ANPA

Obradoiro sobre sexualidade e novas tecnoloxías

Escola de Nais e Pais da Federación de Anpas de Redondela

Benvida

Whatsapp: 690 13 95 62 (Macarena - Presidenta)

Presentación do informe "Xuventude e Internet en Galicia"

O salón de actos da delegación da Xunta de Galicia en Vigo acolle o xoves 23 de maio ás 19.30 horas a presentación do informe "Xuventude e Internet en Galicia", elaborado por IC Media e que contou coa colaboración do IES de Chapela na elaboración de enquisas ao alumnado.

A entrada é de balde, e nesta presentación debullaranse os datos obtidos sobre os hábitos de consumo dixital da mocidade galega.

 

Presentación de vídeo en prol da corresponsabilidade

A Federación de ANPAS de Redondela presenta o seu vídeo SE QUERES SER CORRESPONSABLE, COLLE A VASOIRA E VARRE, levado a cabo por un bo elenco de artistas dos centros educativos de Redondela. Podedes ver o vídeo aquí.

Número premiado coa cesta da ANPA

O número premiado coa cesta de Nadal da ANPA foi o 256.

Parabéns ao afortunado ou afortunada!

Cesta de Nadal da ANPA

Queridas familias,

Dende a Anpa Penisal queremos pedir a vosa colaboración neste Nadal para elaborar unha gran cesta de Nadal que sortearán os/as nenos/as de 4º ESO e 1º Bacharelato para axudar a pagar a excursión de fin de curso, que este ano consistirá en ir esquiar a Andorra.

As rifas véndenas os rapaces e rapazas por un prezo de 1€, e o recadado será integramente para eles/as.

Por iso, imos recoller en conserxería os produtos navideños ou alimentos non perecedoiros que queirades achegar, así coma calquera outro produto que consideredes apto para a cesta. Os nenos e nenas agradecen moito de antemán a vosa colaboración.

Os propietarios de negocios de servizos que queiran colaborar con algún bono regalo poden contactar coa Anpa (anpa.ieschapela@gmail.com) para facer as colaboracións e os anunciaremos no taboleiro da Anpa do instituto, na entrada. (Un peiteado, almorzo, etc).

O sorteo farémolo o dia 22 de decembro no segundo recreo cos rapaces e publicaremos tamén, na paxina do centro, o número premiado.

Reunión da ANPA sobre a excursión de 4º ESO e 1º Bacharelato

A ANPA Penisal do IES Chapela convoca aos seus socios e socias (pais/nais/alumn@s) a unha xuntanza no salón de actos do centro o martes 25 de outubro ás 18:30 horas para falar dos medios posibles para que a ANPA poida axudar á recadación dos cartos para a excursión.

 

A circular coa convocatoria e información adicional sobre o pago da cota da ANPA pode consultarse na seguinte ligazón.

 

 

Inicio da Escola de familias 2022-2023

O IES de Chapela acolle este martes 11 de outubro, desde as 18:45 horas, o acto de presentación da Escola de familias 2022-2023. Esta sesión, organizada pola Escola de familias de Laredo, contará coa participación da coach Patri do Camiño e do psicólogo Daniel Novoa nunha charla titulada "Intelixencia emocional infantil vs. Adolescentes inadaptados e infelices".

A inscrición para a actividade pode realizarse a través da seguinte ligazón:

Inscrición evento: PRESENTACIÓN ESCOLA DE FAMILIAS

 

Escola saudábel - Internet só por cable

Distribuir contido