Novas EDLG

XXVIII Maratón polas Letras Galegas

O venres 31 de maio o IES de Chapela celebrou a XXVIII edición do seu Maratón polas Letras Galegas coa colaboración dos CEIP de Laredo, Igrexa e Alexandre Bóveda. A actividade contou coa participación entusiasta de alumnado, profesorado, persoal non docente, e nais e pais do alumnado dos distintos centros.

A carreira tivo lugar nas inmediacións do CEIP de Laredo e a praia de Arealonga e incluíu unha diversidade de categorías e premios, desde infantil ata os maiores de secundaria.

Como nas edicións anteriores do maratón, o obxectivo desta xornada foi, ademais de gozar dun día de deporte e convivencia, visibilizar e reivindicar o uso da lingua galega. Ademais, este ano o maratón honrou a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

Pincha aquí aquí para ver a clasificación e fotos das premiadas e premiados.

Nunca mandadas: inauguración do mural dedicado a Yolanda Castaño

O 8 de maio a premio nacional de poesía Yolanda Castaño visitou o IES de Chapela para asistir á inauguración dun mural inspirado na súa obra, realizado polas alumnas Celia Santamariña, Tea Escribano, Iris Cordeiro, Sara Cordeiro e polo alumno Eiden Rodríguez baixo o deseño e dirección da profesora en prácticas María Pereira. Tamén realizamos un recitado colectivo do poema "Modas Lolita Rivas" por parte dunha representación do alumnado, profesorado e persoal non docente. Moitas grazas por facer posible esta xornada histórica.

Pica na imaxe para acceder á galería ou preme nesta ligazón para acceder ao vídeo do acto.

 

 

Concerto para o alumnado que superou o reto da Semaniña Enteira

O venres 19 de abril acudiron á Alameda Castelao de Redondela as 170 alumnas e alumnos do IES de Chapela que superaron o reto de falar exclusivamente en galego durante Unha Semaniña Enteira. Asistiron ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk xunto co alumnado que participou na campaña nos IES Mendiño e IES Pedro Floriani. Agradecemos ao Concello de Redondela a excelente organización deste concerto, premio merecido para as comunidades educativas destes tres IES de Redondela que coa súa acción contribuíron a cargar de futuro a nosa lingua.

Máis fotos aquí.

Unha Semaniña Enteira

O día 26 de febreiro arranca no IES Chapela o reto da Semaniña Enteira: falar en galego as 24h do día durante 7 días. Retamos a toda a comunidade educativa para contribuír ao futuro da nosa lingua.

EDLG

IV CERTAME LITERARIO XELA ARIAS IES de CHAPELA

 

 EDDLG Mural Xela arias  Biblioteca

 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o IV Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.

PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela

MODALIDADE: Poesía en lingua galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 12 de maio de 2023. Entrega na biblioteca ou no enderezo electrónico edlgieschapela@gmail.com en formato pdf e indicando no asunto Certame Literario Xela Arias.

PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO

CERTAME LITERARIO XELA ARIAS IES de CHAPELA 2022

 GANADORAS DO CERTAME LITERARIO XELA ARIAS

 1º PREMIO: Eu son, ti es, el é de Sara Cordeiro Martínez (1º ESO C)

2º PREMIO: O amor de Yanira Táboas Cabaleiro (2º ESO A)

3º PREMIO: Significado do amor de Carolina Castro Rodríguez (2º ESO A)

Resolución do xurado

Maio 2022

Ganadoras certame Xela Arias

Ganadoras certame Xela Arias

 

  Poema gañador: 

Sara Cordeiro Martínez (1º ESO C)

 

Eu son, ti es, el é;

eu son quen quero ser.

 

Non me digas o que penso

non me expliques como é;

pensa un pouco no que eu quero

anque non che veña ben.

 

Eu son, ti es, el é,

e mais ela é tamén.

 

Se a tratas con respecto

logo vai saber querer.

Todos somos un espello

que reflicte cada ser.

 

Son eu, es ti, que ben!

Como sexa cada quen.

XXVI Maratón das Letras - IES de Chapela

Xa chega o maratón, 26 anos correndo pola nosa lingua. Temos preparado un amplo calendario de actividades para desfrutar o luns 16 de maio. Quentamos motores! Deixámosche o plano e indicacións do percorrido.

III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela

 Mural Xela arias

 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.

PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela

MODALIDADE: Poesía en lingua galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 2 de maio de 2022

PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO

Contos de medo e haikus de outono

 

A BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA DO IES CHAPELA

INFORMAN DO RESULTADO DO SORTEO CELEBRADO O VENRES 19 DE NOVEMBRO DE

2021 ENTRE OS CONTOS DE MEDO E OS HAIKUS DE OUTONO:

 

 

 

CONTO DE MEDO: Yanira Taboas Cabaleiro (2º ESO A)

HAIKU DE OUTONO: Lidia Bastos González (4º ESO B)

 

Podes acceder ao conto e ao haiku premendo na ligazón de cada un.

 

 

Distribuir contido