Escoitar, Aprender e Compartir

Benvida

 
EnderezoCamiño do Penisal, 29 - 36320 Chapela (Redondela)
Tfno.: 886 110 610  //  Fax: 886 110 623
e-mail: ies.chapela@edu.xunta.gal
Código de Centro: 36019566

Eleccións ao Consello Escolar 2024

O Consello Escolar é o órgano de goberno colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, nais e pais, persoal non docente, ademais dunha representación do Concello de Redondela. As eleccións de novos membros realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2024, renovando dous representantes do alumnado, tres representantes do profesorado e un representante das familias. No espazo Eleccións ao Consello Escolar podes seguir todo a actualidade en relación ao proceso electoral. Para calquera cuestión non dubides en poñerte en contacto coa dirección do centro ben persoalmente, ben a través do noso correo electrónico. E sobre todo, participa. O Consello Escolar é o máis importante órgano de goberno do instituto, un exemplo do que debe ser a xestión democrática e participativa dun centro educativo.

ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN

O profesorado de FP e Secundaria fórmase na metodoloxía LEGO para impulsar o emprendemento e a innovación educativa

O pasado martes 12 de novembro, un grupo de profesoras e profesores de FP e ESO do noso centro mergullouse nun curso de formación en metodoloxía LEGO, unha innovadora estratexia educativa que aposta por unha aprendizaxe máis lúdica e motivadora.

Impartido pola formadora acreditada Mónica Rodríguez Nieto, o curso achegou aos docentes novas ferramentas para transformar as súas clases en espazos creativos, onde o alumnado poida alcanzar o “flow”, ese estado de concentración profunda que permite aprender con entusiasmo e sen distraccións.

A metodoloxía LEGO está especialmente deseñada para promover o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, potenciando competencias como o traballo en equipo, a creatividade e a resolución de problemas. Ademais, esta formación tamén serviu para fortalecer a colaboración entre o profesorado de distintas áreas, creando unha visión interdisciplinar que enriquecerá a experiencia educativa no noso centro.

Con esta iniciativa, financiada pola Aula de Emprendemento, o IES Chapela aposta por unha educación que responda ás necesidades do século XXI, impulsando o desenvolvemento persoal e profesional de todo o seu alumnado.

Máis fotos aquí.

Obradoiro sobre sexualidade e novas tecnoloxías

Certame Escolar Provincial de Regueifas

O alumnado de 2º ESO do IES de Chapela despregou todo o seu talento e improvisación no V Certame Escolar Provincial de Regueifas, celebrado o pasado venres 8 de novembro no Centro Social e Cultural de Valadares.

Tedes aquí un vídeo coas regueifas do noso alumnado.

Solidariedade coas persoas afectadas pola DINA

Dende o IES de Chapela queremos expresar a nosa máis fonda solidariedade con todas as persoas afectadas pola DINA que golpeou sobre todo á Comunidade Valenciana. Enviámosvos de todo corazón a nosa forza e agarimo para afrontar esta situación e desexamos que poidades volver á normalidade o máis axiña posible.

Seguindo as recomendacións da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que anima a priorizar neste momento as doazóns directas a Cruz Vermella como vía para canalizar a axuda dirixida a paliar as consecuencias da emerxencia, deixamos aquí unha ligazón para as persoas interesadas en facer a súa achega: https://www.cruzroja.es/inicio-web/ 

Convite Just Dance

Obradoiro de relatos arrepiantes

Lara Dopazo imparte, como fixo o curso anterior, un obradoiro de relatos arrepiantes para 4°ESO. O alumnado desfrutará do saber dunha das escritoras de relatos máis recoñecidas da literatura galega. 

A premiada autora por "O axolote e outros contos de bestas e augas" vén de tirar do prelo "Contos gringos", unha colección de contos ambientados no centro dos EEUU con abondosas mostras desa narrativa inquedante da que ela é mestra.

Escola de Nais e Pais da Federación de Anpas de Redondela

Festa de Magosto-Samaín

Chegou o outono e, como todos os anos, o IES de Chapela celebrou a súa tradicional festa de Magosto-Samaín. Castañas, música, bailes, xogos e disfraces encheron de diversión a xornada, onde tampouco faltaron os sustos e os arrepíos da man de experiencias paranormais como as vividas no túnel do terror!

Pica na imaxe para acceder á galería de fotos e aquí para ver as fotos do noso photocall.

 

 

 

Distribuir contido