:58

 

O alumnado da materia de Economía de 4º da ESO no IES do Camiño, impartida pola profesora Dna Alejandra Abuín Sixto, realizou o proxecto: "Impacto Económico de Eventos Meteorolóxicos Extremos na nosa Comunidade"

O obxectivo deste proxecto foi explorar cómo os eventos meteorolóxicos extremos afectan a economía da nosa comunidade local na comarca de Palas de Rei. A través da recompilación e a análise de datos económicos e meteorolóxicos, buscamos comprender mellor a relación entre o clima e a economía, así como identificar estratexias para mitigar os impactos económicos negativos destes eventos.

As actividades realizaras foron as seguintes:

1. Investigación Preliminar:

• Realizamos unha investigación sobre os diferentes tipos de eventos meteorolóxicos extremos que afectan a nosa rexión (tormentas, inundacións, secas, etc.).

• Recompilar datos históricos sobre eventos meteorolóxicos extremos pasados e os seus impactos económicos na nosa comunidade e noutras comunidades do país.

2. Análise Económico:

• Estudamos os principais sectores económicos da nosa comunidade (agricultura, turismo, industria, etc.) enmarcado na programación didáctica da materia de cuarto da ESO.

• Analizamos como os eventos meteorolóxicos extremos afectan cada un destes sectores (perdas de cultivos, cancelacións de eventos turísticos, influencia no camiño de Santiago e no volume de peregrinos, danos á infraestruturas públicas e privadas, etc.).

• Cuantificamos custos económicos asociados con estes impactos na agricultura, na gandeiría e no turismo relacionado co camiño de Santiago.

3. Entrevistas e enquisas:

• Realizamos entrevistas con familias gandeiras, empresarios locais, agricultores e outros actores clave para comprender cómo foron afectados por eventos meteorolóxicos extremos no pasado e cómo se están preparando para futuros eventos.

• Deseñamos e levamos a cabo enquisas para recompilar datos adicionais sobre as percepcións e experiencias da comunidade en relación co impacto económico dos eventos meteorolóxicos extremos.

4. Presentación de Resultados:

• Analizamos datos recompilados e presentamos resultados de maneira clara e concisa.

• Identificamos posibles medidas de adaptación e mitigación que poderían axudar a reducir os impactos económicos dos eventos meteorolóxicos extremos no futuro.

5. Accións futuras:

• Desenvolveremos recomendacións específicas para políticas e accións futuras destinadas a mellorar a resiliencia económica da nosa comunidade fronte a eventos meteorolóxicos extremos.

• Análise de posibles colaboracións con institucións locais e rexionais para implementar medidas de adaptación e mitigación.

 

Este proxecto non só permitiu aos estudantes aprender sobre os conceptos económicos clave, senón que tamén lles brindou a oportunidade de aplicar estes coñecementos nun contexto real e relevante para a súa comunidade. Ademais, fomentou a conciencia sobre a importancia da preparación para eventos meteorolóxicos extremos e a necesidade de accións colectivas para abordar os seus impactos económicos.

 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido