Novas EDLG

Actividades do EDLG

 O EDLG clausura o curso  nun acto no que terá lugar a proxección do vídeo TERRA
 
   

Martes 24 ás 20:30h no Salón de Actos do Multiusos (Piñeiral do Crego)

Grande acto de clausura do curso coa proxección do vídeo TERRA en lingua de signos.

Máis información non blog do EDLG

 

 

Vídeo resumo das actividades EDLG do IES de Chapela curso 13/14

TRAILER DO VÍDEO

 

Actividades do EDLG: A banda do patio

 

Martes 17 ás 12:10h no vestíbulo do IES

PRESENTACIÓN MUNDIAL DO TEMA

 

Fodido Submarino

 

Composto pola nosa Banda do Patio, formada por alumnado de ESO e Bacharelato.

 

VÍDEO gravado  o martes dia 12. Máis información blog do EDLG

Premio de Innovación en Dinamización Lingüística

 A Consellería de Educación premia o proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística ESCOITANDO A TERRA

Os IES Chapela de Redondela e o Audiovisual de Vigo veñen de ser premiados pola Consellería de Educación grazas a un proxecto conxunto de Innovación en Dinamización Lingüística. O IES Chapela coordinou as diferentes actividades e á segunda delas, á gravación do videoclip Terra, uniuse o IES Audiovisual de Vigo.

Nota de prensa

Descargar Fotos

 

EDLG: A Hostia en Verso

Recital poético-ludico a cargo do grupo Poetas da Hostia, que tivo lugar o xoves 22 de maio de 2014 no pavillón de Chapela.

Actividades do EDLG

Martes 27 de maio ás 17:40:

gravación da ESCENA FINAL do videoclip TERRA.

Xoves 22 de maio:

POETAS DA HOSTIA no IES CHAPELA

 

 

NOVO APRAZADO POR MAL TEMPO ATA O MARTES 27

 

Mural de Rosalía

 

Desde  o 10 de marzo de 2014, Rosalía estará presente nos muros do IES de Chapela dando a benvida a quen entre no centro, mostrando o orgullo da parroquia de Chapela por ter unha lingua propia.


"Que cante Chapela na lingua que eu falo"

 

       
Foto recitando Recitadores/as Destapando o mural Grupo de traballo
       

Actividades do EDLG: Mural de Rosalía

O próximo luns 10 de marzo,  pola mañá no 2º recreo (12:10h), faremos a inauguración oficial do mural deseñado e realizado por alumnado de 3º da ESO (Iván Faro, Claudia Rivas, Anxo Jorge e Xoel Rodríguez) e coordinado polas profesoras Carmen Toro e Emilia Fernánez.

Temos tamén organizado para esa hora un recitado colectivo do poema "Has de cantar" (1º poema de Cantares Gallegos) no que participará alumnado representando a cada unha das 21 clases de diurno do instituto (ESO, Bacharelato e FP), xunto con representación do profesorado e de nais e pais do alumnado.

EDLG - Finalistas "Xoves con Música" - 2013

Xoves no 1º recreo da mañá e no recreo da tarde: gran final do concurso "Xoves con música" no que todas e todos votamos o videoclip preferido do IES Chapela.

Finalistas:

Roi Casal: Ninfa das frescas augas  

Dakidarría: Terra

GAÑADOR: DAKIDARRÍA Terra - Videoclip oficial

 

Feira do troco / 17-12-2013

O troco é un sistema de intercambio de obxectos onde o valor que lle damos ás cousas é o seu valor de uso, e non o do seu prezo. Se hai algún obxecto que a ti xa non che serve, podes trocalo porque pode resultar útil e interesante para outra persoa. Trocar é útil, porque: compartimos, reutilizamos, combatemos o consumismo e comerciamos sen cartos.

FOTOS do TROCO PDF

 

A banda do patio na TVG

Hai uns días  botaron na TVG o programa que viñeran gravar ao IES de Chapela no mes de xuño, no que sae a Banda do Patio e o alumnado que cursaba 4º da ESO. Aquí tedes o momento do programa no que saímos (menos de 4 minutos):

 

Picando podedes ver o programa enteiro e todos os concertos da Banda do Patio.

Distribuir contido