Novas

Comunicado da ANPA Penisal do IES de Chapela

O IES de Chapela queda na casa

O profesorado e persoal non docente do IES de Chapela chama á comunidade educativa do noso instituto a quedar na casa, mais cun illamento activo no que ESCOITAR, APRENDER e COMPARTIR, sinais do noso centro. Máis cedo que tarde volveremos, fortes e solidarios, para unirnos nunha grande aperta.

Ánimo e Resistencia!

Unha oportunidade para escoitar, aprender e compartir

A SITUACIÓN COMPLEXA QUE VIVIMOS.... UNHA OPORTUNIDADE

EDUCANDO NA CONCIENCIA COLECTIVA

Desde o IES de Chapela sumámonos ás voces das persoas que solicitan un cambio nas nosas vidas con ideas como estas.

Necesitámonos, somos un, somos unha.

  • Igual nos fomos esquecendo porque o día a día absorbe os nosos pensamentos filosóficos. Agora podemos parar, tomar conciencia individual e colectiva.
  • Igual non é só unha loita contra un virus, senón contra os nosos costumes.
  • Igual é ocasión de transformar unha emerxencia nunha carreira de solidariedade.
  • Igual nos facilita mudar o xeito de ver as cousas, de valorar o que temos, de coidalo, de coidarnos... e de pensar...
  • Igual non importa se tes medo ou non ao contaxio, porque igual agora é momento de pensar en colectivo, en coidar as demais persoas:

Preocúpome por ti, mantéñome a distancia por ti, lavo as mans por ti, non vou de viaxe, nin a un concerto nin ao centro comercial... por ti.

Por ti, que traballas no hospital e non podes poñerte enferma, porque es maior e a túa vida vale tanto como a miña, porque estás fráxil loitando contra outra enfermidade, e non podes tamén contra esta, porque estás no hospital...

 

 Agora podemos parar e aprender a ralentizarnos, pensar, imaxinar...

  • Unha oportunidade para compartir tarefas e coidados.
  • Experimentar como podería ser unha sociedade en decrecemento, aínda que sexa de xeito momentáneo.
  • Valorar a importancia dos servizos públicos como algo esencial.
  • Ver o rápido que resulta reducir a contaminación e limpar o aire nas nosas cidades.
  • Valorar o comunitario e tomar conciencia do potencial colectivo para conservar a vida. O apoio mutuo.
  • Valorar a importancia de que remate este tipo de turismo depredador.

 

Igual despois de todo podemos convertir unha situación de crise nunha oportunidade para escoitar, aprender e compartir.

 

OLGA REY ESTRAVIZ (Vicedirectora do IES de Chapela)

Aviso importante para o alumnado da Viaxe a Andorra

Información de interese para as familias dos alumnos e alumnas que a próxima semana participarán na Viaxe a Andorra:

Comunicado de SKI ANDORRA

Nota informativa do Goberno de Andorra

Reivindicacións IES de Chapela

Axuntamos para a súa consulta o escrito aprobado en Consello Escolar o 30 de xaneiro de 2020 coas tres reivindicacións básicas que defende o noso centro educativo e coas que se ten solicitado unha reunión á Xefatura Territorial de Pontevedra (Consellería de Educación), na que entendemos debe estar representado ademais do propio centro, o Concello de Redondela, a ANPA do IES de Chapela, a Asociación de Veciños e a Asocacións de Empresarios de Redondela.

DESCARGAR ESCRITO

A meca manda...

Día Internacional contra a Violencia de Xénero - 2019

O 25 de novembro a comunidade educativa do IES Chapela volveu manifestar o seu rexeitamento á violencia de xénero. O alumnado de 1º ESO C leu un manifesto no que explicou o motivo polo que se identifica a cor morada coa violencia de xénero e no que que expresaron a súa opinión sobre o tema, deixando claro o que queren e o que non. Dun xeito simbólico o alumnado construíu o seu camiño sen violencia, expresando con carteis aqueles comportamentos que rexeitan e substituíndoos despois por outros que si aproban.

FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA.

SEN NINGÚN XÉNERO DE DÚBIDA

 
25N
25N

Mes da Ciencia en galego

20-11-2019 / Día Internacional da Memoria Trans

Día Internacional da memoria trans
 

Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos no IES de Chapela e en todos os institutos de Redondela, o Día Internacional da Memoria Trans. Cun acto apoiado polas asociacións Irisar, Pulse, Nós Mesmas e Euforia, e que contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a comunidade do IES de Chapela afondou na loita polo recoñecemento da diversidade na orientación sexual e na identidade de xénero. Unha loita na que se denuncia a transfobia e a violencia contra as persoas que forman o colectivo trans. O IES de Chapela solidario coa súa causa. A causa dunha sociedade xusta e libre.

Conta oficial do IES Chapela en Instagram

 

Por fin estamos en Instagram, síguenos! 

 

 

Distribuir contido