Novas EDLG

O IES de Chapela no lipdub de Redondela

O domingo 7 de abril de 2013 volveron saír as camisetas do noso lipdub Eu Falarei para participar en Redondela, xunto con asociacións e colectivos do concello, na gravación dun lipdub para a TVG co tema «Dolores» de Lamatumbá. Dez estudantes, dous profesores e dúas nais, achegamos un berete a Redondela, onde acabamos loitando coa coca.

 

A Banda do Patio - Motosicleta man

Vídeo da inesquecible actuación da Banda do Patio do pasado 15 de marzo de 2013 co Motosicleta Man.

EDLG - Alborada para Rosalía

O luns 25 de febreiro  de 2013 ás 12:10h no vestíbulo do IES de Chapela o EDLG organiza unha homenaxe a Rosalía de Castro para conmemorar o seu nacemento no ano do 150 aniversario da publicación de Cantares GallegosInformación no BLog do EDLG

Xa podes ver o vídeo do acto.

Eu falarei… PORQUE ME PETA

O EDLG do IES de Chapela únese á inicitiva #recitandocelsoemilio da Coordinadora Galega de ENDL.

O día 12/12/12 ás 12:12, realizaremos un recitado colectivo do poema DEITADO FRENTE AO MAR, de Celso Emilio Ferreiro, na pista do instituto. Cada fragmento vai ser lido por distintos  representantes da comunidade educativa. Simultaneamente o alumnado de 3ºESO vai recitar na Praia de Arealonga mentres fai unha performance organizada polo Departamento de Música.  

Toda a  información: Blog do EDLG

"Eu falarei" premiado no XVII Festival Internacional de Cine de Ourense

O martes 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela. Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI. Foron recoller o premio a Ourense 53 persoas, alumnado e profesorado do IES Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”.

Eu Falarei nos medios.   Nova no Faro de Vigo

III Día da Ciencia en Galego - 2012

En galego faise Ciencia! 

Actividades no IES III Día da Ciencia en galego e da Semana da Ciencia.

1. Exposición participativa "Do Big Bang ao LHC", con sorteo de premios entre os e as participantes.

    Forma de participar.

2. Conferencia "Pescudando nas orixes da materia". Por Cibrán Santamarina

3. Leonardo da Vinci  Cociñeiro. Verdade ou mentira?

 

En galego tamén se fai ciencia

EDLG - Do Big Bang ao LHC

Exposición "Do Big Bang ao LHC". Grazas a todas e todos. XA PODEMOS VER A EXPOSICIÓN EN GALEGO!

Luns no 2º Recreo, sorteo de premios entre o alumnado participante nas traducións.

Lipdub EU FALAREI e Making-of

Trailer do lipdub "Eu falarei"

EDLG - Participación LIPDUB

Desde o grupo organizador do lipdub pedimos a vosa colaboración para participar na escena final da gravación cantando o retrouso que podedes aprender aquí ou no blog do EDLGA escena gravarémola no aparcamento (sen coches) o martes 5 de xuño de 2012 a partir das 17:40h, igual que o resto do lipdub. Nela estarán todas as persoas que participan dentro do instituto e temos convidados a todos os membros da comunidade educativa do IES e dos Colexios da parroquia.Traede a camiseta do maratón! Veña, hai que ir quentando esas gorxas!

Distribuir contido