Novas

Libros de texto 24-25

Nova actualización 02/09/2024 nos libros de texto de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato

 

ESO: O centro dispón de libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade.

Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo.

Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel. 

 

1º ESO    2º ESO     ESO    4º ESO

 

Bacharelato    2º Bacharelato

Horarios dos ciclos presenciais da oferta modular 2024-25

Podedes consultar aquí os horarios do vindeiro curso 2024-25 nos ciclos da oferta modular da modalidade presencial (CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia e CM Farmacia e Parafarmacia).

Axudas material escolar - Curso 24-25

O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, si que poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 60 € ou 75 €, dependendo da renda per cápita familiar) cando reúna os requisitos establecidos na Orde do 7 de maio de 2024.

O prazo de solicitude é do 21 de maio do 2024 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos. 

listado provisional de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar estará dispoñible no taboleiro na entrada do centro o 12 de xullo.

 

Información resumida da Orde do 7 de maio de 2024 - IES de Chapela

 

Orde do 7 de maio de 2024 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar      

 

Enlace con máis información á paxina da consellería

 

Enlace á aplicación para descargar os formularios

 

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

Oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25

Podedes consultar aquí a oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25.

Con respecto a cursos anteriores, ofertamos un novo ciclo: o CS de Mediación Comunicativa. Este ciclo ofértase no réxime ordinario, pero en HORARIO DE TARDE (ver aquí).

Os ciclos presenciais do réxime de persoas adultas / modular ofértanse de tarde nun NOVO HORARIO (ver aquí). Nestes ciclos, para saber os módulos asignados ao Horario 1 e ao Horario 2 en cada caso, pinchade aquí.

Admisión en ciclos formativos - Curso 2024/25

Xa está publicado o calendario de admisión en ciclos formativos (oferta ordinaria e modular) para o curso 2024/25. Máis información sobre o proceso aquí.

Calendario de exames finais / probas de avaliación extraordinaria para o alumnado con PD en ciclos

Data da proba de competencia dixital do alumnado de ciclos medios de FP

A proba de competencia dixital da área 4 de nivel intermedio para alumnado de ciclos medios de FP será o próximo xoves 13 de xuño ás 17:00 horas na aula de informática do instituto. Prégase ás persoas inscritas que estean 15 minutos antes da proba (ás 16:45 horas) no vestíbulo do centro. 

Estrea de "Sinfonía Graffiti", do grupo de teatro Xanela

O grupo de teatro inclusivo Xanela estrea o próximo 7 de xuño a súa terceira peza, “Sinfonía Graffiti”, ás 19:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela). Esta obra é o resultado dun proxecto de teatro comunitario de creación colectiva desenvolvido entre a Asociación Xaruma, a Escola de Arte Dramática de Galicia e o IES de Chapela.

A iniciativa conta coa participación de máis de trinta persoas das tres entidades implicadas e coa colaboración do Concello de Redondela, tendo como obxectivo principal lograr a inclusión e fomentar o sentimento de pertenza. “Sinfonía Graffiti”, dirixida polo director teatral e dramaturgo Roi Vidal, retrata en si mesma a unión desde a diversidade, presentándonos escenas cotiás dun barrio calquera onde unha serie de personaxes recoñecibles para o público han conformar entre todas a súa particular harmonía colectiva.

A entrada será de balde ata completar aforo. Non perdas a oportunidade de ser parte desta sinfonía.

XXVIII Maratón polas Letras Galegas

O venres 31 de maio o IES de Chapela celebrou a XXVIII edición do seu Maratón polas Letras Galegas coa colaboración dos CEIP de Laredo, Igrexa e Alexandre Bóveda. A actividade contou coa participación entusiasta de alumnado, profesorado, persoal non docente, e nais e pais do alumnado dos distintos centros.

A carreira tivo lugar nas inmediacións do CEIP de Laredo e a praia de Arealonga e incluíu unha diversidade de categorías e premios, desde infantil ata os maiores de secundaria.

Como nas edicións anteriores do maratón, o obxectivo desta xornada foi, ademais de gozar dun día de deporte e convivencia, visibilizar e reivindicar o uso da lingua galega. Ademais, este ano o maratón honrou a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

Pincha aquí aquí para ver a clasificación e fotos das premiadas e premiados.

Despedida de Avelino

Hoxe, 20 de maio, despedímonos con moita gratitude e cariño do noso compañeiro Avelino Seoane Arjones, que deixa o centro tras máis de dous anos e medio de traballo incansable como conserxe. Durante este tempo, foi unha peza fundamental do noso instituto, sempre disposto a axudar e a facer que todo funcionase o mellor posible. A súa dedicación e a súa amabilidade deixan unha pegada profunda en nós.

Grazas polo teu labor, Avelino! Botaremos de menos a túa presenza diaria. Agardamos que esta nova etapa que comezas fóra do noso centro estea para ti chea de momentos tan fermosos como os que ti nos regalaches no IES de Chapela!   

Distribuir contido