Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
A profesora Dna Cristina González Abelairas, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, realizou co alumnado de 3º da ESO na materia de Proxecto Competencial un vídeo signando os principais meteoros. Empregouse tanto a lingua de signos galega (LSG) como a lingua de signos española (LSE). Nesta actividade explicouse ós/ás rapazas que a lingua de signos é a lingua propia das persoas con xordeira ou xordo cegueira e emprega unha canle distinta a das linguas orais, pois é xestual e visual con parámetros específicos na produción signada como: localización do signo, configuración da man, movemento, orientación da palma, expresión corporal e/ou facial e vocalización. Os principais obxectivos foron:
Buscáronse os signos dos meteoros en lingua de signos a través do dicionarios "preadsign.com", que se corresponden coas seguinte palabras en castelán: LLUVIA, NIEVE, AGUANIEVE, HELADA, GRANIZO, COPO, HIELO, AGUA, RAYO, TRUENO, FRÍO, MAREA, NOCHE, DÍA, HURACÁN, VIENTO, SOL, LUNA, ARCOÍRIS, CALIMA, NIEBLA ou NUBES. Ademais foron necesarios outros signos que permitían matizar os anteriores como: CAPA, MUCHO, POCO, FIN, INSTANTE... A docente explicou o signado con detalle que o alumnado ensaiou. Tamén se viron vídeos sobre información meteorolóxica signada na TVG e persoas xordas signando sobre o tema. Finalmente gravouse un vídeo que pódese ver en YouTube, para que máis persoas poidan aprender sobre os meteoros en lingua de signos e para difundir a importancia desta lingua e promover o seu uso na sociedade.
Clica na imaxe para ver o vídeo
|