ANPA |
O 20 de maio publícase no D.O.G. a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20: O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 21 de maio e rematará o 21 de xuño (incluído).
|
|||
O Equipo de Chapela sobre rodas solicita a colaboración dos estudantes da ESO e C.S. de Educación Infantil do IES Chapela na "II Mañá sobre rodas en Chapela".
ANÍMATE E COLABORA! Por motivos alleos á organización a celebración do evento trasládase do 2 de xuño ao 23 de xuño.
|
|||
|
|||||
|
|||
Recórdase ás familias do IES Chapela de 1º e 2º da ESO que a data límite de inscrición para a excursión do Grove remata o xoves 28 de febreiro.
A excursión está programada para a semana do 24 ao 28 de xuño (ámbolos dous incluídos), o custo dependerá do número de participantes, será ao redor de 140 € por alumno.
Farase unha reunión un mes antes da saída.
Os interesados terán que poñerse en contacto con Bea, no número de teléfono 695483551.
Un saúdo
|
|||
|
|||||
|
|||||
Prezadas familias! No seguinte enlace podedes descargar a guía do ABALAR MÓBIL para as familias que durante este curso 2018-19 se pretende implementar no IES de Chapela.
|
|||
A Xunta Directiva da ANPA IES Chapela agradece ás 77 familias que, neste curso académico 2018/2019, se asociaron á mesma abonando a cota correspondente, e anima ao resto das familias que non forman parte da ANPA a que se asocien, lembrándolles que o prazo remata o próximo 30 de novembro de 2018. Importe cota: 13 Euros CCC: 2080-5103-30-3000038787
|
|||
Hoxe, 6 de novembro, constituíuse a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do IES de Chapela e aprobouse o calendario de actuacións que se van levar a cabo nas próximas semanas para renovar o noso Consello Escolar. Desde hoxe están publicados os censos electorais das nais, pais, titores e titoras legais do noso alumnado, nos taboleiros do centro. Tamén as convocatorias de eleccións para este sector. Facilitamos a continuación, ademais da convocatoria, un modelo para presentar a súa candidatura, que logo de cuberto debe ser entregado á direccion do centro. Animámolos e animámolas á participación activa nestas eleccións, tanto como persoas electoras como persoas elixibles.
|
|||||||