Avisos |
Podedes consultar aquí os horarios do vindeiro curso 2024-25 nos ciclos da oferta modular da modalidade presencial (CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia e CM Farmacia e Parafarmacia).
|
|||
A proba de competencia dixital da área 4 de nivel intermedio para alumnado de ciclos medios de FP será o próximo xoves 13 de xuño ás 17:00 horas na aula de informática do instituto. Prégase ás persoas inscritas que estean 15 minutos antes da proba (ás 16:45 horas) no vestíbulo do centro.
|
|||
O alumnado de 2º curso de ciclos medios do réxime ordinario, así como o alumnado de ciclos medios do réxime de persoas adultas que titulase ou titule durante este curso 2023-24, pode solicitar inscribirse ás probas de competencia dixital. O alumnado interesado que reúna os requisitos indicados deberá cubrir esta solicitude (marcando a opción de inscrición na Área 4 do nivel intermedio e, no caso de menores de idade, incluíndo a autorización da nai / pai / persoa titora legal que figura no impreso) e presentala na secretaría do centro ou en xefatura de estudos ata o 22 de maio ás 13:00 horas. Tedes toda a información da convocatoria nesta ligazón e un resumo da información aquí.
|
|||
Xa están convocadas as probas libres para a obtención de títulos de FP do curso 2023-24. Como novidade, nesta convocatoria ofértanse por primerira vez probas do título LOXSE do Ciclo Superior de Dietética. Podedes ver abaixo o calendario de admisión: Así mesmo, podedes consultar máis información aquí. O calendario de realización das probas, así como as programacións dos módulos, subiranse nas próximas semanas no apartado de probas libres da nosa web.
|
|||
O seguinte alumnado pode recoller o seu título na secretaría do centro identificándose co seu DNI/NIE (ou asinando a correspondente autorización se vén outra persoa, debendo achegar esta o seu DNI/NIE e copia do DNI/NIE da persoa da que vén en representación):
|
|||
O alumnado que rematou os seus estudos de 4º ESO no ano 2021 pode recoller o seu título na secretaría do centro identificándose co seu DNI.
Así mesmo, tamén pode recoller o seu título o alumnado que fixo o pago de taxas para a expedición do título no ano 2021 dos seguintes estudos: - Bacharelato - CM APSD - CM Farmacia e Parafarmacia - CS Documentación e Administración sanitaria - CS Educación Infantil - CS Integración Social
|
|||