Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 28/06/2024 15:58
O alumnado da materia de Economía de 4º da ESO no IES do Camiño, impartida pola profesora Dna Alejandra Abuín Sixto, realizou o proxecto: "Impacto Económico de Eventos Meteorolóxicos Extremos na nosa Comunidade" O obxectivo deste proxecto foi explorar cómo os eventos meteorolóxicos extremos afectan a economía da nosa comunidade local na comarca de Palas de Rei. A través da recompilación e a análise de datos económicos e meteorolóxicos, buscamos comprender mellor a relación entre o clima e a economía, así como identificar estratexias para mitigar os impactos económicos negativos destes eventos. As actividades realizaras foron as seguintes: 1. Investigación Preliminar: • Realizamos unha investigación sobre os diferentes tipos de eventos meteorolóxicos extremos que afectan a nosa rexión (tormentas, inundacións, secas, etc.). • Recompilar datos históricos sobre eventos meteorolóxicos extremos pasados e os seus impactos económicos na nosa comunidade e noutras comunidades do país. 2. Análise Económico: • Estudamos os principais sectores económicos da nosa comunidade (agricultura, turismo, industria, etc.) enmarcado na programación didáctica da materia de cuarto da ESO. • Analizamos como os eventos meteorolóxicos extremos afectan cada un destes sectores (perdas de cultivos, cancelacións de eventos turísticos, influencia no camiño de Santiago e no volume de peregrinos, danos á infraestruturas públicas e privadas, etc.). • Cuantificamos custos económicos asociados con estes impactos na agricultura, na gandeiría e no turismo relacionado co camiño de Santiago. 3. Entrevistas e enquisas: • Realizamos entrevistas con familias gandeiras, empresarios locais, agricultores e outros actores clave para comprender cómo foron afectados por eventos meteorolóxicos extremos no pasado e cómo se están preparando para futuros eventos. • Deseñamos e levamos a cabo enquisas para recompilar datos adicionais sobre as percepcións e experiencias da comunidade en relación co impacto económico dos eventos meteorolóxicos extremos. 4. Presentación de Resultados: • Analizamos datos recompilados e presentamos resultados de maneira clara e concisa. • Identificamos posibles medidas de adaptación e mitigación que poderían axudar a reducir os impactos económicos dos eventos meteorolóxicos extremos no futuro. 5. Accións futuras: • Desenvolveremos recomendacións específicas para políticas e accións futuras destinadas a mellorar a resiliencia económica da nosa comunidade fronte a eventos meteorolóxicos extremos. • Análise de posibles colaboracións con institucións locais e rexionais para implementar medidas de adaptación e mitigación.
Este proxecto non só permitiu aos estudantes aprender sobre os conceptos económicos clave, senón que tamén lles brindou a oportunidade de aplicar estes coñecementos nun contexto real e relevante para a súa comunidade. Ademais, fomentou a conciencia sobre a importancia da preparación para eventos meteorolóxicos extremos e a necesidade de accións colectivas para abordar os seus impactos económicos. |