Skip to Content

Dinamización lingüística

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado venres 23 de febrerio, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, realizamos no centro varias actividades para recordar a escritora iniciadora do Rexurdimento.

 

RECITAL DE POESÍA

O alumnado de Proxecto Competencial (2º ESO) encargouse de facer un recitado poético da obra de Rosalía.

 

TAREFA CREATIVA


Mentres que os alumnos e alumnas escoitaban de fondo a versión musicada de Guadi Galego do poema "Tecín soia a miña tea", foron tecendo os versos de dito poema e saíron auténticas creacións:

 

TALLER DE POSTAIS

Os rapaces e rapazas escolleron un poema de Rosalía e, acompañado dunha ilustración, escribírino nunha postal que logo enviaron por correo a quen eles quixeron. Aquí tedes algún exemplo:

 

 

 

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O pasado 21 de febreiro o noso centro contou coa visita da escritora Andrea Maceiras. A autora mantivo unha conversa co alumnado de 1º ESO do seu libro Alma de elefante e con rapaces e rapazas de 4º ESO para falar de Que me pare o corazón se te esquezo. Coa axuda dunha presentación dinámica explicounos as orixes das novelas para logo manter unha suxestiva conversa sobre elas. Por último, mantivo un coloquio co alumando no que Andrea respondeu a preguntas sobre os seus inicios como escritora, o longo proceso de creación dos libros, das dinámicas creativas, etc.

Andrea, grazas por visitarnos!

AQUÍ TAMÉN SE FALA

IES Rafael Dieste da Coruña lanzou no curso pasado unha campaña de dinamización da lingua galega. Este ano, na segunda edición, a actividade estase estendendo coma a pólvora e xa somos máis de 180 centros que nos sumamos á campaña. 

Aquí tamén se fala! é o título da campaña e é o alumnado dos centros o que fai exercer de dinamizador lingüístico no seu medio, achegando os carteis da campaña aos comercios, aos talleres, aos supermercados, ás librarías, aos bares... a todos os lugares da súa zona máis próxima, para así estenderen a mensaxe. 

Este traballo, coordinado co IES Afonso X O Sabio, permitirá chegar a todos os recunchos do concello e visibilizar deste xeito que Aquí tamén se fala galego!

Nesta ligazón está toda a información da campaña: Aquí tamén se fala!

 

 

     

 

Concurso musical FEBREIRO

Xa está aquí o concurso musical do mes de febreiro.

Anímate e partipa!!

Lembramos as normas:

  • Tes de completar as dúas pezas
  • Tes de rexistrarte cos teus datos (Nome completo, curso e aula)
  • Prazo: ata o 3 de marzo
  • Se partipan máis de 35 persoas, sortéase camiseta.
  • Gorentosos premios

A candeloria, 2 de febreiro

candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra, di tamén a cultura popular), no momento en que  xa é evidente que medran os días e a natureza comeza a prepararse para  o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. 

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa,  di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! (Tirado do Portal das Palabras)  

Concurso refráns

Para festexar esta data o EDLG convoca un concurso de refráns da Candeloria e outros.

A ver que sabe máis e é máis rápido!! Os primeiros terán premios (puntos, bocatas, ...)!!

 

Anímate a participa

Lembra pór o teu nome, apelido, curso e aula. Se cadra debes darlle antes a Esse não sou eu.

Na catedral do abrente

hoxe cásanse os paxaros,

con nubens de neve e ouro

está o ceo galanado.

 

Ficou o día ancorado

na ría donda do ceo.

Os roibéns soben no lonxe

como rosarios de encenso.

 

O xantar do casamento,

roibo, na palma da man

das eiras madrugadoras

xa está arranxado no val.

 

Vai tocando polo campo

a súa zanfona o rego

e canta o vento nas farpas

sonorosas dos piñeiros.

 

O campo as montanas ruzas

envolve en capa pluvial

co hisopo do sol mollado

dálles a beizón nupcial.

 

Do casebre nugallán

soben os vivas dos galos

e na festa desta noite

 

estrena un luar o campo.

soben os vivas dos galos

e na festa desta noite

 

estrena un luar o campo.

 

                       Luís Amado Carballo, Proel (1927)

27 de xaneiro, Día Internacional da Lembranza do Holocausto

O Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto é un día internacional de lembranza das vítimas do Holocausto, un asasinato en masa por unha ideoloxía racista cometido polos nazis e os seus seguidores que se cobrou a vida 11 millóns de persoas entre  xudeus (6 millóns), comunistas, polacos, xitanos, homosexuais, persoas con discapacidade, comunistas, desidentes, serbios ,... e outros durante a Segunda Guerra Mundial.

Segundo as fontes historiográficas Franco deportou  máis de 10.000 republicanos españois, preto de 200  orixinarios de Galicia,  aos campos de concentración nazis. Morreron preto de 6.000. Os restantes foron  liberados. Aínda así,  a ditadura franquista nunca lles permitiu voltar ao seu país.

Este 2024 cúmprense 79 anos da liberación (o 27 de xaneiro de 1945) do maior campo de concentración nazi, o de  Auschwitz-Birkenau, un dos centros de reclusión onde se executou a política de exterminio masivo, instaurada polo réxime nazi de Adolfo Hitler durante a Segunda Guerra Mundial.

No IES David Buján queremos recordar e educar para non repetir. Para  lembrar esta catástrofe histórica vaise proxectar no salón de actos O neno do pixama a raias (2008), película que igual cá novela, aínda que con pequenos cambios, descríibe o holocausto durante a Segunda Guerra Mundial desde o punto de vista dun neno.

 

Concurso musical (xaneiro)

Xa está aquí o concurso musical de xaneiro.

Tes que escoitar as  dúas pezas   e completar a letra (pode ser en momentos distintos). Non te esquezas de pór o teu nome (completo), curso e grupo. O 2 de febreiro, Día da Candeloria, farase o sorteo.

Se participan máis de 35 persoas sortéase unha camiseta 

Sorteo de puntos do EDLG, bocatas, lapis máxico, diploma, ..

PARTICIPA!!

 

Concurso musical Decembro 23

 

Cubre os teus datos (nome, apelidos, curso e aula) , escoita as  dúas cancións e participa no sorteo.

Gorentosos premios!

Sórtéase unha camiseta  se participan máis de 35 persoas!

Distribuir contido


by Dr. Radut