O grupo de teatro inclusivo Xanela estrea o próximo 7 de xuño a súa terceira peza, “Sinfonía Graffiti”, ás 19:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela). Esta obra é o resultado dun proxecto de teatro comunitario de creación colectiva desenvolvido entre a Asociación Xaruma, a Escola de Arte Dramática de Galicia e o IES de Chapela. A iniciativa conta coa participación de máis de trinta persoas das tres entidades implicadas e coa colaboración do Concello de Redondela, tendo como obxectivo principal lograr a inclusión e fomentar o sentimento de pertenza. “Sinfonía Graffiti”, dirixida polo director teatral e dramaturgo Roi Vidal, retrata en si mesma a unión desde a diversidade, presentándonos escenas cotiás dun barrio calquera onde unha serie de personaxes recoñecibles para o público han conformar entre todas a súa particular harmonía colectiva. A entrada será de balde ata completar aforo. Non perdas a oportunidade de ser parte desta sinfonía.
|
|||
A continuación podedes desfrutar das doce obras de teatro radiofónico elaboradas polo alumnado de 1º ESO ao longo deste curso 22-23 na materia de Proxecto competencial.
|
|||||||||||||||||||||||||||
O venres 31 de maio o IES de Chapela celebrou a XXVIII edición do seu Maratón polas Letras Galegas coa colaboración dos CEIP de Laredo, Igrexa e Alexandre Bóveda. A actividade contou coa participación entusiasta de alumnado, profesorado, persoal non docente, e nais e pais do alumnado dos distintos centros. A carreira tivo lugar nas inmediacións do CEIP de Laredo e a praia de Arealonga e incluíu unha diversidade de categorías e premios, desde infantil ata os maiores de secundaria. Como nas edicións anteriores do maratón, o obxectivo desta xornada foi, ademais de gozar dun día de deporte e convivencia, visibilizar e reivindicar o uso da lingua galega. Ademais, este ano o maratón honrou a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Pincha aquí aquí para ver a clasificación e fotos das premiadas e premiados.
|
|||||
No mes de maio, dentro do proxecto Meteoescolas, o alumnado de 1º EDIN estivo decorando a biblioteca do centro para darlle un ambiente primaveral. Parabéns polo seu traballo e a súa creatividade! Deixámosvos aquí un vídeo para ver a ambientación.
|
|||||
O venres 31 de maio celebraremos o noso tradicional maratón das Letras Galegas na súa XXVIII edición Este curso adicado a LUISA VILLALTA. O IES de Chapela e os CEIPs de Laredo, Igrexa e Angorén con todo o seu alumnado e profesorado correremos para celebrar o Día das Letras Galegas e reivindicar a importancia da nosa lingua. O percorrido este ano discurre pola zona do CEIP de Laredo e a praia de Arealonga. Podes consultar o percorrido pinchando na seguinte ligazón: https://www.canva.com/design/DAGGgTOQ0PM/pTq68A0QaJriCb7yo6yo5g/watch
|
|||
O ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO DA ESO PARTICIPOU HOXE VENRES 24 DE MAIO NO IV TORNEO DE XADREZ QUE ORGANIZA CON GRANDE ÉXITO O PROFESOR DO IES PEDRO FLORIANI MIGUEL ÁNGEL VIDAL EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE REDONDELA E A FEDERACIÓN DE XADREZ. NESTA XORNADA O ALUMNADO DE TODOS OS CENTROS DE SECUNDARIA E PRIMARIA DO CONCELLO COMPARTIU A SÚA AFECCIÓN POLO XADREZ, SENDO O DE MENOS OS RESULTADOS DAS PARTIDAS DA COMPETICIÓN E O MELLOR, A CONVIVENCIA ENTRE TODOS E TODAS. PARABÉNS!!
|
|||||||||
Hoxe, 20 de maio, despedímonos con moita gratitude e cariño do noso compañeiro Avelino Seoane Arjones, que deixa o centro tras máis de dous anos e medio de traballo incansable como conserxe. Durante este tempo, foi unha peza fundamental do noso instituto, sempre disposto a axudar e a facer que todo funcionase o mellor posible. A súa dedicación e a súa amabilidade deixan unha pegada profunda en nós. Grazas polo teu labor, Avelino! Botaremos de menos a túa presenza diaria. Agardamos que esta nova etapa que comezas fóra do noso centro estea para ti chea de momentos tan fermosos como os que ti nos regalaches no IES de Chapela!
|
|||
O salón de actos da delegación da Xunta de Galicia en Vigo acolle o xoves 23 de maio ás 19.30 horas a presentación do informe "Xuventude e Internet en Galicia", elaborado por IC Media e que contou coa colaboración do IES de Chapela na elaboración de enquisas ao alumnado. A entrada é de balde, e nesta presentación debullaranse os datos obtidos sobre os hábitos de consumo dixital da mocidade galega.
|
|||
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! PODEDES ENVIAR A FICHA AO CORREO QUE INDICA OU ENTREGARLLO AOS PROFES DE EF O LUNS 20!
|
|||
Este 15 de maio, día da Nakba, docentes do IES de Chapela sacan a kufiya en solidariedade co pobo palestino.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »